| |
Roget ocupará o posto vacío de presidente do Sp. Zas
Jesús Manuel Roget Barrientos (Caxadas-Vimianzo, 1957) será o presidente do Sporting Zas durante a próxima tempada. Os socios chegaron ao acordo na segunda asemblea, que se celebrou o pasado día 19 e á que acudiron unha vintena de aboados. A presidencia non será algo novo para Roget, xa que se encargou do Soneira durante a campaña 79-80. Na súa aventura co Zas, explicou, contará cun amplo equipo de directivo, aínda que aclarou que a lista non está pechada e que nela poderá participar quen o desexe. Durante os próximos días reuniranse os novos reitores do Sporting para designar os cargos e comezar a traballar, aínda que no mes de xuño é cando asumirán os seus nomeamentos oficialmente.
Con Roget, que se prexubilou recentemente do seu traballo na banca, figuran Edelmiro Touriñán Busto, José Blanco Rial Xaneiro , Miguel Ángel Muíño, Domingo González, Jerónimo Mourelle, Roberto Mouro, os irmáns Santiago e Alfredo Moreira, Juan Carlos Torres e Celestino Andrade Rego.
Fonte: La Voz de Galicia
|
|