Historia
  Datos
  Campo
  Escudo
  Equipacións
  Directiva  
  Xogadores  
  Colaboradores  
  Crónicas  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Estatísticas  
  Outras Tempadas  
  Trofeo Neria  
  Copa  
  Maratón Fútbol 7  
  Xogadores  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Noticias  
  Liga  
  Copa  
  Fútbol Sala  
  Fotos  
   
 
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
     
 

O sorteo da Copa da Costa será o 3 de abril en Baio

A Federación Galega de Fútbol confirmou onte que o sorteo da Copa da Costa realizarase o xoves da próxima semana en Baio.

O acto, que comezará ás 20.00 horas, terá lugar nunha sala do pavillón municipal baiés. Nesta edición poderán competir un total de 36 clubs. Se non hai baixas, na fase previa intervirán oito conxuntos, que xogarán as súas eliminatorias os días 13 e 20 do próximo mes.

Os equipos que en principio competirán son o Bergantiños, de Rexional Preferente; Soneira, Sp. Zas, Dumbría e San Lorenzo, de Primeira Autonómica; Cee, Ponteceso, Castriz, Fisterra, Muros, Monte Louro, Carnota, Baio, Camariñas, Corme, Porteño, Sofán, Esteirana, Malpica, Nantón e Buño, de Segunda, e Xallas, Corcubión, Muxía, Santa Comba B, Lira, Vimianzo, Mazaricos, Cabana, Corcoesto, O Pindo, Coristanco, Cerqueda, Alcaián e Atlético Pereiriña, de Terceira.

Quedan fóra o Bergantiños B e o Dumbría B, ao participar os seus primeiros equipos.

O prazo para acudir á Federación Galega de Fútbol, na Coruña, e darse de baixa na Copa rematará o 2 de abril.

Fonte: A Voz de Galicia