Partido de trámite do Fisober en Vedra
Mesón Rio Ulla-Fisober: (0-3); 0-1, Alba Cambeiro. 0-2, Alba Cambeiro. 0-3, Patricia Romaní.
Aburrido choque o disputado en Vedra no que a diferencia na clasificación quedou plasmada dende os primeiros minutos de encontro no que as rapazas do Fisober controlaron en todo momento o partido, a boa actuacion da porteira local e o pouco acerto das xogadoras visitantes a hora de definir fixo que se chegara ao final do partido cun escueto 0 a 3. A nota negativa do encontro foi a recaída de Ana Mouzo dunha lesión que a ten apartada das pistas dende novembro.
A vindeira fin de semana o Fisober desprázase a Bertamiráns para xogar un torneo amigable.
Reseñar que o Fisober Infantil rematou a Liga invicto ao derrotar na última xornada o Concello de Pobra por 6-2, clasificándose así para o fase Provincial que se disputará na Coruña en Maio. As infantís gañaron 10 encontros cunha vagaxe de 115 goles a favor e 14 en contra.
|