Historia
  Datos
  Campo
  Escudo
  Equipacións
  Directiva  
  Xogadores  
  Colaboradores  
  Crónicas  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Estatísticas  
  Outras Tempadas  
  Trofeo Neria  
  Copa  
  Maratón Fútbol 7  
  Xogadores  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Noticias  
  Liga  
  Copa  
  Fútbol Sala  
  Fotos  
   
 
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
     
 

Crónicas dos partidos de volta dos dezaseisavos da Copa da Costa

DEZASEISAVOS COPA DA COSTA (VOLTA)

Lira-Santa Comba B: (1-1); 0-1, min.30: Damián, cun lanzamento de falta de case o medio campo. 1-1, min.75: Manoliño.
Lira: Miguel, Jose (Javi M.45), Marco, Herminio, Suso Perico (Suso M.70), Fran de Cee, Rafa (Juan M.15), Teo, Adrián, Fran Perico (Iago M.80) e Manoliño.
Santa Comba B: David, Miguel, Martín (Juanillo M.70), Solís, Alberto, Pío, Marcos (Rubén M.84), Pablo Rivas, Framil (Oscarín M.81), Héctor e Brais.
Na primeira parte un partido con tensión pero sen ocasións elaboradas onde destacou un remate de Marco Antonio que lle quitou un defensa da liña de gol nun córner, un tiro de Juan e outro remate de cabeza de Suso Periko. Polo santa comba o único un man a man no minuto seguinte o gol que parou o meta e que foi a única ocasión de gol clara que tiveron os visitantes. Na segunda metade o Lira intentouno todo tocando máis e tivo ocasións por tiros dentro da área de Suso, Fran Perico (dous só co porteiro) e outro de Teo, tamén unha falta a que respostou cunha boa para o porteiro xallés. Os locais reclamaron un balon que colleu o porteiro visitante fóra da área ca man e un penalti a Fran Perico que reclamaron os locais.

Corcoesto-Cee: (1-1); 1-0, min.15: Roi, de bolea fora da área. 1-1, min.83: Jacobo de cabeza.  
Corcoesto: Luís, Pepe (Jesús M.60), Germán, Edelmiro, Rodri, Carlos Longo, Roi, Javi (Jose M.64), Cabana, Pichuco e Toñito.
Cee: Mingos, Rubén (Leo M.60), Julito, Dani Freire, Jacobo, Carlos Leis, Fermín, Josiño, Bibi, Fran Pioto (Fernado M.70), Yanki (David M.60).

Encontro nos que os locais demostraron que no seu campo son un equipo malo de batir e mereceron mellor sorte na despedida da copa. O Cee xogou en todo momento coa ventaxa que tiña na eliminatoria e estando máis preocupado de pasar a eliminatoria sen sancións e lesións. Esto propiciou que as poucas e mellores o casións de gol foran para os locais.

Dumbría-Corcubión: (2-0); 1-0, min.28: Nacho. 2-0, min.81: Nacho.
Corcubión: Cristian, Luís, Chisco, Gustavo (Víctor, M.56), Jose María, Andujar, Carlitos, Jose, Andrés (David, M.79), Pablo (David, M.68) e Penedo (Óscar M.63).
Dumbría: Isma, Alberto, César Ferrío, Serguei, Javier; Alex, Sergio Cives, Nacho, David e Pablo.
Partido con numeroso público a pesares da intrascendencia do mesmo. A primeira metade foi moi monótona e apenas houbo acercamentos a área, un por parte dos locais que rematou en gol e por parte dos visitantes, no desconto, unha pena máxima moi rigurosa que sinalou o colexiado sobre Penedo que el mesmo lanzou e Isma se encargou de deter. Na segunda metade o partido rompeuse por completo e o beneficiado foi o Dumbría que puido marcar algún gol máis por medio de Pablo e Nacho.

Castriz-Alcaián: (1-1); 0-1, min.70: Gago.1-1, min 115: Torreira.
Castriz: David, Martín, Roberto Souto (Torreira, M.60), Álex, Toniño, Bruno, Cilndro (Bruno II, M.89), Mauri, Sebas, Luís (David Graña, M.45) e Moriño (Jota, M.45).
Alcaián: Miguel, Chinda, Iván Souto, Pensado, Carlos, Victor (Gabriel M.55), Iván Castro (Ismael M.105), Luís (Athu M.75), Luisito (García M.80), Martín Calviño e Rubén.
A pesares da diferencia de categoria, O Alcaián demostrou que no fútbol non hai rival fácil e menos a un partido. Plantou cara en todo o momento ao Castriz e calquera dos dous puido pasar a eliminatoria. Na prórroga a veterania e a condición físico xogaron a favor do Castriz.


Soneira-Mazaricos: (2-1); 0-1, min.46: José Antonio, de penalti. 1-1, min.55: Vituco de penati. 2-1, min.92: Pastoriza, de cabeza.
Soneira: Lerma, Rubén, Ferreiro, Antelo, Pensado (Bruno M.63), Taibo, Pastoriza, Pichi, Tonecho (De La Sierra M.65), Javi (Braulio M.52) e Vituco.
Mazaricos: Manoliño, Martín, Chúa, Chico, Tuco, Primo, José Antonio, Ventura (Marcos M.80), Casais (Iván M.61), Moncho (Juan M.44) e Ernesto.
Partido máis complicado do previsto para os soneiráns. Os visitantes sen nada que perder xogaron máis motivados que os locais e chegaron a poñelos en certos apuros. Na primiera metade aos cinco minutos Tonecho puido sentenciar, pero só con Manoliño tiroulle o balón as máns. Logo o Mazaricos, sen ter moita posesión chegou con máis perigo, primeiro foi Ernesto, só ante Lerma cruza demasiado e o balón sae a rentes do pau e logo o colexiado anulou un gol a Moncho por fóra de xogo moi xusto. Ao pouco de comezar a segunda metade, un penalti moi rigoroso permitíu aos de Mazaricos crear incertidumes no Soneira, esta tan só duraría dez minutos, cando o colexiado sinala un penalti moi dudoso por agarrón a Braulio no saque dunha falta. A partires de aí o partido perdeu interese e tan só algunha xogada aillada puido ampliar o marcador para os locais, que se encontraron cunha victoria inmerecedia xa no tempo de desconto.

Monte Louro-Buño: (4-2); 1-0, min.7: Rico. 2-0, min.23: Piti. 3-0, min.25: Piti. 3-1, min.30: Diego. 4-1, min.75: Edu. 4-2, min.85: Emilio.
Monte Louro: Juan Carlos, Rico (Adrián M80), Gael, César, Tono, Pulpo (Jano M.70), Eloi (Riki M.70), Chema, Riki (Pedro M.55), Cexo e Piti (Carlos, M.85).
Buño: Añón, Lolo, Óscar, Diego, Ramiro (Richard, M.66), Carlos, Busto, Edgar, Jorge Calvete, Emilo e Dourado (Juan Antelo M.45).
Chegaron os primieros vinte e cinco minutos para deixar a eliminatoria encarrilada.

Coristanco-Esteirana: (0-3); 0-1, min.13: Cajulo. 0-2, min.53: Kike. 0-3, min.60: Alberto.
Coristanco: Pombo, Salva (Marcos Pensado M.50), Germán, Lorenzo, Mallón, Rubén (Gelucho M.65), Iván, Arantón, David (Naya M.58), Ramón e Marcos (Maldini M.77).
Esteirana: Luqui (Venancio, M.80), Chispi, Adelino (Roi, M.60), Uru (Pescu M.55), Picholeiro, Pablo, Martín, Roque, Cajulo, Alberto e Kike.
Un e gol.

Bergantiños-Corme: (7-0); 1-0, min.4: Alberto. 2-0, min.10: Alberto. 3-0, min.15: Alberto. 4-0, min.30: Alberto. 5-0, min.50: Alberto. 6-0, min.65: Alberto. 7-0, min.80: Pablo.
Bergantiños: Víctor (Rubén Santo, M.80), Rubén (David Castro, M.45), Muiño, Álex Canedo, Borja Señarís, Bossa (Álex Figueira, M.55), Alberto (Adán M.82), Javi Trigo, Borja Dourado (Zalo, M.45), Alberto "Vía Rápida" e Pablo.
Corme: Suso, Adolfo, Rafa, Tupa (Pablo, M.80), Lelo (Rodrigo, M.60), Felipe, Martin, Lentejo, Iago, Brais e Alejandro.
Pouco puido facer o Corme ante un equipo de Preferente enchufado e un home cunha tarde en estado de gracia como foi o dianteiro Alberto que con seis goles por seguro que etableceu un récord malo de bater.