| |
A Esteirana fíxose co trofeo de copa xuvenil
A Esteirana festexou no propio campo o título da III Copa da Costa xuvenil. O Santa Comba venceu por (1-0), vinda que foi insuficiente para remontar o 3-1 da ida.
Santa Comba: David; Marcos, Adri (Cristian Antelo, min 56), Miguel, David Agra; Álex, Rubén (Carlos, min.75), Mata, Aldo; Óscar y José (Nauel, min.80). Esteirana : Ramón; Fran, Simón, Roi, Carlos; Suizo, Uro, Álex (Pesco, min.62), Jano (Adrián, min.85); Alberto (Vidal, min.91) e Yago. Árbitro : Óscar Chouciño Landeira (A Coruña). Ben. Expulsou ao visitante Carlos (min.39) e ao local Mata (min.95). Gol: 1-0, min.58: Aldo, de cabeza culminou unha gran xogada de Cristian Antelo. Incidencias : Excelente entrada no campo municipal de Fontenla, en Santa Comba, con 400 aficionados. O concelleiro de Deportes, Javier Facal, entregou os trofeos aos capitáns Álex, por parte local, e Yago, polos visitantes como campión. A temperatura foi de 25º.
O partido non foi bonito. A Esteirana impuxo a súa maior calidade ante un Santa Comba que lle costou meterse no encontro. A xogada que puido cambiar o sino do partido foi un remate do visitante Álex, que salvou a saída do meta David, pero o defensa Marcos evitou na líña de gol (min.22).
A emoción despois do 1-0 durou pouco, posto que a Esteirana controlou perfectamente o partido a pesares de quedar con dez homes desde o minuto 39 da primeira metade.
Os festexos da Esteirana comezaron no terreo de xogo con cava, para seguir con cánticos nas duchas.
Fonte: La Voz de Galicia
|
|