Partido de trámite do Fisober ante o Mesón Rio Ulla B
Fisober-Mesón Río Ulla B: (11-1); 0-1 BARCA TOBA (min. 10). 0-2 OLAYA VERES (min. 20).
2-1 BEGOÑA FERNANDEZ (min. 10).
2-2 CLARA SEOANE (min. 20).
3-2 BEGOÑA FERNANDEZ (min. 24)
Duro encontro para o Fisober en Brión, onde perdeu un partido que tiña gañado a falta de cinco minutos para o final.
As locais apoiadas no seu poderío físico propuxeron xa dende o principio un alto ritmo de partido, presionando a saída do Fisober e tendo claras ocasións de gol, que Paula Lema desbaratou. Os primeiros minutos non tiveron un claro dominador, sendo un partido moi aberto. Antes do remate da primeira parte dous contragolpes moi ben lavados déronlle o Fisober a vantaxe de 0-2, goles obra de Barca e Olaya. Asi se chegou o descanso cun resultado moi favorable para as da Costa da Morte aínda que non reflexaba a igualdade desta primeira parte.
A segunda metade foi un calco da primeira, ocasións polas dúas bandas e moi boa actuación das porteiras. O Fisober tivo algunha ocasión para sentenciar o partido pero non foi así e no minuto 10 o Brión conseguía o 1-2 e apretaba o partido. Todo o peor estaba por pasar porque a 5 minutos para o final o Brión conseguía o empate e a falta de un establecía o 3-2 definitivo tras sendos contragolpes.
Este resultado é un paso atrás para o Fisober, xa que tiña opción de colocarse no liderado, e ademais equipos tan fortes como o Riter e o Cimans empátanlle a puntos na segunda praza da clasificación.
O próximo sábado o Fisober enfróntase ante a Fervenza B no Pavillón Municipal de Vimianzo. |