Historia
  Datos
  Campo
  Escudo
  Equipacións
  Directiva  
  Xogadores  
  Colaboradores  
  Crónicas  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Estatísticas  
  Outras Tempadas  
  Trofeo Neria  
  Copa  
  Maratón Fútbol 7  
  Xogadores  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Noticias  
  Liga  
  Copa  
  Fútbol Sala  
  Fotos  
   
 
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
     
 

Resultados e goleadores da xornada, domingo 20 de xaneiro

Terceira Autonómica: Xornada: 20

Coristanco-Cabana: (5-2); 1-0, min.45: David. 2-0, min.51: Genucho. 3-0, min.71: Blanco. 4-0, min.77: Marcos. 4-1, min.79: Míchel, de penalti. 4-2, min.84: Fernando. 5-2, min.91: Genucho. Foron expulsados os xogadores visitantes David Sande (M.55) e Diego Eiroa (M.70) por dobre cartón amarelo e o adestrador Pol (M.85) con cartón vermello directo.

Bergantiños B-Muxía: (1-2); 0-1, min.30: Álvaro. 1-1, min.40: Santi. 1-2, min.55: Gerardo. Partido dominado por completo polos visitantes que tiveron algunha ocasión máis para lograr un marcador maís cómodo, pero nen Cabejo nen Gerado aproveitatron sendas ocasións na primeira e egunda metade. O Muxía con esta victoria suma xa oito partidos consecutivos sen perder. Foi expulsado o local Roger (M.90).

Dumbría B-Lira: (0-0); Partido pouco vistoso o desputado en Dumbria, no que as dúas partes foron parecidas comezo dominante dos visitantes e despois dominio dos locais. Na primeira metade o Lira comezou inquedando con tres remates a saída de corners dous preto da porta dumbriesa e un ás mans do porteiro local por parte de Marco Antonio e Teo. Despois destacar un timido remate lonxano dos locais as mans do porteiro visitante. Na segunda parte os dous equipos arriscaron un pouco máis e asi os locais tiveron un man a man que parou o porteiro visitante e outro remate de córner que atallou o meta Miguel, por parte visitante a mellor ocasión foi para Josiño cun remate ao pau e unha deixada de Manoliño a Teo que mandou a rentes do pau.

Alcaián-Corcoesto: (2-1); 1-0, min.47: Martín. 2-0, min.50: Víctor. 2-1, min.80: Pichuco. Partido igualado na primiera metade con ocasións de Pichón e Pichuco para o Corcoesto e de Martín e Iván Castro para o Alcaián. A inferioridade numérica dos visitantes fixo que os locais tiveran máis o balón na segunda metade, pero non crearon moitas máis ocasións de gol que as materializadas. Foron expulsados os visitantes Edelmiro (M.20) e Javi (M.30).

O Pindo-Vimianzo: (2-3); 0-1, min.45: Pablo Pereira ao rematar de cabeza un balón peinado para atrás de Iván de Treos. 0-2, min.52: Sergio de Quintáns remata na liña de gol nun saque de esquina. 1-2, min.65: José Antonio. 2-2, min.69: Óliver. 2-3, min.94: Sergio de Quintáns, remata de cabeza no segundo pau un balón de saque de esquina. Encontro moi vibrante o disputado na tarde soleada do domingo no renovado campo de Lombáns. Na primiera metade os visitantes sairon máis mentalizados na busca dos tres puntos e tiveron varias ocasións para marcar por medio de Sergio de Vilaseco, en dúas ocasións, Lagoa e Sergio de Quintáns, para os locais a mellor foi para Piquero. A segunda metade comezou ben para os vimianceses, pois co tempreneiro gol parecía que quedaba sentenciado o encontro. Os locais arriscaron en defensa e puxeron máis xente de medio campo para arriba e o partido rompeuse por completo, quedando moitos máis ocos para xogar as contras. Os dous goles consecutivos do Pindo creou nerviosismo nos de Vimianzo que puideron encaixar algún gol máis. No arreón local e co éstaxis de empatar chegou a xogada polçemica do encontro onde os locais reclamaron unha pena máxima por unha dura entrada do defensa visitante Ezequiel ao local Hugo, pola cal o infractor foi expulsado, pero o colexiado entendeu que a falta se produciu fóra da área, nas protestas foi expulsado, por dobre cartón o defensa local Quico. O último cuarto de hora foi de total descontrol e imprecisión na que calquera dos dous equipos puidon marcar. Debutaron cos locais os recén fichados José Antonio, que marcou, e Tuti.

Atl. Pereiriña-Santa Comba B: (1-1): 0-1, min.72: Daniel. 1-1, min.87: Néstor. Partido dominado polos visitantes que tiveron varias ocsións para sentenciar, pero nen Brais nen Daniel, por dúas veces, acertaron a marcar na primeira metade e David na segunda. Para os locais a mellor ocasión foi para Cobasno minuto 68 cun remate de cabeza ao pau.

Corcubión-Xallas: (0-0); Partido disputado de poder a poder sin ocasións claras de gol, salvo unha de Penedo para os locais, mentres que os visitantes reclanaron un gol anulado a Ricardo por entender que fora totalmente legal e máis un posible penalti a Álex. A expulsión do visitante Jesús (M.55) foi clave, pois con dez os xalleiros perderon presencia en ataque.

Mazaricos-Cerqueda: (5-1): 1-0, min.38: O xuvenil Roberto. 2-0, min.42: Ventura. 3-0, min.55: Esteban Pereiro. 4-0, min.60: Ventura. 5-0, min.70: José Antonio. 5-1, min.80: Anxo. Primeira parte moi igualada, con poucas ocasións de gol por ambas partes. Os visitantes criticaron varias decisións arbitrais, dous fóras de xogo dudosos a Anxo e Dani, o segundo gol local por entender que había situación irreglamentaria do rematador e non terceiro gol o colexiado sinala saque de porta, pero un xogador visitante apresurase a sacar de esquina, deixa seguir a xogada e no remate ben o terceiro gol. A partires do terceiro gol o equipo visitante descentrouse por completo e a goleada puido ser moito maior.

 

Veteráns: Xornada: 2 (2ª Fase)

San Lorenzo-Vimianzo: (1-1); .