| |
Resultados e goleadores da xornada, domingo 3 de febreiro
Terceira Autonómica: Xornada: 22
Bergantiños B-Coristanco: (3-2); 0-1, min.5: Lorenzo. 1-1, min.20: Pitu. 2-1, min.50: Pitu. 2-2, min.70: Lorenzo. 3-2, min.80: Renato. Os locais levaron o peso do encontro, sobre todo na primiera metade na que desperdiciaron unha pena máxima lanzada por Pitu que detivo Pombo (M35). A segunda metade foi máis igualada, pero sen moitas ocasións de gol.
Dumbría B-Cabana: (0-1); 0-1, min.78: David Sande. O Dumbría B, que só dispuxo de once xogadores, tivo máis posesión do balón e ocasións de Yenki (M.10 e 30) e un gol anulado a Sergio (M.20). O Cabana puido marcar por medio de Rubén (M.20)
Muxía-Alcaián: (1-0); 1-0, min.70: O xuvenil Juni. Partido práctico dos muxiáns e moi traballado xa que xogaron con dez dende o minuto 35 por expulsión do local Chori.
O Pindo-Lira: (1-5); 1-0, min.20: Lito. 1-1, min.30: Manoliño. 1-2, min.40: Javi. 1-3, min.70: Fran. 1-4, min.75: Fran. 1-5, min.85: Manoliño, de penati. Encontro moi condicionado polo forte vento e moi igulado a pares da diferencia do marcador. Na primeira metade os locais levaron máis o peso do partido e gozaron de boas ocasións de gol, sobe todo con acercamentos á área lirense a balón parado e máis un man a man do dianteiro Oliver que lanzou fóra ante a saída o meta visitante Miguel, por parte visitante Manoliño e Javi dispuxeron de dúas boas ocasións. Na segunda metade os locais, co marcador adverso, arriscaron en defensa e procuraron o empate, puido acadalo Julián cun remate de cabeza na área pequena que mandou as mans do meta. A ambición por acadar o empate fixo que os do Pibdo deixaran moitos ocos que foron aproveitados polos de Lira para sentenciar o encontro. Foi expulsado o local Piquero (M.38).
Atl. Pereiriña-Corcoesto-: (1-2); 0-1, min.15: Toñito. 0-2, min.30: Cabana, de falta. 1-2, min.45: Néstor. Os visitantes que recuperando parte das baixas que tiñan estiveron mellor durante todo o encontro. Na primeira metade o encontro estivo igualado, para os visitantes puido marcar Luís, na segunda de novo Luís e Javi non acertaron a marcar, xa con 10, os locais puideron empatar por medio de Miki. Foi expulsado o local Riqui (M.60).
Corcubión-Vimianzo: (2-0); 1-0, min.14: Gustavo, de penalti. 2-0, min.20: Chisco, en posición dudosa. Encontro de vital importancia para os dous equipos na loita por unha praza de ascenso que comezou cunha gran intensidade e ocasións de gol e que foi decaendo co paso dos minutos e dos goles locais. Nada máis comezar Sergio de Vilaseco palntase só ante o poretiro Antonio pero o seu lanzamento vaise desvaido e Arán non chega a rematar por moi pouco (M.4), logo Iván de Treos remata a media volta un balón morto que se vai a rentes do pau cando xa se cantaba gol e pouco despois Raúl plántase ante Antonio e este toca coa punta da bota evitando que o xogador visitante se quedara a porta valeira. Logo do arreon visitante chegou a resposta local, primeiro o penalti feito por Ezequiel a Pablo e logo Víctor (M.17) e Penedo, cun disparo ao longueiro, (M.19) puideron marcar o segundo, este chegaría un minuto despois, cun remate de Chisco a porta valeira nun centro lateral, a posición do defensa corcubionés foi moi protestada polos vimianceses. Coa marxe de dous goles os locais souberon levar o encontro e foron pouco a pouco desquiciando aos xogadores rivais que non conseguiron adaptarse as dimensións do campo nen a presión defensiva dos locais. A xogada clave do encontro puido ser un remate de Sergio de Quintáns de cabeza só no segundo pau que se foi ao longueiro (M.41). A segunda metade disputouse ante un forte vento e auga e na que os visitantes se dedicaron máis a protestar as decisións arbitrais que a intentar remontar o encontro, polo que apenas houbo ocasións de gol e as que houbo foron por disparos dende fóra da área, polos visitantes Sergio de Vilaseco lanzou a rentes do pau (M.55) e Sergio de Quintáns fixo que Antonio se lucira (M.68), para os locais a mellor ocasión foi unha falta botada por Gustavo que Damián non acerta a blocar e o rexeite caeulle a Jose que nunha inmellorable situación fixo intervir exitosamente a Damián (M.75). Foron expulsados os visitantes José de Quintáns por dobre cartón amarelo (M.61) e Pablo Pereira con cartón vermello directo por protestar.
Mazaricos-Santa Comba B: (3-0); 0-1, min.1: Ernesto, ao aproveitarse dunha indecisión entre un defensa e o porteiro visitante. 2-0, min.64: Ernesto, dunha forte volea dende fóra da área. 3-0, min.85: Sarri, logo dunha moi boa xogada en equipo. Partido moi igualado en dominio, pero no que o acerto goleador dos locais foi determinante. Na primiera metade, Álvaro puido empatar o encontro, pero o seu lanzamento foi arrentes do pau (M.6), logo quen puido sentenciar foi Esteban Pereiro, pero no man con Ángel tiroulle o balón as mans do porteiro, xa ao remate da primeira metade houbo un par de ocasións por cada bando, primiero para Ernesto (M.43 e logo para o visitante Juan (M.44). Na segunda metade os visitantes tentaron empatar o encontro, pero non aproveitaron dous man a man co porteiro Manoliño, primeiro Álvaro (M.59) desviou Manoliño a córner e logo Marcos Negreira (M.67), nas dúas os locais reclamaron fóra de xogo. Por parte local Ernesto no minuto 54 mandou un cabezazo fóra e Moncho só co porteiro lanzou unha vaselina alta (M.75).
Xallas-Cerqueda: (2-1): 1-0, min.2: Jaime. 1-1, min.32: Rivera, de cabeza a saída dun córner. 2-1, min.80: Ovidio, marca a porta valeira logo de que o meta Diego despexara un balón ao longueiro e quedarlle o balón morto. Partido que a pesares da gran diferencia na clasificacion foi moi disputado e tenso durante os 90 minutos , sen opcion a relaxacion.
O Xallas levou o dominio do balón. A pesares do tempraneiro gol dos locais, os visitantes foron adaptandonse ao campo e lograron empatar antes do descanso, xogando a contra e aproveitando os balóns parados.
Na segunda metade a mellor condicion física do equipo local foise impoñendo e tiveron varias ocasións para marcar, pero o meta Diego estivo unha actuación sobresaínte e evitou unha maior goleada.
Veteráns: Xornada: 4 (2ª Fase)
Malpica-Vimianzo: (2-3); Os tres goles visitantes foron obra de Litos. |
|