| |
Crónicas dos partidos de volta dos dezaseisavos da Copa da Costa
DEZASEISAVOS COPA DA COSTA (VOLTA)
Vimianzo-Muros: (1-2); 0-1, min.57: Teo. 0-2, min 70: Xurxo, de cabeza. 1-2, min 85: Iván de Treos.
Vimianzo: Damián, Camilo, José de Quintáns (Emilio M.62), Adrián, Ezequiel (Martín M.55), Iván de Treos, Maikol, Iván de Baíñas (Pablo de Quintás, M.45), Sergio de Quintáns, Lagoa (Arán M.75) e José de Camariñas (Óscar M.48).
Muros: Nasu, Manu, Iván (Fran M.75), Teo, Mayuyo, Adán, Piru (Gelo M.55), Xurxo (Mingos M.70), Maxi, Jano (Aarón M.60) e Kiko.
Partido no que os locais saíron moi mentalizados e confiados nas posibilidades de pasar a eliminatoria tendo máis o control de balón e imprimindolle velocidade ao xogo. As principais armas de ataque foron os balóns parados de córner e faltas, esntre esas José de Camariñas tivo un par de boas ocasións e outra para Sergio de Quintáns. Os muradáns a contra crearon perigo e Piru e Maxi tiveron dúas moi boas ocasións, pero Damián acertou a despexar. Na segunda metade e raiz do primiero gol visitante o partido perdeu interese, ainda que os locais non se deron por vencidos e con máis corazón que cabeza seguiron buscando a porta contraria, a recompensa chegaría xa ao finañ do encontro, entretantas o Muros dispuxo dun par de contas para ampliar o marcador.
San Lorenzo-Nantón: (1-1); 1-0, min.65: Mata, de falta. 1-1, min.75: Luís, de penalti.
San Lorenzo: Pombo, David (Anxo, M.45), Fabián, Puñal, Sergio Fariña, Mata, Víctor Dominguez, Fran Fariña (Urbieta, M.45), Pedro, Óscar e Marcos.
Nantón: Ernesto, Diego, Sito, Félix, Víctor, Avenida, Fabio (Sergio, M.85), Carlos, Serra, Luís e Manolo.
Partido adiantado ao xoves 1 e no que calqueira do dous equipos fixo méritos para non pasar, pero finalmente son os de Nantón os que pasan a seguinte rolda. No encontro apenas houbo ocasións claras de gol e os goles foron en dúas xogadas ailladas e a balón parado.
Xallas-Baio: (2-2); 1-0, min.35: Ovidio, aproveita un rexeite do porteiro tras un lanzamento de falta de Mara. 1-1, min.43: David Costa, de córner directo e que contou coa colaboración do meta Herrera. 2-1, min.89: Mara. 2-2, min.103: Carlos aproveite un rexeite do meta Herrera tras un lanzamento lonxano de falta po parte de Diego Costa.
Baio: Jacobo, Ramón, Cristián, Diego, Fredi, Sergio Pensado, Santi, (Víctor M.65), Alberto, Carlos, Diego Muiño (Martín Muiño, M.90 (Víctor Silvarredonda, M.104)) e David Costa.
Xallas: Herrera, Sergio Pose, José Manuel, Arufe (Javier Amarelle, M.55), Víctor, Álex (Couso, M.60), Jaime (Nacho M.60), Mara, Jesús, Ricardo e Ovidio (Iván M.80)
Partido agónico o xogado na mañá do domingo, entre dous conxuntos dun nivel moi parexo e cun estilo de xogo combinativo parecido. Esta igualdade fixo que non houbera un dominador claro e as ocasións distribuíronse por igual, sendo o dominio por fases do encontro. O Xallas empezou máis metido no encontro e Mara cun lanzamento de falta puxo en apuros a Jacobo, de maneira similar chegaría o primeiro gol. Cando parecía que todo estaba a favor dos xalleiros chegou o inexperado gol dos baieses ao borde do descanso e nun erro de despexe do meta visitante. Apesares do infortunio, o Baio quedábase con dez, por protestar, Alberto vía a segunga cartulina. Parecía indicar que o Xallas tería tempo suficiente para igualar e incluso darlle a volta a eliminatoria, pois ía ter moitos máis espacios no campo. O Baio traballou en defensa e apiques estivo de evitar a prórroga, inluso gozou de algunha contra para sentenciar. Xa na prórroga, os locais levaron o peso do balón, pero as ocasións estiveron repartidas Un novo erro do meta Herrera despenxando un forte lanzamento de falta cara o medio da área propiciou o delirío no autor do gol, Carliños, que tamén resultaría expulsado. A segunda metade da prórroga foi un querer e non poder do Xallas e un novo derroche físico dos baieses que apenas pasaron apuros. Foron expulsados os visitantes Alberto (M.44) e a Carlos, ambos por dobre cartón amarelo, o último de Carlos por sacar a camiseta na celebración do gol.
Cabana-Carnota: (1-1); 1-0, min.70: Rubén Rama. 1-1, min.91: Ubaldo.
Cabana: Suso (Dani M.80), Mutiu, David, Jacobo, Marcos (Fernando, M.55), Míchel, Diego Eiroa, Josiño, Dani (Sandro M.7), Anxo e Rubén.
Carnota: Luís, Nico, Jorge, Pedro, Martín (Manolo, M.79), Alberto, Cacho, Ubaldo, Casti, Joselu (Manuel, M.60) e Pablo Beiro.
As Redondas acollía un encontro no que a tensión e a incertidume estiveron presentes ata o último minuto. O encontro presentábase relativamente cómodo para os carnotáns pero erraron unha morea de oportunidades dende o incio do partido. Casti, o 9 do Carnota, que en breve deixará o equipo por asuntos laborais, foi o máis activo do encontro e cos seus desmarques dispuxo de case unha ducia de ocasións que entre el, o recén chegado dende Noia, Joselu, Ubaldo e Pablo Beiro non foron capaces de materializar.
Pasaban os minutos ata que a mediados da segunta metade un remate de cabeza do dianteiro cabanés puña o 1-0 no marcador e colocaba ao equipo local a un tanto dos oitavos. O equipo local, que dispuxo dun ratiño de superioridade numérica, pero non chegaban oportunidades claras de gol. Onde si chegaban era na portería local pero os dianteiros carnotáns seguían perdoando. Ata que nun córner, o balón quedoulle de costas a Pedro que cedeu a frontal dende onde Ubaldo colou o balón na rede. O colexiado, deses que lles gusta ter o pito na boca todo o encontro e pitar 4 veces por cada saque de banda, pitaba o final do encontro tralo empate coa eliminatoria resolta. O Baio agarda ao Carnota nunha eliminatoria con tanta ou máis tensión, que a vivida, xa que en os baieses tiveron que pasar pola próroga para superar a eliminatoria. O que non poderá xogar é o 5 do Carnota, Martín, que tras caerlle o central Pedro, sufríu unha torcedura na rodilla e tivo que ir directamente ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.
Atl. Pereiriña-Porteño: (1-3); 0-1, min.20: Juan Carlos. 0-2, min.30: Jorge. 1-2, min.40: Javi. 1-3, min.70: Alberto.
Atl. Pereiriña: Andrés, Damián, Riquy, Toniño, Darío, Uxío (Gonzalo, M.51), Javi (Víctor, M.60), Villar, Miki (Andrés M.80), Néstor e Álex.
Porteño: Ángel, Matías, Jemisa (Rosquilleiro, M.45), Alberto, Manolo, Öscar, Luís, Iván, Ismael,Yago, Jorge (Cousillas, M.45).
Partido sen moita historia, no que os locais, sabedores de que a eliminatoria estab perdida,palntexaron un partido defensivo co fin de non encaixar outra derrota abultada.
Muxía-Zas: (Non disputado); Partido que non se disputou, logo de que a Federación dera ao Zas gañador da eliminatoria. O partido de ida suspendeuse no minuto 75 ao quedarse o Muxía con 6 xogadores.
Camariñas-Sofán: (2-1); 0-1, min.25: Suso. 1-1, min.57: Brais Triñanes encara a Jose Ramón que rexeita o primeiro disparo pero non pode facer nada ante o segundo. 2-1, min.60: Tedin de cabeza, xogada na que os visitantes reclamaron falta ao meta.
Camariñas: Marcos (Asiel m.46), Iago, Pablo, Valeiro, Nando (Javier, M.35), Moriño (Pirucho, M.53), Alex Camean (Brais Triñanes, M.46), Dario, Pedro (Tedin, M.66), Robertito, Brais Casal.
Sofán: Jose Ramon, Victor, Gustavo, Juanjo, Gende, Pizo, Baneira, Adrian,Berti (Oscar, M.108), Suso Docampo (Cristian, M.83) e Eloy.
Encontro moi igualado, no que calquera dos dous equipos se mereceu pasar a seguinte rolda,pase que se tivo que decidir na fortuíta tanda de penaltis. O Sofán foi o dominador do balón, pero o Camariñas aplicándolle velocidade as contras foi moi letal. Nos últimos minutos de partido e logo do cansanzo acumulado os xogadores buscaronse un respiro e tempo extra. Na prórroga os equipos, xa fundidos, fixeron unha demostracion de casta. Conscientes de que un gol sería definitivo, ambos equipos tentaron defender o que levou a tanda de penaltis, que resultou así: 1-0 Iago (Camariñas). 1-0 falla Eloy 2-0 Pablo. 2-1 Baneira. 3-1 Robertito. 3-2 Juanjo. 3-2 falla Dario. 3-3 Gustavo. 3-3 falla Valeiro. 3-3 falla Victor. 4-3 Tedin. 4-4 Gende. 5-4 Brais Triñanes. 5-5 Pizo. 6-5 Pirucho. 6-5 falla Cristian.
Malpica-Ponteceso: (0-2); 0-1, min.5: Neucha, a pase de Mendieta. 0-2, min.82: Pablo, a centro de Dani Pallas.
Malpica: Toni, Avelino, Yago, Miguel, Diego, Rancaña, Marco, Elías, Lema (Medros, M.50), Charro (Rubén, M.80), Fran Martuxa.
Ponteceso: Pombo, Rañal, Carlos Mata, Roberto Ríos (Miguel Torrado, M.38), Dani Pallas, Mendieta (Tucho, M.80), Miguel, Neucha, Esteban (Toniño, M.80) , Rubén (Pablo, M.44) e O ponteceso devolveulle a moeda aos veciños malpicáns practicando un partido moi serio e bonito. Na primiera metade o Ponteceso aplicou un fútbol directo, característico deste equipo, conseguindo marcar un gol que lle deu tranquilidade. Os locais non encaixaron ben o gol visitante e non conseguiron engancharse a eliminatoria. Xa na segunda metade o Ponteceso apostou polo xogo combinativo e foi superior en todo momento podendo levarse un marcador moito máis amplo..
|
|