Historia
  Datos
  Campo
  Escudo
  Equipacións
  Directiva  
  Xogadores  
  Colaboradores  
  Crónicas  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Estatísticas  
  Outras Tempadas  
  Trofeo Neria  
  Copa  
  Maratón Fútbol 7  
  Xogadores  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Noticias  
  Liga  
  Copa  
  Fútbol Sala  
  Fotos  
   
 
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
     
 

Crónicas dos partidos de ida dos oitavos da Copa da Costa

OITAVOS COPA DA COSTA (IDA)

Santa Comba B-Cee: (1-0); 1-0, min.56: Brais, ao aproveitar un rexeite dentro da área logo dunha falta botada por Matías.
Santa Comba B: David, Juanillo, Paco (Martín, M.40), Miguel  (David Agra, M.30), Alberto, Matías, Pablo Rivas, Marcos Negreira, Brais (Oscarín, M.70), Aldo (Framíl, M.80) e Álvaro.
Cee: Mingos, Rubén, Julito, Dani Freire, Nico, Carlos Leis, Fermín (Bibi M.53), Borja Santos (Yanki M.53),  Fran Pioto , David (Toni M.40) e Leo.
Mal encontro e moito botín para os xalleiros. O Cee dominou máis o balón, pero mostrouse moi negado cara a portería, pois Fran Pioto por dúas veces na primeira metade e Carlos Leis na segunda gozaron de boas ocasións para marcar. Os locais non tiveron moitas chegadas a área de Mingos, e as aproximacións máis perigosas foron a balón parado asi chegaría o único gol do encontro. Na recta final do encontro o Cee despistouse en defensa na busca do empate e os locais caeron en varios de xogos moi prostestados polo banco local ao estar nunha boa posición para velos. Os ceenses terán que aplicarse o vindeiro sábado ás 18:00 no novo as Raices para pasar a eliminatoria e contando que os xalleiros recuperaran moitas das baixas que tiveron este sábado.

Dumbría-Castriz: (1-0); 1-0, min.55: Mané.
Dumbría: Diego; Tantán (David, M.55), Suso, Dani, Luís, Schuster, Iago, Guardiola (Sergio, M70), Tasky, Mané e Pablo (Iago II, M.55).
Castriz: David, Roberto (Moro, M.84), Ferreira, Álex, Toniño, Jota, Bruno, Cilndro, David Brenlla, Mauri (Luís, M.60) e Sebas.
Partido moi disputado o visto este domingo no campo do Dumbría. O Castriz comenzou presionando moi arriba non deixando que o Dumbría sacase con facilidade o balón. Na primeira parte sería o Castriz o que chegaría máis á porteria rival a base dunha forte presión e  colgando balóns á área dumbriesa, pero sen dispoñer de ningunha ocasión clara. Na segunda parte o Dumbría abríuse máis e levou o peso do partido pero sen claridade de ideas. Sería no minuto 70, unha gran xogada do novo xogador dumbriés Iago, que se internou na área facendo o pase da morte o cal se encargou de materializar Mané, despois dun rexeite. A partir de ahí o Dumbría xogou con máis alegría ante un Castriz que seguia sin perderlle a cara ó partido. O Castriz intentaba sair ó contraataque, pero xa non tiña a fortaleza física da primeira metade. Destacar o gran partido de Jota, que foi o dueño do medio do campo. Xa nos minutos finais, Iago internabase con gran velocidade na área, e o central do Castriz facíalle unha falta á altura da cabeza, tendo o Dumbría unha falta sobre a mesma línea do área, pero que desperdiciou cun mal tiro. Xa no desconto, outra internada de Iago deixaba só a Mané, dentro da área pequena do Castriz, pero o seu disparo petou no longueiro chegando o rexeite a Tasky, que non foi capaz de rematar novamente. Partido moi táctico o visto en Dumbría, pero deixa moi ás claras que o Castriz non é o equipo da liga, senón que é un equipo moi peligroso, mais se cabe vendo o resultado final do partido, que os deixa vivos para o encontro de volta.

Soneira-U.D Montelouro: (2-0); 1-0, min 82: Vituco, de penalti. 2-0, min.94: Ferreiro.
Soneira: Lerma,  Ferreiro, Antelo, Bruno (Tonecho M.45), Fran de Urroa (Expulsado M.63), Taibo (Expulsado M.69), Pastoriza, Míchel, Baleirón (Braulio M.66), De La Sierra e Vituco.
Monte Louro: Juan Carlos (Expulsado M. 57), Rico, Chema, César, Gael, Tono, Eloi (Pedro M.58), Edu, Samuel (Riki M.74), Cexo  e Piti.
Demasiado botín se levou o Soneira nun encontro no que o máis xusto sería un empate. O colexiado converteuse tristemente no protagonista do encontro coas sús decisións, pois a expulsión do local Fran e a do meta visitante Juan Carlos foron moi rigurosas e xa no último intre do encontro concedeu o segundo gol local marcado por Ferreiro coa man, esta última decisión creo moito malestar e xenerou moita ira nos de Louro o que lle pode acarrear numerosas baixas para o partido de volta. Na primeira metade o Soneira tivo o balón, pero o Louro ben colocado en defensa apenas permitíu aproximacións a súa área e tratou de inquedar a contra. Na segunda metade o guión cambio a raiz das expulsións, primeiro a do meta visitante, obrigando a poñerse na porta ao polivalente Pedro e logo as dos locais Fran e Taibo. A raíz das expulsións o Louro aproveitandose da velocidade de Cexo creo un par de contras que non souberon culminar. A entrada de Braulio foi decisiva no resutado final, pois primeiro causou a pena máxima que transformaría Vituco e logo participou, xunto con Míchel, no centro que levaria ao polémico gol de Ferreiro. Con este resultado o Soneira garantizase un encontro tranquilo na volta en Louro.

Esteirana-Bergantiños: (1-1); 1-0, min.90: Óscar. 1-1. min.93: Álex Canedo, de falta.
Esteirana: Luqui, Maceiras (Tuno M.55), Adelino, Picholeiro, Pablo, Chispi, Martín, Cajulo, Roque, Angel e Kike.
Bergantiños: Sambade, David Castro, Fabián, Muiño, Álex Canedo, Antonio, Alberto (Adán M.82), Javi Trigo, Zalo, Álex Figueiras (Viña M.66) e Santi (Adrián M.57).
O Esteirana dominou claramente os primeiros 45 minutos, nos que o meta Sambade foi a figura coas súas paradas ante Kike e Mingos, principalmente. Na segunda parte, o Bergantiños mellorou ata a expulsión e na parte final sufriu. Sambade volveu ser protagonista coas súas paradas. Os carballeses xogaron con 6 xuvenís, Sambade, David Castro, Alberto (suplido por Adán), Álex Canedo, e Santi (do B). Foi expulsado o xuvenil Dani (Bergantiños, min.55).

Muros-Nantón: (1-0); 1-0, min.25: Xurxo, de falta directa.
Muros: Naso, Manu (Iván, M.64), Iván, Adán, Mayuyo, Aarón, Gelo (Jaro, M.61), Kiko, Xurxo (Piru M.80), Maxi e Brais (Dani, M.70).
Nantón: Ernesto, Diego, Sito, Víctor, Avenida (Sergio, M.85), Pichel, Fabio (Iván, M.85), Carlos, Serra, Luís e Manolo.
O Nantón aguantou ben o primeiro asalto ante o Muros facendo un gran desgaste en defensa e deixando a eliminatoria moi aberta para a volta, bucando facer a machada do ano pasado ao plantarse en semifinais. Na segunda metade os xogadores dirixidos por Jorge Calabanda incluso puideron levarse un marcador maís favorable se Manolo acertara no man a man con Naso.

Baio-Carnota: (0-1); 0-1, min.30: Piri.
Baio: Jacobo, Ramón (Mario, M.45), Cristian, Diego Costa, Fredi, Sergio Pensado, Santi, Fermín, Víctor Silvarredonda, Diego Muiño e David Costa. 
Carnota: Luís, Nico, Pedro, Alberto, Jorge, Joselu (Manuel, M.66), Sergio (Pablo Beiro, M.71), Paco (Expulsado M.40), Ubaldo, Piri (Nando M.61) e Casti (Manolo, M.80).
Partido intenso e trabado o xogado no Platas Reigoso de Baio, que contou cunha boa entrada. O conxunto local, que facía do seu feudo un fortín, veu como un Carnota con algunha cara nova prantáballe cara e encarrilaba a eliminatoria. Un gol de Piri, que se estrenaba esta tempada, logo do seu paso polo Calasanz coruñés, deixa entreabertas as portas dos cuartos para o Carnota, que terián enfronte a Nantón ou Muros. O encontro tivo un pouco de todo. O árbitro non paraba de pitar e mediada a primeira metade deixaba aos visitantes con 10  por expulsión de Paco, que fixera dúas faltas, algo bruscas, no medio do campo. A partir de aí, e xa cun gol a favor, o Carnota dedicouse a defender e tratar de saír con algunha contra. Pouco perigo mostrou o Baio cara a portería visitante onde Luís mostrábase máis que seguro. no minuto 90, a impotencia provocou que o local Sergio Pensado realizase unha fea entrada a Ubaldo e marchou directo aos vestiarios, de xeito que se perderá a volta  en Lombáns. Subliñar a boa actuación das caras novas do Carnota, xa que entre Joselu, que marchaba cunhas bochas nos talóns impresionantes, Piri, cun gol e unha mobilidade tremenda, e o bo facer de Nando, o equipo gaña enteiros e xa pensa na vindeira rolda.

Porteño-Zas: (1-2); 0-1, min.80: Roli. 0-2, min.89: Josito. 1-2, min. 95: Matías, de penalti.
Porteño: Diego, Matías, Rosquilleiro, Alberto, Roberto, Jemisa, Manolito,  Ismael, Piti (Óscar M.60), Jorge (Cousillas M.70) e Juan Carlos.  
Zas: Norberto, Mario, David, Víctor, Alfredo, David Toja (Jaime M.65), Josito, Mario Toja (Roli), Braulio, Javi Suárez (Navarro, M.50) e Mario.

Pouco fútbol na Grixa entre dous equipos que lles gusta tratar ben ao balón, pero as dimensións e dureza do terreo non o permitiron. O Zas conseguíu nos últimos minutos marcar dous fermosos goles que o acerca máis aos oitavos de final. Na primeira metade o partido apenas tivo moita historia e os dous equipos xogaron con moito respecto. Na segunda parte a tónica foi similar até os últimos dez minutos cando dous xeniais disparo dos vistantes parecían senteciar a eliminatoria, un penalti no último suspiro transformado por Matías dá certas esperanzas aos da Ponte.

Camariñas-Ponteceso: (1-2); 0-1, min.53: Nando, a pase de Mendieta. 1-1, min. 60: Darío, de forte volea dentro da área. 1-2, min.77: Toniño, de cabeza a centro de Esteban.
Camariñas: Asiel, Iago Carril, Javi, Pablo, Baleiro, Moriño (Álex M.70 (Expulsado M.93)), Darío, Robertito, Brais Triñanes, Pedro e Brais Casal.
Ponteceso
: Pombo, Rañal, Carlos Mato, Miguel Torrado, Dani Pallas, Mendieta (Tucho, M.68), Miguel Martínez, Neucha (Pablo M.74), Esteban (Toniño, M.72),  Esteban (Marcos Amado M.90) e Nando.
Partido moi intenso e traballado por ámbos bandos, no que a mellor condición física e disposición táctica foi decisiva para a victoria final dos pontecesáns. A primiera metade foi de gran desgaste físico, sobre todo no medio campo, onde Mendieta e Miguel Martínez polo bando visitante e Moriño e Robertito estiveron máis pendentes de labores destructivas que constructivas esto impedíu que houbera rapidez e chegadas aa áreas. Neucha puio adinatar aos dous minutos de partido aos da vila de Pondal, pero o seu lanzamento de falta laterl foise ao longueiro. A réplica para o Camariñas estivo nas botas de Brais Triñanes e logo nas de Moriño, pero o seu forte lanzamento dende fóra da área rebotou en Mendieta ao tirarse ao chan. Na segunda metade chegaron os goles e puideron ser máis, sobre todo no último cuarto de hora, onde o Ponteceso foi o dono do encontro e puido sentenciar a eliminatoria por medio de Toniño.