| |
Crónicas dos partidos de ida dos dezaseisavos da Copa da Costa
DEZASEISAVOS COPA DA COSTA (IDA)
Santa Comba B-Lira: (1-0); 1-0, min.52: Miguel remata libre de marca no segundo e en liña de gol un córner sacado por Brais.
Santa Comba B: David, Miguel, Martín (Juanillo M.70), Solís, Alberto, Pío, Marcos (Rubén M.84), Pablo Rivas, Framil (Oscarín M.81), Héctor e Brais.
Lira: Lupi (Expulsado M.39), Juan, Jose Manuel, Marco Antonio, Herminio, Suso (Ángel M.72), Adrián, Rafa, Fran (Miguel Anxo M.40), Juan e Javi (Santi M.81).
Os locais foron os dominadores do encontro a partires da expulsión do meta Lupi, aínda que non souberon aproveitar a superioridade numérica para levar un marcador máis cómodo ao difícil campo do Lira. Os primeiros 35 minutos foron igualados coa posesión repartida entre os dous equipos, cunha ocasión para Fran Perico e unha posible cesión ao porteiro local moi protestada polos de Lira.
Na segunda parte o Santa Comba foise máis arriba intentando xogar polas bandas e abrindo o campo o que desgastou aos visitantes que cun menos só crearon perigo gracias a dous remates de Marco Antonio de córner. O Santa Comba consegueu adiantarse tras un fallo de marcaxe nun saque de esquina que aproveitou o xuvenil Miguel libre de marca. A partires do gol o santa Comba continuou poñendo cerco a porteria visitante tendo Framil dúas boas ocasións e logo un forte disparo dende a frontal que o meta Miguel desviou ao longueiro. O Lira que nun puido contar con dous homes fundamentais como son os irmáns Teo e Manoliño, sacou un bo resultado para o partido de volta. Destacar o debut do fisterrán Rafa cos de Lira que apesares de xogar de porteiro case toda a tempada, onte o fixo de medio centro e lle dou moita consistencia ao equipo, sobre todo cando se quedaron con dez.
Cee-Corcoesto: (4-1); 0-1, min.25: Héctor. 1-1, min.65: Leo, penalti. 2-1 min.75 Pioto. 3-1, min.91:Borja, 4-1,min 94: propia porta.
Cee: Mingos, Rubén, Julito, Nico (Expulsado M.30), Freire, David (Pioto M. 45), Fernadno (Fermín M.65), Carlos Leis, Jacobo (Bibi M.45), Yanki (Borja M.70), Leo.
Corcoesto: Siro, Pepe, Germán, Edelmiro, Suso, Roi, Pablo Vázquez, Javi (Rodri M.60), Cabana (Luís M.65), Héctor (Pichón M.90) e Carlos Longo (Pichuco M.75).
Foron expulsados o local Nico (M.30) e os visitantes Pablo Vázquez (M.59) e o meta Siro (M.70).
Partido con máis apuros dos previstos para os actuais campións da liga da costa que sentenciaron a eliminatoria con dous goles no desconto. De non ser polas rigurosas expulsións o Corcoesto puido levarse un marcador máis apretado para o encontro de volta e valerse do fortín do campo das Bouzas, tan só perdíu dous partidos na liga, para poñer en apuros ao Cee.
Corcubión-Dumbría: (0-5); 0-1, min.60: Sergio Cives. 0-2, min.65: Pablo. 0-3, min.80: Serguei. 0-4, min.82: Andújar, en propia porta logo dun saque do porteiro visitante Ismael. 0-5, min.87: Pablo.
Corcubión: .
Dumbría: Isma; David, Cesar, Serguei, Javier; Alex (Nacho), Sergio Cives, Isma Leis, Suso; Pablo.
Partido no que o Dumbría, a pesar do resultado final, non o tivo nada fácil.
Na primeira metade o Corcubión levou o tempo do partido chegando á área rival, pero sen grandes ocasións. Destacar un tiro que despexou o porteiro Dumbriés e un contrataque levado por Isma Leis, que tras un rexeite da defensa corcubionesa centrou novamente sendo desviado o balón coa man por parte dun defensa local.
Na segunda parte o Dumbría saíu moito máis metido no partido e no minuto 60, David saca unha falta dende un lateral, e Sergio Cives que entraba desde atrás, rematou directo á escuadra da porteria Corcubionesa.
Co 0-1 o Corcubión intentou irse arriba, pero non tiñan claridade de ideas dentro da área. Nun contrataque do Dumbria Pablo marcaba o 0-2. Acto seguido, o equipo local tivo unha clara ocasión que non conseguiu materializar, ocasión que sí materializou nun remate dun corner Serguei, poñeno o 0-3.
Xa co corcubión moi mal fisicamente, debido o calor que facia, chegaria o cuarto do Dumbría. O porteiro dumbríes enviou un balón que non foron capaces de despejar nin o porteiro corcubiones nin o defensa Andujar sendo así o gol tonto do partido.
Pouco despois chegaría o 0-5 obra novamente de Pablo.
O Dumbría aínda tería dúas claras ocasións por parte de Suso, que non foi capaz de resolver ante o porteiro corcubionés.
Alcaián-Castriz: (0-1); 0-1, min.15: Bruno II.
Alcaián: Miguel, Martín, Luís (Abaessamad M.55), Ándrés (Gabriel M.55), Carlos, José Antonio, Iván (Ismael M.80), Víctor, Martín, Rubén e Iván.
Castriz: David, Martín (César M.50), Toniño, Roberto Souto, Jota, Bruno, Luís (Moro M.50), Bruno II, David Brenlla, Sebas e Mauri.
Derbi local que non pasará a historia polo bo fútbol. As características do campo e o plantexamento defensivo dos locais impedíu que o partido fora aberto e os tiros a porta brilaron pola súa ausencia.
Mazaricos-Soneira: (0-2); 0-1, min.25: Vituco a transformar unha pena máxima feita sobre el. 2-0, min.75: Braulio.
Mazaricos: Manoliño, Martín, Chúa, Chico, Tuco, Primo, Couso, Ventura, Casais, Moncho (Marcos M.66) e Ernesto (Juan M.76).
Soneira: Lerma, Bruno, Ferreiro, Antelo, Víctor (Riveiro M.76), Taibo, Pastoriza, Míchel, Tonecho (De La Sierra M.60), Javi (Braulio M.66), Vituco.
Comezo de competición moi dudoso por parte dun dos máximo favoritos que apesares de sacar un marcador moi favorable non demostrou a superioridade que hai entre un e o outro equipo. Os locais foron os dominadores na primeira metade e tivaeron un par de boas ocasións para inagurar o marcador. Na segunda metade o local Moncho puido empatar o encontro, pero o seu lanzamento de penalti ao Panenka parauno Lerma. O encontro de volta disputarase o xoves 1 de maio.
Buño-Monte Louro: (1-1); 0-1, min.60: Cexo, de penalti. 1-1, min.75: Óscar, de penalti.
Buño: Añón, Lolo (Busto M.64), Óscar, Diego, Ramiro, Carlos, Jorge Calvete, Aldao, richard (ourado M.69), Emilo e Edgar (Antelo M.65).
Monte Louro: Juan Carlos, Rico (Jano M.80), Chema, César, Tono, Pulpo, Eloi (Carlos M.86) Edu, Riki (Pedro M.55), Sexo (Luís M.88) e Adrián (Piti M.45).
Buño e Monte Louro xogaron un partido con moito respecto e con intención de non quedar sen opcións no primiero partido.
Esteirana-Coristanco: (0-0);
Esteirana: Luqui, Maceiras (Tuno M.55), Adelino, Picholeiro, Pablo, Chispi, Martín, Cajulo, Roque, Andel, Kike.
Coristanco: Pombo, Salva (Marcos Pensado M.50), Germán, Lorenzo, Mallón, Rubén (Gelucho M.65), Iván, Arantón, David (Naya M.58), Ramón e Marcos (Maldini M.77).
Un bo plantexamento defensivo dos visitantes permitíu que a eliminatoria quedara totalmente aberta para o partido de volta. Os locais controlaron máis o balón e gozaron de varias ocasións de gol.
Corme-Bergantiños: (2-2); 1-0, min.10: Rafa Valiña, dende 50 metros. 1-1, min.30: Tupa en propia porta a tiro de Álex Figueiras. 1-2, min.60: Álex Canedo, de falta. 2-2, min.70: Martín.
Corme: Suso, Adolfo, Rafa, Tupa (Diego M.70), Lelo, Felipe, Martin (Manu M.75), Lentejo, Iago, Brais e Alejandro.
Bergantiños: Sambade, David Castro, Fabián, Muiño, Álex Canedo, Antonio, Alberto (Dani M.82), Javi Trigo, Zalo, Álex Figueiras (Viña M.66) e Santi (Adrián M.57).
Dominio absoluto do Corme durante os 90 minutos con numerosas ocasións de gol que non supo aproveitar e acabou pagando cun empate. O Bergantiños aproveitouse de dous lanzamentos maxistrais de falta para deixar a eliminatoria moi encarrilada. Os de Carballo acabarono encontro con nove homes por expulsión de Javi trigo (M.55) e Antonio (M.70). |
|