Historia
  Datos
  Campo
  Escudo
  Equipacións
  Directiva  
  Xogadores  
  Colaboradores  
  Crónicas  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Estatísticas  
  Outras Tempadas  
  Trofeo Neria  
  Copa  
  Maratón Fútbol 7  
  Xogadores  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Noticias  
  Liga  
  Copa  
  Fútbol Sala  
  Fotos  
   
 
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
     
 

Resultados e goleadores da xornada, domingo 18 de novembro

Terceira Autonómica: Xornada: 12

Alcaián-Cerqueda: (2-2); 0-1, min.20:  Victor, tiro desde a frontal da área. 1-1, min.35: Rubén. 2-1, min.41: Gago. 2-2, min.66: Victor, centro chut dende a banda dereita que se cola pola escadra. O Cerqueda saíu mellor na primiera metade e froito dese dominio veu o primeiro gol, o raíz desta desvantaxe os locais foronse ao ataque e pouco a pouco foron apropiandonse do balón, conseguindo darlle a volta ao marcador. Na segunda metade o  Alcaian tratou de defender a mínima vantaxe e aproveitar os espazos que deixaba a adiantada defensa visitante, pero apenas hai ocasións por ambos equipos. Foi expulsado Marcos (Cerqueda, min.88) , por dobre cartón amarelo.

Dumbría B-O Pindo: (2-1); 1-0, min.55: Pablo. 2-0, min.65: Pablo. 2-1, min.81: Miguel. Encontro disputado na tarde do sábado e no recén estreado campo do Conco. Os locais levaron o peso do encontro e para eles foron as mellores ocasións, hasta catro tiveron na primiera metade para marcar, pero non sería até a segunda metade cando se adiantarían. A segunda parte tivo un guión similar aínda que houbo menos perigo de gol por ambas partes. Foi expulsado Ferrer (O Pindo, min.50).

Atl. Pereiriña-Bergantiños B: (1-3); 0-1, min.2: Upi. 0-2, min.40: Upi. 0-3, min.70: Roger. 1-3, min.88: Rubén Villar. Encontro moi igualado e no que o maior acerto rematador dos visitantes foi fundamental para que se levaran os tres puntos. A primeira parte foi de dominio visitante e na segunda os locais reaccionaron e tiveron tres boas ocasións para marcar.

Corcubión-Coristanco: (2-1); 1-0, min.20: Víctor, bate por baixo ao porteiro no man a man. 1-1, min.60: Lorenzo, ao rematar un saque de córner. 2-1, min.78: Víctor. O Coristanco tivo o control do balón e o Corcubión creo as ocasións de gol. Penedo, Gus, Carrillo e Víctor dispuxeron de boas ocasións para marcar por parte local, pero encontraronse conj boas actuacións do meta Pombo. Foi expulsado o xogador visitante Rabuñal no minuto 85.

Mazaricos-Cabana: (1-1); 1-0, min.44: . 1-1, min.65: Míchel. Partido de moi pouco fútbol moi marcado polo forte vento e choiva que azotou o descapado terreo de xogo da Peña de Ouro.

Xallas-Muxía: (3-1); 1-0, min.20: Jesús. 2-0, min.50: Jesús. 3-0, min.70: Miguel. 3-1, min.85: Josiño. Partido frío e apático que se contaxiou do mal tempo. O Xallas fixo un fútbol práctico e efectivo e aínda puido marcar algún gol máis por medio de Alejandro e Jesús en dúas veces, pero dunha vez esvarou cando tan só tiña que empurrar o balón e noutra atopouse co longueiro.

Santa Comba B-Lira: (2-0): 1-0, min.60: Alberto, de cabeza na saída dun córner. 2-0, min.87: Pablo Framil. Encontro adiantado ao sábado que dominou por completo o equipo local, aínda que non creou numerosas ocasións de gol, sobre todo na primeira metade onde xogou un fútbol moi directo e basou o seu ataque en saques a balón parado, pero Matías por dúas veces non acertou a marcar. Na segunda metade o Lira tivo unha boa ocasión para adiantarse, pero o debutante Manoliño non aproveitou o pase da morta de Javi (M.50), tamén debutou no Lira, Freire, ámbolos dous procedentes do Monte Louro. Dado que o Lira tan só contou con doce xogadores, a medida que foron pasando os minutos foi acosando o desgaste dun campo tan grande e os locais crearon varias ocasións de perigo, a mellor unha falta que sacou o porteiro Miguel da escadra.

Vimianzo-Corcoesto: (3-1): 0-1, min.26: Rodri. 1-1, min.32: Sergio de Quintáns, ao rematar de cabeza no segundo pau un saque de esquina de Lagoa. 2-1, min.52: Edelmiro peina para atrás un saque de banda de Lagoa colandose o balón na escadra. 3-1, min.77: Sergio de Quintáns, ao rematar de cabeza no segundo pau un saque de esquina de Lagoa. O equipo local volveu a encadear dúas vitorias seguidas que non o facía dende as dúas primeiras xornadas co que sube ao cuarto posto da clasificación. O Vimianzo xogou un encontro moi serio de principio a fin tendo o control do balón e numerosas ocasións de gol. Xa no primiero minuto Lagoa lanzou dende fóra da área e fixo lucirse ao meta Siro. Despois empezou o recital de Sergio de Quintáns que marcou dous goles, pero puideron ser algún máis, no minuto 11 so con Siro non foi quen de marcar, no minuto 18, non chega a rematar na liña de gol un centro de Arán, no minuto 30 remata a media volta e fixo estirarse a Siro para desviar a córner, xa na segunda metade, no minuto 48, un centro lateral de Lagoa colóuselle por entre as pernas, cando tiña a porta valeira e por último enviou un balón a cruceta (M.53), Pablo Pereira tamén dispuxo dunha boa oacasión para marcar (M.67). Polo bando visitante, Pichuco puido empatar cun lanzamento de falta que desviou Damián a córner (M.64) e logo cunha volae dende fóra da área que desviou de novo Damian. Co terceiro gol acabouse a tensión do encontro.

 

Veteráns: Xornada: 12

Vimianzo-Nantón: (0-1);