| |
Crónicas dos partidos de ida da fase previa da Copa da Costa
FASE PREVIA COPA DA COSTA (IDA)
Cerqueda-Santa Comba B: (1-0); 1-0, min.87: Anxo, de falta directa.
Cerqueda: Diego, Javier, Rivera (Uruguayo M.75), Marcos, Daniel García, Santi Añón, Dani (Rober M.64), Adrián, Anxo, Nión, Dieguito.
Santa Comba B: Santi, Paco, Martín (Nacho M.81), Matías, Alberto, Pío, Oscarín (Juanillo M.64), Solís, Brais (Marcos, M.46), Pablo Rivas, Daniel.
Encontro no que os visitantes acusaron a cea de celebración do ascenso e estiveron nas mans dos locais que dominaron e puideron levarse un marcador máis amplo para o partido de volta. A primeira metade foi igualada e os locais tiveron moitas aproximacións a área visitante con balóns parados, por parte visitante Oscarín estrelou un balón no longueiro. A segunda metade foi de dominio absoluto dos malpicáns, Anxo lanzou un balón ao longueiro (M.56) e outro a rentes do pau (M.62). Xa no último suspiro do encontro Dieguito non foi quen de bater a Santi no man a man (M.92). Por parte visitante destacar dous lanzamentos, un de Marcos (m.70) e outro de Solís (M.85).
Lira-O Pindo: (4-2); 1-0, min.2: Manoliño, ao marcar un libre indirecto por cesión ao meta visitante. 1-1, min.5: Nano. 2-1, min.35: Marco Antonio. 3-1, min.43: Manoliño. 4-1, min.55: Manoliño. 4-2, min.85: Juan Antonio
Lira: Miguel Anxo, Juan (Iago, M.75), Marco Antonio, Herminio (Paco M.60), Jose, Javi, Suso, Adrián, Teo (Angel M.70), Suso Perico, Manoliño.
O Pindo: Garrido, Lito, Juan Antonio, Piquero (Kiko M.60), Miguel, Mario García, Diego (Marcos M.60), Nano, Hugo, Bruno (Rafa M.55), Oliver.
Partido cun comezo moi dubitativo para os dous contendentes e que permitíu o movemento rápido no marcador. Logo do frenético inicio goleador igualouse a contenda e non houbo un dominador claro, antes de adiantarse de novo o Lira os visitantes gozaron dunha boa ocasión, pero o balón centrado dende o lateral non atopou rematador por moi pouco. O Lira cun xogo moi directo consegueu adiantarse ao rematar Marco Antonio de cabeza, adiantándose ao porteiro, un centro de falta e logo, a rentes do descanso, Manoliño, con outro remate de cabeza a centro de Juan poñía máis diferencia de por medio.
Na segunda parte o Pindo, afectado polo terceiro gol, veuse abaixo e puido encaixar máis goles por medio de Javi e Adrián, pero non acertaron coa porta defendida por Garrido, o que sí subiría ao marcador sería o remate en liña de gol de Manoliño.
A partires de aí o Lira durmiuse dándolle todo o peso do partido ao Pindo que despertou e comezou a dominar o encontro por completo e a intentar xogar polas bandas, creando perigo en faltas laterais e saques de esquina, froito dos cales tiveron boas ocasións Rafa, o seu remate de cabeza atallouno Miguel, e Hugo. No minuto 85 un balón centrado dende o córner non foi blocado polo meta local caéndolle nos pés a Juan Antonio que non tivo máis que empurralo ao fondo das redes. Este gol en extremis dalle emoción a eliminatoria para o partido de volta.
Fisterra-Malpica: (3-2); 1-0, min.6: Rivas. 2-0, min.8: Roa. 2-1, min.21: Fran. 3-1, min.71: Manuel. 3-2, min.89: Diego, de penalti.
Fisterra: Rafa, Borja (Uchi, M.75), Roco, Jesús, Chula, Xusto, Roa, Rodrigo (José M.82), Manuel (Marcos M.72), Rivas, Ismael (Jose M.61).
Malpica: Toni, Miguel, Diego, Víctor, Iago, Marco, Lema, Rancaño (Expulsado M.92), Charro (Andrés M.62), Rodrigo Sassano, Fran.
O Fisterra complicou nos últimos minutos un partido que tiña dominado e cunha renta de dous goles. Os fisterráns aproveitaron os primeiros minutos de desconcerto na defensa dos malpicáns e en dous rexeites dentro da área puxéronse con dous goles de vantaxe polo que parecía que podían deixar a eliminatoria sentenciada. Os visitantes foron entrando no xogo e conseguiron sacudirse da presión local e incluso se aproximaron á meta defendida por Rafa cun disparo de Roberto que se foi alto (M.11), acto seguido chegou a réplica do fisterrán Xusto (M.12). O gol de Fran de forte disparo dende fóra da área foi un bálsamo para os malpicáns, pois fixo que os locais se viñeran abaixo e non houbo máis ocasións para ningún lado até o descanso. O comenzo da segunda metade foi similar aos últimos instantes da primeira parte e apenas houbo acercamentos a nigunha das áreas. No minuto 61 chegou a xogada desafortunada do partido cando o local isma se lanzou para salvar un balón e impactou fortemente fronte a unha barandilla causándolle unha brecha profunda na canela tendo que retirarse do partido. Con máis corazón que fútbol os locais foron entrando de novo en xogo e no minuto 63 Chula avisou cun remate alto coa cabeza aproveitando que estaba libre de marca nun corner, pouco despois o polivalente Manuel aproveitouse dun novo erro da defensa local para pór dous goles de renta na eliminatoria. Xa na reta final José libre de marca lanzou por riba da meta de Toni (M.82) e do que puido ser a sentenza da eliminatoria chegou un dudoso penalti por agarrón de Jesús a Marcos que transformou Diego deixando a eliminatoria totalmente aberta. O Fisterra non se rendeu e tentou poñer máis distanza por medio durante o longo tempo de desconto e no minuto 99 o central Jesús rematou coa cabeza lixeiramente alto nunha posición inmellorable. Os locais fixeron máis méritos que os malpicáns, pero a eliminatoria quedou totalmente aberta para a volta. |
|