Historia
  Datos
  Campo
  Escudo
  Equipacións
  Directiva  
  Xogadores  
  Colaboradores  
  Crónicas  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Estatísticas  
  Outras Tempadas  
  Trofeo Neria  
  Copa  
  Maratón Fútbol 7  
  Xogadores  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Noticias  
  Liga  
  Copa  
  Fútbol Sala  
  Fotos  
   
 
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
     
 

Resultados e goleadores da xornada, domingo 13 de xaneiro

Terceira Autonómica: Xornada: 19

Cerqueda-Cabana: (2-1); 1-0, min.45, en propia porta Marcos na saída dun córner botado por Víctor. 2-0, min.61: Dani. 2-1, min.78:  Rubén Rama. Na primeira metade o control do balón foi do Cabana, pero as ocasións para os locais que en dúas contras nen Dieguito, nen Iván foron capaz de bater no man a man ao meta visitante, mentres que as armas atacantes dos cabaneses eran con balóns parados. A partires do 2-0 o cabana volcouse na área local co fin de reducir distancias, pero tan só puido marcar un gol, a pesares de que os locais se quedaron con dez por expulsión de Dieguito, minuto 82. Nos últimos dez minutos o Cerqueda pasouno mal ante o asedio cabanés que lanzou un balón de falta ao longueiro, un balón que sacou o defensa Rivera baixo paus e dous remates na área pequena que despexou o meta local Diego.

Muxía-Coristanco: (1-0); 1-0, min.1: O xuvenil Santi. Encontro disputado baixo unhas condicións de forte vento que condicionou moito o xogo. O Muxía púxose pronto por diante no marcador e logo administrou a diferencia, ante un Coristanco que en ningún momento puxo en perigo a victoria local. As mellores ocasións do partido foron para os muxiáns Ziro (5), Maikel, (25 e 90) e Gerardo nun man a man co porteiro (85). A acción clave do encontro foi a pena máxima detida por Luís Romaní a tiro de Mallón no minuto 84. Foi expulsado o local José Manuel, minuto 50, por dobre cartón amarelo.

Lira-Bergantiños B: (2-1); 0-1, min.52: Renato. 1-1, min.60: Manoliño. 2-1, min.82:  Manoliño, de penalti. Partido dominado de principio a fin polos locais e que se veu marcado polo forte vento no campo de portocubelo. A primeira metade foi dominada polo Llira pese a ter o vento na súa contra, tendo ocasións Manoliño de cabeza, e sobre todo Tono nun disparo dende a frontal que parou o porteiro visitante. Na segunda parte co vento a favor multiplicaronse as ocasións para os locais, pero xusto despois da expulsión do xogador visitante Rancaño, no min 50, chegou o gol visitante. O lira volcouse e froito diso tivo tres claras ocasións unha de Fran Perico, outra de Manoliño, ademais da do gol. Os locais pediron un penalti no minuto 70 a Fran, pero o colexido sinaloulles outro no minuto 92 o cal foi moi dudoso e protestado polos visitantes.

Corcoesto-Dumbría "B": (3-0); 1-0, min.15: Héctor. 2-0, min.30: Héctor. 2-1, min.50: Rodri. Os visitantes que tan só acudiron con once xogadores pagaron esforzo físico e máis as irregulares condicións do campo, ás que se adaptaron mellor os locais e dominaron o encontro, salvo nos últimos minutos, cando o filial dumbriés tivo un par de ocasións para marcar o gol da honra.

Vimianzo-Alcaián: (5-0); 1-0, min.16: Pablo Pereira ao aproveitarse dunha falta de entendemento entre un defensa e o porteiro, marcando a porta baleira. 2-0, min.50: Iván de Baiñas centra tocando o defensa local Pensado que despista ao meta. 3-0, min.28: Pablo Pereira recolle un balón morto que non acerta a blocar o porteiro e marca a porta baleira. 4-0, min.44: Sergio de Quintáns, aproveitase dun balón morto na área pequena logo dun córner. 5-0, min.83: Iván de Treos libre de marca remata un centro lateral de José de Camariñas. Partido sen complicacións para os locais que se aproveitaron de tres erros da zaga visitante para encarrilar o encontro e non pasar apuros, puido ser maior a goleada se Adrián, Lagoa, Sergio de Vilaseco e Sergio de Quintáns acertaran nos seus remates. Por parte visitante tan só destacar unha ocasión de perigo propiciada por un erro defensivo da defensa local na primeira metade.

Santa Comba B-O Pindo: (3-0): 1-0, min.20: Damián. 2-0, min.45: Damián ao aproveitarse dun mal despexe do porteiro e marca dunha vaselina dende fóra da área. 3-0, min.61, saque de corner de Damián que bate nun xogador visitante. Encontro disputado na tarde do sábado en Fontenla. A primiera metade foi igualada, pero dous erros defensivos dos carnotáns botaron a baixo o gran traballo defensivo. Xa na segunda metade os locais foron asentándose e dominaron por completo o encontro e puideron marcar algún gol máis por medio de Alberto, Juan e Damián, mentres que por parte visitante, Manolito ao longueiro e Hugo puideron marcar o gol da honra.

Xallas-Atl. Pereiriña: (8-0); 1-0, min.10: Jaime. 2-0, min.25: Álex. 3-0, min.35: Álex. 4-0, min.50: Mara, de falta. 5-0, min.58: Jesús. 6-0, min.70: Ricardo. 7-0, min.75: Miguel. 8-0, min.82: Ricardo. Encontro de trámite para o lider que aproveitou moi ben o desorde e os ocos do contrario.

Corcubión-Mazaricos: (3-1): 1-0, min.6: Victor. 2-0, min.10: Pablo. 2-1, min.45:  Roberto. 3-1, min.75: Jose Maria ao remate dun saque de esquina. As numerosas baixas dos visitantes, até 10, foron determinantes, nun encontro igualado até que os locais sentenciaron co terceiro gol.

 

Veteráns: Xornada: 1 (2ª Fase)

Vimianzo-Coristanco: (2-1); 1-0, min.24: Litos. 1-1, min.49: García. 2-1, min.59: Litos. Partido moi igualado e con moitas ocasións por ambos bandos, pero o acerto do dianteiro local, Litos, declinou a balance en prol do equipo vimiancés.