| |
Resultados e goleadores da xornada, domingo 23 de decembro
Terceira Autonómica: Xornada: 17
Cerqueda-Muxía: (2-2); 1-0, min.2: Dani, ao paroveitar un barullo dentro da área. 1-1, min.6: O xuvenil David, de cabeza. 2-1, min.11: Anxo. 2-2, min.57: Maikel, de falta. Partido frenético de cara o gol nos primieros vinte minutos, sendo o dominio moi repartido, cabe destacar un par de ocasións máis por cada bando, a dos locais foi para Dieguito.
Na segunda metade o Muxia apoderouse do balón e consegueu o empate e incluso se puido adiantar, pero a raiz da expulsión sufrida no minuto 78 perdeu forza e os locais por medio de Nion e Anxo nos últimos minutos de encontro puideron desfacer empate.
Cabana-Lira: (1-1); 1-0, min.21: Josito, remata no segundo pau un córner. 1-1, min.64: Manoliño. Partido moi bonito o desputado nas Redondas, campo en inmellorables condicions. Na primeira parte os dous equipos demostraron estar fortes atrás, polo que as ocasións chegaron dende centros laterais e balóns parados. Froito disto destacar un remate de cabeza fóra do visitante Fran, só no punto de penalti, e outro de Manoliño preto do pau. Na segunda parte o xogo foi máis rápido e con máis ocasións para ambos equipos, destacando un remate de Manoliño nun barullo na área, e dous mans a mans, un por cada bando que pararon os porteiros.
Coristanco-Corcoesto: (5-1); Os goles locais foron obra de Súker, Lorenzo, Rubén Mallón e Blanco, mentres que o da honra visitante marcouno Héctor. Resultado un tanto desmerecido polos méritos feito polo equipo visitante que tan só puido contar con doce efectivos e sen porteiro debido as sancións coas que contaban, a meta defendeuna o xogador Pichón que nunca antes se puxera baixo paus, aínda asi o partido foi máis igualado do que reflicte o marcador.
Vimianzo-Bergantiños B: (3-1); 1-0, min.5: Sergio de Vilaseco, logo de que Raúl estrelase o balón no longueiro, remata de cabeza, para o porteiro e no segundo rexeite marca. 2-0, min.50: Iván de Treos, de cabeza na saída dun córner. 2-1, min.53: O xuvenil Alberto. 3-1, min.75: Felipe, de disparo preto da área pequena a pase de Sergio de Vilaseco. Terceira victoria consecutiva dos vimianceses que os mantén a cinco puntos do ascenso. Encontro dominado por completo polos locais que apenas deron opcións aos bergantiñáns que non mostraron as mesmas gañas, nen tiñan as mesmas necesidades cos locais por levarse os tres puntos. O partido disputouse na tarde do sábado e dende o primeiro minuto os de Vimianzo tiveron o control do balón e as mellores ocasións de gol, sobre todo nos pés de Sergio de Vilaseco que por dúas veces se plantou só ante o meta Adrián e non foi quen de marcar, outra boa ocasión foi para o central Adrián, pero o seu remate de cabeza non foi a bo porto, por parte visitante tan só cabe destacar un remate de Zalo que se foi alto. A segunda metade seguíu a mesma tónica e cando parecía que o partido se rompía co tempraneiro gol local, a resposta visitante non tardou e até que Felipe sentenciou a incertidume mantívose, aínda que máis polo marcador apretado que polo perigo que creaban os caballeses. Ao pouco de marcar o Bergantiños, Lagoa puido sentenciar, pero o seu lanzamento de falta sacouno o porteiro da mesma escadra. O locais crearon moita incertiduma da defensa local sobre todo con saques de banda e balóns parado preto da área, pero tampouco estiveron moi acertados no remate.
Santa Comba B-Dumbría "B": (5-1); 1-0, Damián. 1-1, Pablo. 2-1, Damián. 3-1, Álvaro. 4-1, Álvaro. 5-1, Álvaro. Encontro disputado o sábado 30 na Fontenla e que comezou con dúas horas de retraso ao non presentarse o árbitro no campo tendo que ser substituído por outro e que non chegou até as seis. A pesares do amplo resultado a prol dos locais o partido foi igualado e mantivo a emoción até o minuto 75 cando os locais marcaron o segundo gol e rompeuse o encontro.
Xallas-Alcaián: (6-0); 1-0, min.: MIguel. 2-0, min.: Álex. 3-0, min.: Jesús. 4-0, min.: Ovidio. 5-0, min.: Mara. 6-0, min.: Ricardo. Outro encontro de trámite para os xalleiros que tan só mantiveron a emoción durante a primiera metade que rematou co resultado de 1-0, tal como ben acontecendo nos partidos dos xalleiros, logo nas segundas partes os rivais acusan o desgaste físico e as dimensións do campo da Fontenla e acaban goleados.
Mazaricos-O Pindo: (1-0): 1-0, min.75: Ernesto. A derrota do equipo visitante procou a saída de Lestón do banquillo carnotán, que será substituído por Sieso.
Corcubión-Atl. Pereiriña: (1-0): 1-0, min.35: Pablo.
Veteráns: Xornada: 17
Vimianzo-San Lorenzo: (0-2); |
|