| |
Demasiado castigo para o Fisober en Narón
A Fervenza-Fisober: (7-1); 0-1, min.7: Crsitina. 1-1, min.15: Patricia. 2-1, min.34: Beatriz. 3-1, min.35: Lucia. 4-1, min.36: Paula. 5-1, min.37: Zeltia. 6-1, min.48: Paula. 7-1, min.39: Judit.
Abultada derrota do Fisober que se fraguou nos últimos minutos de partido. A igualdade foi a nota predominante durante todo o partido con ocasións para ámbolos equipos, pero foi a falta de 6 minutos para o final cando o segundo gol anotado polo equipo naronés rompeu o partido, vindose abaixo as rapazas do Fisober encaixando cinco goles máis que non demostran o que en realidade se puido ver durante o encontro.
O vindeiro fin de semana o Fisober xogará en Muxía contra o Valdetires de Ferrol, na primeira volta o resultado foi de empate a dous.
|
|