| |
Resultados e goleadores da xornada, domingo 2 de decembro
Terceira Autonómica: Xornada: 14
Cerqueda-O Pindo: (3-1); 0-1, min.27: Manolo. 1-1, min.35: Iván. 2-1, min.45: Lista. 3-1, min.65: Anxo.
Partido moi disputado por ambos equipos, repartíndose o dominio, na primeira parte para o Cerqueda e a segunda para O Pindo. Os dous equipos adaptaronse a xogar mellor co vento en contra, pero apenas crearon ocasións de gol.
Atl. Pereiriña-Alcaián: (3-2); 1-0, min.1: Cobas. 2-0, min.25: Chafa. 2-1, min.35: Martín. 2-2, min.65: Martín. 3-2, min.90: Néstor. Vitoria histórica do Atl. Pereiriña, pois é a primeira do club recentemento fundado. Na primeira metade os locais foron superiores, pero na segunda metade os visitantes con marcador en contra foron a polo empate e puideron marcar algún gol máis, pero nos últimos intres deixaron escapar un punto.
Corcubión-Dumbría B: (1-2); 0-1, min.57: Ramiro. 0-2, min.61: Ramiro. 1-2, min.65: Víctor, de penalti.
Partido moi polémico e marcado polas decisións arbitrais. A primeira metade foi igualada, pero cun equipo visitante moi serio no medio campo e saíndo a contra, asi marcou os dous goles. O penalti pitado aos locais foi inexistente, mentres que non pitou outro moi claro e que debía supor a expulsión do porteiro por unha patada na cara a José que tivo que retirarse do encontro. Foron expulsados Víctor por parte local, con cartón vermello directo, logo dunha trifulca ao iren buscar o balón ao fondo da rede despois de marcar o penalti e tamén o visitante Picallo nesa mesma xogada por dobre amoestación, tamén sería expulsado o visitante Samuel, min.80.
Mazaricos-Bergantiños B: (4-0); 1-0, min.10: Esteban Pereiro. 2-0, min.25: Luís. 3-0, min.55: Luís. 4-0, min.75: Ernesto. Dominio absoluto dos locais que non tiveron traballo defensivo, pois os begantiñáns tan só chegaron unha vez a súa porta.
Xallas-Coristanco: (4-0); 1-0, min.30: Álex. 2-0, min.50: Mara. 3-0, min.65: Jaime. 4-0, min.75: Ovidio. Encontro sen historia e cun dominador absoluto como ven sendo habitual nos partidos do Xallas. O meta visitante Jack, parou unha pena máxima a Álex (M.5). O Coristanco tan só tivo unha ocasión de gol.
Santa Comba B-Cabana: (2-0); 1-0, min.5: Diego Arnejo, que reapareceu logo de dous meses lesionado. 2-0, min.15: Pablo Rivas. Partido xogado o domingo ás 12 da mañá e que tan só tivo interese nos primeiros quince minutos, co segundo gol local e a expulsión do visitante David Sande o partido tivo como único dominador ao Santa Comba B que desperdiciou numerosas ocasións para marcar. Foi expulsado David Sande (Cabana, min.22)
Vimianzo-Muxía: (1-2): 0-1, min.7: Gerardo, de penalti feito a Miguel. 0-2, min.75: Joan, ao bater no man a man a Damián. 1-2, min.88: Arán, marca no segundo pau, libre de marca, un centro lateral. Os muxiáns plantexaron un partido moi serio dende o principio e mantiverono até o final non dando opcións aos atacantes locais. Os visitantes encontráronse cun rápido marcador a favor, nun penalti protestado polo equipo local ao entenderen que non houbo contacto. Os vimianceses tentaron repoñerse e tres minutos despois do gol tiveron dúas inmellorables ocasións para empatar, primeiro Mañana Castro anulou un gol totalmente legal po interpretar fóra de xogo e logo Iván de Treos rematou alto só coa porta valeira. No minuto 18, o visitante Maikel tivo unha boa ocasión para sentenciar, pero o seu remate de cabeza sacouno baixo paus Camilo. No minuto 36, os muxiáns reclamaron un gol anulado a Maikel por interpretar o colexiado que se levara o balón coa man e xa na reta final da primiera metade o local Arán lanzou unha falta a cepa do pau que sacou moi ben Luís Romaní que desta xogou de porteiro. Na segunda metade foi un querer e non poder por parte local, os visitantes non perderon a orde e apenas deixaron ocos que aproveitar polos vimianceses, agás o remate de gol.
Corcoesto-Lira: (1-1): 1-0, min.3: Remate de cabeza de Cabana que parou o meta Miguel, pero o rexeite trata de despexalo un defensa visitante, pero o balón empacta na cara do meta e acaba entrando, mentres que o porteiro tivo que abandoar o partido. 1-1, min.70: Popeye. Partido moi directo e disputado entre ámbolos conxuntos.
As mellores ocasións foron para Manoliño por parte visitante e de Edelmiro por parte local, que non conseguíu a rematar un balón morto na área pequena.
Foron expulsados o adestador visitante máis o xogador Herminio, min.80.
|
|