Historia
  Datos
  Campo
  Escudo
  Equipacións
  Directiva  
  Xogadores  
  Colaboradores  
  Crónicas  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Estatísticas  
  Outras Tempadas  
  Trofeo Neria  
  Copa  
  Maratón Fútbol 7  
  Xogadores  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Noticias  
  Liga  
  Copa  
  Fútbol Sala  
  Fotos  
   
 
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
     
 

Crónicas dos partidos de ida dos dezaseisavos da Copa da Costa

DEZASEISAVOS COPA DA COSTA (IDA)

Muros-Vimianzo: (2-1); 0-1, min.9: Sergio de Quintáns culmina un boa xogada individual de Arán. 1-1, min.12: Quico. 2-1, min.71: Quico, de forte disparo dende fóra da área.
Muros: Nasu, Manu Dosil, Adán, Mayuyo, Aarón (Mateo M.45), Varito (Maxi M.57), Quico, Gelu, Jaro (Adrián M.73), Xurxo e Brais (Iván M.34).
Vimianzo: Damián, Camilo, Jose de Quintáns, Adrián, Iván de Treos, Pablo de Quintáns (Pablo Pereira M.80), Martín (Lagoa M.57), Emilio (José de Camariñas M57), Sergio de Quintáns, Iván de Baiñas (Maikol M.72) e Arán (Sergio Vilaseco M.80).

Encontro moi igualado e sen un dominador claro. Os muradáns tiveron máis o control do balón e crearon tres moi boas ocasións de gol na primiera metade por medio de Brais (M.8), só ante Damián cruzou demasiado, Mayuyo (32) só na área pequena e libre de marca dispara por enriba do longueiro e Aarón (M.38). Por parte visitante Pablo de Quintáns gozou de dous disparos que se foron por enriba do longueiro (M.36 e M.40). A segunda metade perdeu moito ritmo e apenas se creou perigo dentro das áreas.

Nantón-San Lorenzo: (2-1); 1-0, min.30: Luís. 2-0, min.40: Luís. 2-1, min.80: Fran Fariña, de forte disparo dende fóra da área.
Nantón: .
San Lorenzo:
Encontro de pouco fútbol e no que ámbos equipos estaban máis pendentes de rematar tempada negativa que de pasar á seguinte eliminatoria.

Baio-Xallas: (2-1); 1-0, min.15: Alberto. 2-0, min.55: Diego Muiño. 2-1, min.75: Jesús.
Baio: Trucho (Jacobo M.10), Fermín, Ramón (Martín M.60), Diego, Fredi, Sergio, Santi, (Víctor M.65), Alberto, Carlos, Diego Muiño e David Costa.
Xallas: Herrera, Sergio Pose (Javi M.70), José Manuel, Arufe, Víctor, Álex, Jaime (Miguel M.80), Helvis (Couso M.55), Jesús, Ricardo e Ovidio (Mara M.50)
Unha parte para cada equipo e no que o empate puido ser o máis xusto. A eliminatoria queda totalmente aberta para o partido de volta.

Carnota-Cabana: (4-2); 1-0, min 24: Casti. 2-0, min 47: Alberto, de cabeza. 3-0, min 51: Cacho. 3-1, min 67; Michel, de penalti. 3-2, min 70: Josiño. 4-2, min 74: Ubaldo.
Carnota: Luís, Nico, Alberto, Jorge, Martín (Demetrio M.65), Paco, Ubaldo, Argi (Darío M.85), Cacho (Manolo M.80), Joselu (Manuel M.20) e Casti.
Cabana: Suso (Dani M.75), Mutiu, David, Patelo (Eiros M.55), Marcos, Míchel, Mingui (Jacobo M.60), Josiño, Fernando (Sandro M.60), Anxo, Rubén.

Lombáns acollía un encontro onde os locais comezaban dominando con claridade. Así, no ecuador da primeira metade, unha xogada ben trenzada por Paco e Ubaldo remataba cun gol de Casti a porta baleira. Así marchaban os equipos ao vestiario, cun inerte control dos locais e cun Cabana que non semellaba prantar moita cara. A segunda parte comezaba cun Cabana moi desconcentrado, e o Carnota aproveitaba para marcar dous bonitos  tantos (un gran cabezazo de Alberto e unha preciosa vaselina de Cacho), que semellaban romper á eliminatoria. Pero un penalti de Demetrio, que logo sería expulsado por agredir a Josiño (M.87), deu alas ao equipo cabanés. O penalti foi tranformado por Míchel, moi activo durante todo o encontro, sempre buscando e conseguindo faltas perigosas. Josiño marcaba o segundo e o Cabana se viña arriba, pero unha xogada aislada, cun pelotazo, un mal despeixe e unha volea de Ubaldo, baixaba os ánimos dos visitantes e enfriaba un pouco o encontro, que chegaba mansamente ao remate.

Porteño-Atl. Pereiriña: (7-0); 1-0, min.30:Juan Carlos. 2-0, min.35: Javi Jemisa. 3-0, min 43: Juan Carlos. 4-0, min 50: José Manuel. 5-0, min 55:Javi Jemisa. 6-0, min 70: Óscar. 7-0, min 80: Jorgito.
Porteño: Diego (Ángel M.60), Matías, Alberto, Rosquilleiro, Roberto, Javi Jemisa, Piti (Óscar M.45), Juan Carlos (Luís M.53), José Manuel (Yago M.53), Ismael e Jorgito.
Atl. Pereiriña:
Simón (Andrés M.76), Sergio, Riquy, Toniño, Darío, Cobas (Uxío M.80), Damián, Villar, Miki (Víctor M.60), Néstor (Gonzalo M.65) e Álex.
Partido sen historia e de trámite para os da Ponte que se poden permtir un partido de volta relaxado.

Zas-Muxía: (6-0); 1-0, min.15: Braulio, remata de cabeza unha falta. 2-0, min.38: Mario remata de cabeza en liña de gol e libre de marca un centro de Mario Toja. 3-0, min.60: Braulio. 4-0, min.64: Braulio. 5-0, min.70: Braulio. 6-0, min.75; David.
Zas: Elías, Chento (César M.62), Jaime, Vecino, David, Jorge (Julián M.58), Mario Toja, David Toja (Pereiro, M.58), Mario, Braulio, Javi Suárez (Josito M.48).
Muxía: Juan Ángel, Camarón, Breo (Expulsado M.66), Vitorino, Luís Romaní, Álvaro, Papi (Pataca M.45), Alberto (Ziro M.45), Pesqui (Joan M.65), Michael (Expulsado M.64), Bryan (Expulsado M.67).
Partido de trámite para o Zas que pode ser o primiero equipo clasificado para a seguinte rolda, posto que o partido se suspendíu no minuto 75 ao quedar o equipo visitante con 6, superando o mínimo permitido polo regulamento para a disputa dun partido. Con este panorama, pode que a federación dea a eliminatoria por acabada, tal como sucedeu en anteriores anos. No plano deportivo tan só destacar que o partido foi totalmente descafeinado e a superioridade técnica dos zasenses chegou para sentenciar a eliminatoria. No plano extradeportivo destacar a suspensión do encontro no minuto 64, logo das numerosas protestas por parte do delegado, adestardor e algún dos xogadores visitantes que levou ao colexiado a pedir a forza da orde pública, logo de intermediaren os delegados o colexiado aceptou reiniciar o encontro. As numerosas protestas implicaron a expulsión, xa na primiera parte do adestrador, xa na segunda do delegado, e dos xogadores Michael, Breo e Bryan. O Muxía reanudou o encontro con oito, ao pouco lesionouse Chori e logo o meta, Juan Ángel, forzou a súa retirada para rematar co calvario que estaba vivindo o seu equipo.

Sofán-Camariñas: (2-1); 1-0, min.6: Eloy, de forte disparo dende fóra da área. 1-1, min. 35: Robertito. 2-1, min.86: Berti.
Sofán: José Ramón, Victor, Gustavo, Juanjo, Gende, Pizo, Baneira (Marcial M.88), Bertin (Berti M.32), Cristian, Eloy (Oscar M.87) e Suso Docampo.
Camariñas: Marcos, Iago Carril, Pablo, Valeiro, Nando, Moriño, Dario, Robertito (Alex Camean M.78), Brais Triñanes, Pirucho e Brais Casal.
Encontro moi disputado, bastante trabado e con poucas ocasións de gol no que un empate repartiría máis xustiza.

Ponteceso-Malpica: (2-1); 0-1, min.5: Charro. 1-1, min.30: Toniño. 2-1, min.80: Pablo, de cabeza rematando un centro de Neucha.
Ponteceso: Pombo, Rañal (Salva, M.85), Carlos Mata, Migueliño, Dani Pallas, Ducho (Estebán M.45), Mendieta, Nando, Miguel Torrado, Toniño (Pablo M.75) e Rubén (Neucha M.45).
Malpica:
Toni, Víctor, Diego, Marco, Yago, Rancaño, Rodrigo Sassano, Manuel, Fran Fariña, Charro (Lema M.23) e Elías (Medros M.58).
Encontro cunha metade para cada equipo, na primeira os visitantes estiveron mellor e puideron marcar algún gol máis, na segunda os locais fixeronse co control do esférico, pero non profundizaron moito.