| |
Resultados e goleadores da xornada, domingo 25 de novembro
Terceira Autonómica: Xornada: 13
Alcaián-O Pindo: (0-0); Encontro dominado por completo polo equipo local que fixo moitos máis meritos para levarse a vitora. O dianteiro local Martín gozou de dúas boas ocasións para marcar, ao igual que os seus compañeiros Gago, Diego e Iván Castro. Os locais protestaron dúas penas máximas, unha por mans dentro da área e outro por unha falta a Martín, as dúas mediada a segunda metade.
Dumbría B-Atl. Pereiriña: (2-2); 0-1, min.515: Rubén Villar, de penalti. 2-0, min.30: Chafa. 2-1, min.75: Yenki. 2-2, min.80: Pablo. Boa primiera metade dos visitantes que sorprenderon cun 0-2 a media hora. Na segunda metade os locais reaccionaron e conseguiron empatar e malograron ocasións para levarse os tres puntos.
Bergantiños B-Corcubión: (0-2); 0-1, min.15: Gustavo. 0-2, min.65: Andrés.
Partido xogado en Malpica despois de facelo o Cerqueda. O Corcubión saíu moi forte e aos dez minutos xa fallara unha pena máxima, o meta local parou o lanzamento de Gustavo. No minuto 30 e 35 puideron sentenciar Penedo e Diego. Na segunda metade os bergantiñas puxeron empeño en acadar o empate, pero nen Rui, nen Jhon Saar estiveron atinados cara ao gol. Foron expulsados Antonio García (Bergantiños B, min.35) e os visitantes Agulleiro (min.40) e Diego Lojo (min.85)
Coristanco-Mazaricos: (0-1); 0-1, min.20: Ventura de forte disparo dende fóra da área que bate no pau. Partido igualado tanto na primeira como na segunda metade. Os locais están a acusar as numerosas baixas que ten o equipo, aínda que puideron marcar en dous lanzamentos de falta que se foron o pau, un na primeira metade de Suker, e outro xa no treito final de Marcos. A nota negativa do encontro foi a lesión do visitante Marcos, que foi examinar o seu nocello a Clínica a Rosaleda e non lle observaron máis que un esguince, que posteriormente na análise do Hospital Xeral se converteu nunha rotura parcial de ligamentos e un desprazamento óseo.
Cabana-Xallas: (1-5); 0-1, min.16: Miguel. 0-2, min.40: Álex. 1-2, min.59: Míchel, de penalti. 1-3, min.77: Ovidio. 1-4, min.81: Jesús. 1-5, min.85: Ovidio. O líder dominou os 90 minutos e non deu ningunha opción aos cabaneses. Foi expulsado Iván (Xallas, min.60).
Muxía-Santa Comba B: (2-0); 1-0, min.45: O xuvenil David, remata na área un balón morto peinado de cabeza por Sergio. 2-0, min.50: José Manuel, aproveita un erro do meta visitante no centro dun córner. Os goles psicolóxicos do Muxía romperon o encontro. Os visitantes tentaron reaccionar, pero non chegaron a inquedar a meta defendida polo polivalente Luís Romaní, pois fixo tamén de adestrador ao estar de viaxe Papi.
Lira-Vimianzo: (0-0): Encontro feo de cara aos escasos espectadores, favorecido en boa parte polo forte vento e polas irregularidades do estado do campo. A primeira metade foi por completo do equipo visitante, pois tiña o vento a favor, o que fixo que o Lira non chegara a inquedar unha soa vez a meta defendida por Damián. Os Vimianceses non souberon aproveitar ben o factor vento e tan só inquedou con dous disparos de Iván de Baiñas que se foron fóra (M.19 e 30) e tiveron numerosas imprecisións ao borde da área e boas situacións para crear perigo. Na segunda metade o vento non amainou, pero os visitantes souberon adaptarse mellor e tiveron as mellores ocasións para marcar, unha falta botada por Lagoa que se foi fóra por pouco (M.48), unha falta de Adrián que parou en dous tempos Miguel (M.63) e a mellor ocasión tivoa Sergio de Vilaseco que no man a man atopouse coa luva de Miguel (M.74). Os locais co vento a favor fixeron un xogo moi directo e pouco efectivo, a mellor ocasión tivoa Germán cun remate de cabeza ao longueiro (min.41).
Cerqueda-Corcoesto: (1-1): 0-1, min.25: Toñito, de cabeza ao rematar un centro de falta. 1-1, min.80: Soneira, aproveitando un rexeite do meta Siro a tiro de Adrián. O Corcoesto estivo mellor na primeira metade, pero as expulsións foron descentrando aos visitantes que acabaron máis pendentes de marcar ao colexiado que aos rivais. No minuto 70 reclamaron unha pena máxima por derribo de Cabana, e as protestas provocaron a expulsión de Luís. Foron expulsados os visitantes Longo (min.38) e Luís (min.73), tamén foi amoestado con cartón vermello unha vez finalizado o encontro Pablo Vázquez.
.
Veteráns: Xornada: 13
Dep. Carballo-Vimianzo: (0-0);
|
|