| |
Resultados e goleadores da xornada, domingo 31 de marzo
Terceira Autonómica: Xornada: 29
O Pindo-Cerqueda: (1-0); 1-0, min.5: Rafa. Partido no que O Pindo saíu moito máis motivado e contou co apoio dun público moi numeroso.
Na primeira parte os locais levaron o peso do encontro, dispoñendo dunha par de boas ocasións de gol, pero o meta Diego evitou que o marcador se ampliara.
Na segunda metade o Cerqueda colleu poder no medio campo e puxo en apretos aos locais con tres ocasións claras de gol, unha de Dani e dúas de Nión.
Alcaián-Atl. Pereiriña: (3-1); 1-0, min.55: Rubén. 2-0, min.65: Martín Bardanca. 2-1, min.70: Rubén Villar. 3-1, min.80: Alberto.
Partido igualado e con oportunidades nas dúas porterias, o conxunto local foi máis efectivo cara o gol.
Dumbría B-Corcubión: (1-4); 0-1, min.12: Diego Lojo, remata na liña de gol un despexe do porteiro. 1-1, min.20: César Ferrio, de falta. 1-2, min.40: Gustavo, de falta. 1-3, min.60: Gustavo. 1-4, min71: Víctor, de falta. Era cuestión de tempo de que o Corcubión materilazara o ascenso dada a vantaxe que tiña, tras a victoria en Dumbría os corcubioneses volveran a segunda Autonómica tres tempadas despois. O encontro estivo igualado na primeira metade, pero o gol de Gus ao borde do descanso foi decisivo. Na segunda metade os locais empezaron mellor, pero o terceiro gol visitante acabou por romper o choque.
Bergantiños B-Mazaricos: (2-1);1-0, min.20: Pitu. 2-0, min.45: Pitu. 2-1, min.60: Ernesto. O Bergantiños B dominou a primeira metade con oportunidades claras para Iván Suizo e Ramón. Na segunda parte, o Mazaricos mejollorou, pero o equipo carballés seguíu tendo boas oportunidades para conseguir algun tanto máis.
Coristanco-Xallas: (2-1); 1-0, min.20: Naya. 1-1, min.30: Álex Torreira. 2-1, min.80: Arantón.
Partido moi igualado no que os locais estaban moi ben plantados ante un Xallas que intentaba tocar o balón. Tras unha contra ben levada polos locais chegaría o primeiro gol do partido, obra de Naya, noutra contra pero visitante chegaría o empate cun tiro lonxano. Xa na segunda metade o partido estivo máis aberto e víronse máis ocasións. No minuto 65 o árbitro anulou un gol o Xallas por entender que fixera un control ca man e tralas protestas sería expulsado Iván, esta acción abriu aínda máis o encontro e propiciu as mellores ocasións locais, as máis claras serían para o xuvenil Iván cun tiro o longueiro e un man a man que acertou a deter o porteiro visitante Gómez. No treito final chegaría o segundo gol local tras un disparo de Arantón que batería nun defensor e acabaría entrando. Xa no final do encontro, o Xallas puido empatar cunha xogada no que o dianteiro visitante disparou por dúas veces ante un acertado Pombo.
Cabana-Santa Comba B: (1-3); 0-1, min.31: Marcos Negreira. 0-2, min.52: Alberto, de cabeza.
0-3, min.60: Héctor, de falta.
1-3, min.84: Josiño. Os xalleiros, tres xornadas despois, encóntrase coa victoria e cos postos de ascenso, logo que o muxia perdera. O filial do Santa Comba non dou moitas opcións aos cabaneses e foi superor durante todo o encontro.
Muxía-Vimianzo: (0-2); 0-1, min.35: Adrián, de falta directa. 0-2, min.87: Maikol. Encontro pouco vistoso e marcado pola presión dos xogadores locais por manterse nos postos de ascenso, mentres que os visitantes acudián con numerosas baixas e pouco que xogarse. O partido tivo poucas ocasións de gol e na primeira metade tan só cabe destacar o gol visitante e un man a man do visitante Arán que lanzou a rentes do pau. Os primeiros minutos da segunda metade foron de domino local e luís Romaní tivo a mellor ocasión para o seu equipo, pero a vaselina ante a saída do meta Damián foise fóra e logo foi Juni o que puido marcar. A medida que pasaban os minutos os xogadores muxiáns foronse impacientando e centraronse máis en protestar ao colexiado que de aproveitar o cansanzo dos visitantes, da desorden aproveitaronse os vimianceses que lograron sentenciar nos últimos minutos ainda que xa o puideron facer antes debido as facilidades da defensa local.
Lira-Corcoesto: (5-0): 1-0, min.15: Marco Antonio. 2-0, min.25: Manoliño, de cabeza. 3-0, min.35: En propia porta a centro do local Germán. 4-0, min.70: Manoliño. 5-0, min.78: Manoliño. Partido sen ningunha historia no que o Corcoesto xogou con dez xogadores e a partir do descanso, por mor da lesión de Javi, con nove.
Houbo bastante vento en portocubelo o que non impediu que o Lira dominase todo o partido, destacar por parte do Corcoesto só unha falta a escadra que sacou o porteiro lirista Miguel no minuto 5, logo foi un monólogo local.
Veteráns: Xornada: 11 (2ª Fase)
Vimianzo-San Lorenzo: (0-3); |
|