Historia
  Datos
  Campo
  Escudo
  Equipacións
  Directiva  
  Xogadores  
  Colaboradores  
  Crónicas  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Estatísticas  
  Outras Tempadas  
  Trofeo Neria  
  Copa  
  Maratón Fútbol 7  
  Xogadores  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Noticias  
  Liga  
  Copa  
  Fútbol Sala  
  Fotos  
   
 
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
     
 

Resultados e goleadores da xornada, domingo 16 de decembro

Terceira Autonómica: Xornada: 16

Muxía-Lira: (1-0); 1-0,  min.85: O xuvenil David, ao aproveitar un pase da morte de Maikel. Na primeira metade o Lira tivo máis o balón e gozou de dúas boas ocasións para marcar por medio de Manoliño un man a man con Luís Romaní que se foi o balón ao pau, e outro balón que colleu franco na frontal e disparou só pero fóra. Xa na segunda metade o Muxia fixo gala dunha mellor condición física e dominou o xogo, pero o Lira ben ordenado atrás, só permitou un tiro lonxano que saeu cerca da escadra de Lupi que substituiu na porta a Miguel que xogou de central, e unha falta lateral que foi mal rematada.

Cabana-Corcoesto: (5-1); 1-0, min.15: Fernando. 2-0, min.23: Josito. 3-0, min.50: Pablo Fieira. 3-1, min.61:. 4-1, min.81: Michel, de penalti. 5-1, min.85: Mochi. Foron expulsadosos xogadores visitantes Martín (M.60), o meta Siro (M.81) e Cabanas (M.86), tamén foi expulsado o local Pablo (M.86).

Coristanco-Vimianzo: (0-2); 0-1, min.20: Arán, xogada individual pola banda e remata polo pau corto sen moito ángulo. 0-2, min.90: Lagoa, aproveita un pase longo de Sergio de Quintáns e plantase só ante o meta Pombo. Encontro cómodo para os visitantes que dominaron dende o primeiro minuto até o último. Na primeira metade os locais non remataron unha vez á porta defendida por Damián, mentres que polos visitantes Arán, Sergio de Vilaseco, Pablo Pereira e Lagoa puideron marcar. Na segunda parte o guión foi similar, tan só que os locais tiveron dúas ocasións de gol, unha de Lorenzo cun remate de cabeza frouxo ás mans do porteiro e outra de Mallón que no man a man Damián desviou ao pau, esta puido ser a xogada clave, pois suporía o empate a falta de quince minutos para o remate. Aínda asi anteriormente, tanto Arán como Sergio de Vilaseco fallaron varias ocasións de gol, e xa na recta final, Iván de Treos tivo dous remates de cabeza para poñer máis diferencia no marcador.

Bergantiños B-Santa Comba "B": (2-3); 0-1, min.3: Pablo Rivas, empuxa o balón na liña de gol logo dun remate dun compañeiro. 1-1, min.8: Iván Pena. 2-1, min.34: Pablo Rivas, en posible fóra de xogo. 2-2, min.40: Iván Pena. 2-3, min.51: Daniel, de falta directa. Encontro disputado no campo de terra das Eiroas na tarde do sábado e que mantivo a emoción até o final. A primiera metade foi moi igulada e con moitos goles, so locais pediron un penalti a Marcos no minuto 5. Na segunda metade o filial de Santa Comba estivo mellor, pero a falta de puntería de Daniel fixo que se mantivera a incertidume até o final. O visitante Marcos tivo que abadoar o terreo xogo no minuto 27 por unha rotura de fibras, tamén se volveu a lesionar de fibras Pío. Foi expulsado o xogador local Diego, min.89, aínda que o árbitro non recolleu a expulsión na acta.

Dumbría "B"-Xallas: (0-3); 0-1, min.55: Jesús. 0-2, min.70: Álex. 0-3, min.80: Álex. Os locais tan só puideron facer fronte na primeira metade, unha vez que encaixaron o primeiro gol arriscaron en defensa, aproveitando ben os ocos o Xallas.

Alcaián-Mazaricos: (2-1); 0-1, min.2: Ernesto. 1-1, min.46: Rubén. 2-1, min.53: Rubén. Os locais conseguiron a segunda vitoria da tempada e de forma consecutiva ronte a un dos aspirantes ao ascenso. O encontro non foi moi vistoso e o xogo moi directo, o Alcaián tivo as mellores ocasións sobre todo na primeira metade por medio de Iván, sacou un contrario o balón da liña de gol (M.5), Gago e Iván Castro, por parte visitante Ernesto tivo a melior. Na segunda parte pouco houbo que destacar máis que os goles. Foi expulsado Sergio (Mazaricos, min.70)

O Pindo-Corcubión: (0-1): 0-1, min.53: Mario en propia porta tras remate de Penedo. Encontro adiantado a xornada do sábado e xogado no recén remodelado campo de Lómbans. A encontro foi moi igualado e disputado, sendo a primiera parte máis aberta e con máis ocasións, sobre todo para o equipo local, pero Hugo por dúas veces non foi quen de marcar en inmellorable situación, por parte visitante a mellor foi para Senén. Na segunda parte os visitantes a contra e con dez crearon máis perigo e marraron dúas boas ocasións, unha de Víctor e unha pena máxima que desaproveitou Penedo (M.70). O visitante Luís foi expulsado no minuto 30 por protestar un forte codazo que lle cortou un beizo.

Atl. Pereiriña-Cerqueda: (0-5): 0-1, min.5: Rivera, ao rematar un saque de esquina. 0-2, min.50: Anxo. 0-3, min.60: Dieguito.0-4, min.72: Anxo. 0-5, min.82: Anxo. A primeira metade foi dominada polo Cerqueda, con innumerables ocasións de gol, as máis claras tres balóns ás espaldas dos centrais, a primeira de Anxo (M.25) que ante a saída do porteiro manda o balón ao longueiro, este mesmo xogador dez minutos despois lanzou dende fóra da área a rentes do pau e a última de Dani (M.45) que só co porteiro no punto de penalti intenta unha baselina que corta o meta. Na segunda metade o guión foi moi parecido, cun Cerqueda máis acertado. Os locais puideron meterse no partido se acertaran a marcar nun balón que foi ao longueiro e botou na liña de gol cando o marcador era de 0-1.

 

Veteráns: Xornada: 16

Bertoa-Vimianzo: (5-1);