Historia
  Datos
  Campo
  Escudo
  Equipacións
  Directiva  
  Xogadores  
  Colaboradores  
  Crónicas  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Estatísticas  
  Outras Tempadas  
  Trofeo Neria  
  Copa  
  Maratón Fútbol 7  
  Xogadores  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Noticias  
  Liga  
  Copa  
  Fútbol Sala  
  Fotos  
   
 
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
     
 

Crónicas dos partidos de volta da fase previa da Copa da Costa

FASE PREVIA COPA DA COSTA (VOLTA)

Santa Comba B-Cerqueda: (3-0); 1-0, min.5: Rivera en propia porta nun centro de Pío. 2-0, min.109: Miguel no saque dun córner de Héctor. 3-0, min.120: Martín de cabeza remata un saque de falta de Héctor.
Santa Comba B: Santi, Pablo Rivas, Pince, Matías, Alberto, Pío, Juanillo (Héctor M.64), Solís (Martín M.89), Daniel (Miguel, M.87), Paco, Marcos (Oscarín M.72).

Cerqueda: Diego, Javier, David, Marcos, Rivera (Iván M.110), Daniel, Santi Añón, Dani (Rober M.115), Anxo, Uruguayo e Dieguito (Lista M.71).
Os locais levaron o peso do encontro, pero non crearon moitas ocasións de gol, pola contra os visitantes fixeron un gran desgaste defensivo. Na primiera metade as poucas ocasións de gol repartíronse, no minuto 7 Rivera houbo de marcar de novo en propia porta, pero o meta Diego saca baixo paus, pouco despois quen se lucíu foi o meta local sacando cos pés unha falta botada por David. Na segunda metade os de Cerqueda reclamaron unha pena máxima por máns de Pío, pero o colexiado non sinalou nada. A falta de dous minutos para o remate o visitante David tivo o pase do seu equipo nun lanzamento de falta, o meta Santi sacou o balón da escadra. Na prórroga os visitantes acusaron o desgaste físico e pecharonse no seu campo na busca da lotería dos penaltis, pero os locais sentenciaron a eliminatoria en sendos goles a balón parado.

O Pindo-Lira: (1-0); 1-0, min.12: Kiko, de forte disparo de fóra da área.
O Pindo: Garrido, Miguel, Juan Antonio, Piquero, Miguel Lira (Jose M.72), Kiko, Mario García (Diego M.75), Nano, Hugo, Rafa e Oliver (Marcos M.80).
Lira: Lupi, Jose, Juan, Marco Antonio, Herminio, Angel (Fran de Cee M.45), Suso, Adrián, Suso Periko, Javi (Iago M.70) e Manoliño.
Encontro que mantivo a emoción até os últimos minutos, pero no que os locais non foron quen de aproveitar a expulsión do visitante Manoliño (M.13), logo dunha pequena tangana co local Piquero tras o gol. Os visitantes que contaban coa importante baixa do defensor Teo souberon sobrepoñerse ao contratempo de recibir un gol tan cedo e foron pouco a pouco contendo as investidas dos locais que xogaron máis co corazón que coa cabeza o que lle propiciou moitas imprecisións co balón. Este foi o último encontro para o actual presidente Javi, o martes collerá as rendas do equipo o actual vicepresidente José Antonio
.

Malpica-Fisterra: (1-0); 1-0, min.92: Diego, de falta directa.
Malpica: Toni, Abelino, Diego, Iago, Marco (Víctor M.81), Lema (Medros M.69), Andrés, Manuel (Exoulsado M.62), Charro, Rodrigo Sassano (Expulsado M.93), Fran Martuxa.
Fisterra: Rafa, Urchi, Jesús, Chula, Roco, Xusto, Roa (Jose M.79), Rodrigo (Marcos M.82), Manuel, Rivas (José M.89), Borja (Bebeto M.66).
Auténtico partido copeiro o xogado no Pedra Queimada e non se resolveu até o último intre no que o lateral esquerdo local, Diego, mandou un zapatazo de falta que superou a barreira e se colou pola escadra. O encontro foi moi aberto dende o primeiro minuto debido a igualdade na eliminatoria, os locais conscientes de que un gol lle era suficiente para pasar, non perderon a orde defensiva e buscaron a meta contraria con máis impetu que os fisterráns. Rodrigo Sassano e Charro foron as principais armas de ataque local e os dous gozaron dun bo par de ocasións, Sassano no minuto 13 e no 21 puido poñer a eliminatoria a favor do Malpica, sobre todo na segunda, logo dunha boa xogada individual de Charro plantouse só ante Rafa e non o seu tiro, ainda que forte, foise as máns do cancerbeiro. Charro tivo dous máns, un parouno Rafa (M.37) e outro tirouno a rentes do pau (M.43). Para os visitantes quen levou o peso do ataque foi Roa, primeiro cun lanzamento que se foi a rentes do pau (M.12) e logo lanzou unha falta lateral que a piques se cola pola escadra (M.30), Rivas tamén lanzou un balón lixeiramente alto (M.25). Na segunda metade o Malpica segueu demostrado máis personalidade no campo e tivo o dominio do balón, ainda que o Fisterrán Rivas puido dar a sentenza, pero só ante Toni tirou fóra incomprensiblemente. Os locais non perderon e con boas internadas po banda, sobre todo de Diego, crearon moita incertidume na defensa fisterrán. o Fisterra con chegadas aisladas tentaban sentenciar, e puido facer Xusto, que recolle un balón morto dentro da área, pero a súa bolea foise fóra. No minuto 62 os locais quedarían con dez por expulsión de Manuel, por dobre cartón amarelo, o equipo non sentíu a súa ausencia e seguíu ao mesmo ritmo. Cando todo parecía indicar que o marcador non se mobería unha falta na frontal da área sirve a Diego para marcar un maxistral gol convertíndose no héroe da elimiantoria, pois os seus dous goles nos últimos suspiros dos dous encontros serviron para que o Malpica poida verse as cáras co eterno rival Ponteceso na próxima eliminatoria.