| |
Resultados e goleadores da xornada, domingo 9 de decembro
Terceira Autonómica: Xornada: 15
O Pindo-Atl. Pereiriña: (3-2); 0-1, min.2: Cobas. 1-1, min.51: Hugo. 2-1, min.67: Hugo. 3-1, min.69: Nano. 3-2, min.88: Cobas. A primiera parte foi igualada, na segunda os locais saíron máis decididos a levarse os tres puntos. Os visitantes reclamaron o segundo gol local por entender que foi ilegal.
Alcaián-Corcubión: (3-2); 0-1, min.2: Penedo, de penalty. 1-1, min.44: Rubén. 1-2, min.55: Gustavo. 2-2, min.65: Gago. 3-2, min.75: Gago. Partido moi disputado no que o equipo local deu a sorpresa conseguindo a primeira victoria da tempada. Na recta final do encontro os locais puideron incrementar o seu casilleiro pero Ismael non foi quen de bater ao porteiro nun man a man.
Dumbría B-Mazaricos: (1-1); 1-0, min.55: Pablo. 1-1, min.75: Esteban Pereiro. Primeira metade de dominio visitante pero nin Esteban Pereiro, Ernesto e Ventura conseguiron marcar. Logo, na segunda metade, os locais melloraron e acadaron poñerse por diante no marcador. O visitante Sancho tivo nos últimos intres unha boa ocasión para marcar, pero o seu tiro foise ao pau.
Xallas-Bergantiños B: (4-1); 1-0, min.20: Manuel Ángel. 2-0, min.35: Jesús. 3-0, min.60: Ovidio. 3-1, min.75: Renato. 4-1, min.85: Ovidio. Os locais mostraron un partido máis que son equipo dunha categoría superior.
Coristanco-Santa Comba B: (1-4); 0-1, min.27: Marcos Negreira. 0-2, min.35: Diego Arnejo. 1-2, min.63: David. 1-3, min.87: Diego Arnejo. 1-4, min.92: Damián. Os visitantes dominaron os primeiros 45 minutos, nos que Diego Arnejo puido anotar dous tantos máis. Co 1-2, o Coristanco reacionou, pero nen David nen Mallón acertaron ante a portería rival e foi cando se decantou o encontro.
Cabana-Vimianzo: (3-6); 1-0, min.3: Josiño, bate no man a man a Damián. 1-1, min.9: Ezequiel, centro-chut lateral que se cola pola escuadra.1-2, min.11: Arán, que se revolve dentro da área pequena e coloca o balón ao pau. 2-2, min.45: Mochi, de penalti. 2-3, min.48: Lagoa, cun remate a media volta e con pouco ángulo. 2-4, min.55: Pablo Pereira. 2-5, min.67: Sergio de Vilaseco. 2-6, min.86: Sergio de Vilaseco. 3-6, min.88: Diego Eiroa, de forte disparo dende fóra da área. Partido moi entretido e emocionante xogado no renovado campo das Redondas que están nun estado inmellorable para a práctica do fútbol, non se pode decir o mesmo do tamén renovado municipal de Vimianzo. A primeira metade foi moi igualada e con dominio alterno aínda que as mellores ocasións foron para os visitantes, cun tiro de Lagoa ao a cepa do pau, un man a man de Sergio de Vilaseco e un posible penalti a Arán. A nova negativa desta primiera metade foi a lesión do local Sergio que tivo que abandoar o campo no minuto 15, cunha forte dor no seu xeonllo dereito, logo dun mal xiro. A segunda metade segueu coa mesma tónica, o locais xogando balóns longos a Míchel que buscaba faltas e balóns parados cerca da área visitante e os visitantes xogando as contras aproveitando os ocos da defensa cabanesa. A xogada clave do encontro foi o penalti sinalado polo árbitro no minuto 58 ao meta visitante, Damián, por atrapar un balón dentro da área pequena, deixando entre el e o balón o dianteiro Mochi, que non é derribado nen obstruído. A pena máxima foi lanzada por Mochi e desta vez Damián consegue desviar o seu lanzamento, xa estivera a piques de parar o primeiro penalti, o rexeite foi a cabeza de Míchel e de novo Damián conseguíu desviar nun boa intervención, no caso de marcar os locais poríanse a un gol do empate e xogarían cun home máis, pois das protestas do penalti resultou expulsado o adestardor-xogador Raúl. A inferioridade numérica e a parada do penalti motivou aínda máis aos visitantes que en dúas contras sentenciaron o encontro e non deron opcións a reacción local.
Muxía-Corcoesto: (2-0): 1-0, min.13: Cabejo, aproveita un balón morto logo dun córner. 2-0, min.45: José Manuel. Os locais foron moi prácticos e aproveitaron as poucas ocasións que tiveron, os visitantes estiveron máis pendentes das decións arbitrais que do balón. Foron expulsados Pablo Vázquez (Corcoesto, min. 65) e Breo (Muxía, min.75).
Lira-Cerqueda: (4-0): 1-0, min.27: Manoliño. 2-0, min.65: Fran Perico. 3-0, min.85: Manoliño. 4-0, min.90: Fran Perico. Partido dominado polos locais que rematou cun 4-0 pero puido ser mais abultado. Na primeira metade o Cerqueda tivo o vento a favor, pero ainda asi non puido dominar a pelota que tivo máis tempo no seu poder o Lira. Isto propiciou que o Lira dispuxese das oportunidades con balóns entre os centrais e a espalda da defensa visitante. Froito disto cabe destacar un man a man de Fran Perico co porteiro que resolveu ben Diego que tivo que volver a aplicarse nun tiro de Germán dende a frontal.
Na segunda parte co vento a favor o Lira apoderouse por completo do balón e os dianteiros locais gozaron de tres mans a mans, un Fran Perico e outros dous Manoliño para por máis distanza no marcador.
O Lira reclamou dúas penas maximas (M.30 e M.65). No lira debutaron, Teo, irmá de Manoliño, provinte do louro e Sil no banco.
Veteráns: Xornada: 15
Cabana-Vimianzo: (0-4); Un partido de claro dominio visitante con varias ocasións de gol por parte de Monchiño e Litos e tamén dous penaltis moi claros que, ainda que estaba moi preto, o árbirto non quixo ver, e ainda que as chegadas eran claras e continuas, con un fútbol bastante directo,
o Vimianzo non foi quen de facer o primeiro gol ata o minuto setenta no que tras un moi bo pase de Ovidio culmina Félix de forma maxistral. Logo foi litos que nunha xa clásica xogada súa no frontal da área de amago, recorte e tiro ca esquerda logra poñer no marcador o 0-2 (M.78), xa de seguido no oitenta e cinco nun balón largo que chega as inmediacións da área pequena , engancha, sen que chege a botar a bola, unha boa bolea cruzada o fondo das mallas que se coverte no segundo na conta de Litos e o terceiro para o Vimianzo; e xa nos últimos instantes do partido unha internada na área a base de regates de Monchiño fai o definitivo 0-4.
|
|