| |
Resultados e goleadores da xornada, domingo 26 de xaneiro
Terceira Autonómica: Xornada: 21
Cerqueda-Coristanco: (1-0); 1-0, min.90: Dieguito. Partido sen moita historia, xogado por dous equipos que lles costou moito mover o balón con criterio, poucas ocasións de gol por ambas partes.
Na primeira metade o árbitro non sinalou un claro penalti na área do Cerqueda cometido por Marcos, e na segunda anulou un gol ao Coristanco no minuto 75, por posicion ilegal do dianteiro.
O gol foi no minuto 90 nunha xogada persoal do dianteiro Dieguito que se foi dende o medio campo pola liña de banda, acosado polo defensor e sacou un centro chut que se colou por toda a escadra .
Cabana-Bergantiños B: (1-1); 0-1, min.51: Djalma. 1-1, min.82: Míchel, de falta. Na primeira parte, o Cabana tivo as ocasións de Josiño, Fernando e Míchel, pero o meta Adrián estivo moi seguro. O Bergantiños presionou na segunda parte. Foron expulsados os visitantes Varillas (min.68) e Djalma (min.80).
Dumbría B-Muxía: (1-1); 0-1, min.10: Maikel, de falta. 1-1, min.20: Suso. Tras unha primeira parte igualada, o partido foi xogado de poder a poder. Os visitantes pediron un penalti a Gerardo (min.70). O técnico muxián Papi foi expulsado (min.90).
Lira-Alcaián: (2-0); 1-0, min.50: Manoliño. 2-0, min.70: Germán. Partido dominado polo Lira pero marcado pola pouca puntería cara o gol.
Na primeira parte os locais tiveron claras ocasions de Marco Antonio a saída dun corner, de Fran nun man a man co porteiro que enviou por enriba do longueiro e dous disparos de Manoliño dende dentro da área que se foron por fóra.
Na segunda parte os locais comezaron nerviosos, pero os cinco minutos Manoliño cazou un balón en longo e ante a indecisión do porteiro marcou a porta valeira. A partires dese momento comezaronse a crear máis ocasións tendo Manoliño outro disparo dende dentro da área, e a continuacion no minuto 70 o gol de German nun pase entre liñas de Teo. A partires de aí destacar un tiro de Dani e unha xogada dentro da área do Alcaián que os visitantes non superon aproveitar.
Corcoesto-O Pindo: (0-1); 0-1, min.30: Nano. Os locais tan só contaron con once homes e remataron o encontro con oito polas expulsións de Pichón (min.35) e Pepe (min.65) e a lesión de Rodri. A primiera parte estivo moi igualada e apenas houbo ocasións de gol. Na segunda metade os visitantes en superioridade numérica tiveron boas ocasións para sentenciar, pero non marcaron e puideron pagalo se no último minuto o local Pichuco aproveita o seu remate.
Vimianzo-Atl. Pereiriña: (5-0); 1-0, min.15: Raúl, bate no un contra un ao porteiro logo dunha xogada individual. 2-0, min.25: Sergio de Vilaseco, de vaselina ante a saída do porteiro. 3-0, min.40: Lagoa de córner, batendo previamente no porteiro. 4-0, min.75: Lagoa, marca por baixo ao meta no man a man, min.85: Lagoa, de forte disparon dende fóra da área. Partido fácil para o Vimianzo que dominou de principio a fin e puido marcar algun gol máis. Os visitantes tan só tuveron unha ocasión de gol, foi para Néstor que a porta valeira mandou o balón por enriba do longuiero, corría o minuto 20, Por parte visitante desaproveitaronse varias ocasións de gol para conseguir un marcador máis amplo, Raúl, Sergio de Vilaseco e Sergio de Quintáns non estiveron acertados na primeira metade e Lagoa, Pablo de Quintáns e Adrián na segunda. Foi expulsado por dobre cartón amarelo o visitante Damián, no minuto 71. .
Santa Comba B-Corcubión: (1-2); 0-1, min.23: Gustavo, de falta. 1-1, min.58: Damián. 1-2, min.87: Gustavo, de penalti. Os locais dominaron, pero os corcubioneses realizaron un partido moi completo e lograron gañar a un rival directo na loita por unha praza de ascenso.
Xallas-Mazaricos: (3-3): 1-0, min.15: Ovidio. 1-1, min.35: José Antonio. 2-1, min.55: Miguel Agra. 2-2, min.70: Primo. 3-2, min.75: Mara: 3-3, min.85: Juan. O líder Xallas impúxose claramente na primeira parte, con moitas oportunidades, pero a relaxación demostrada na segunda foi aproveitada polo Mazaricos para empatar.
Veteráns: Xornada: 3 (2ª Fase)
Vimianzo-Sofán: (3-1); 1-0, Litos. 1-1, 2-1, Litos. 3-1, Félix. |
|