Historia
  Datos
  Campo
  Escudo
  Equipacións
  Directiva  
  Xogadores  
  Colaboradores  
  Crónicas  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Estatísticas  
  Outras Tempadas  
  Trofeo Neria  
  Copa  
  Maratón Fútbol 7  
  Xogadores  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Noticias  
  Liga  
  Copa  
  Fútbol Sala  
  Fotos  
   
 
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
     
 

Resultados e goleadores da xornada, domingo 11 de novembro

Terceira Autonómica: Xornada: 11

Dumbría B-Alcaián: (2-0); 1-0, min.25: Suso. 2-0, min.40: Pablo. Os locais levaron o control do partido durante os noventa minutos, aínda que o Alcaían mostrou boas maneiras e nunca dou o encontro por perdido. Os locais reclamaron dúas penas máximas por falta ao seu dianteiro Martín. O xogador de campo, Iván, tivo que xogar baixo paus pola ausencia do porteiro.

Bergantiños B-O Pindo: (0-4); 0-1, min.10: Carlos. 0-2, min.50: Hugo. 0-3, min.67: Nano. 0-4, min.81: Piquero. Partido controlado en todo momento polo Pindo que puido marcar algún gol máis.

Coristanco-Atl. Pereiriña: (4-0); 1-0, min.25: Toniño. 2-0, min.55: Toniño, de penalti. 3-0, min.70: Toniño. 4-0, min.80: David. Encontro disputado en Buño. A primeira parte foi bastante igualada e con ocasións para os dous equipos, aínda que as máis claras serían para os locais, sobretodo a raíz do primeiro gol do encontro. Na segunda metade os visitantes baixarían o nivel físico mostrado na primeira parte e un Coristanco moi superior marcou tres goles máis. Foi expulsado o local Ruíz (M.18)

Cabana-Corcubión: (2-4); 0-1, min.3: Pablo Lestón. 0-2, min.10: Víctor. 1-2, min. 31: Fernando. 2-2, min.36: Josito. 2-3, min.53: Víctor. 2-4, min.71: Penedo. Foron expulsados o visitante David (M.75) e o local Josito (M.80), ambos por dobre amonestación.

Muxía-Mazaricos: (1-1); 1-0, min.25: Álvaro. 1-1, min.65: Ernesto. Partido marcado polas numerosas baixas coas que contou o equipo local. Por sanción non puideron xogar Breo, Michael, Pesqui, Luís Romaní e Gerardo, mentres que por lesión faltaron Dimas, Ziro, Vitorino, Cabejo e Josiño. Estas baixas fixo que tiveran que xogar catro xuvenís. O partido foi lento e sen apenas ocasións de gol. Para os visitantes tan só destarcar un lanzamento ao longueiro de Sarri (M.90). Os locais protestaron varios fóras de xogo que entenderon que non se produciran e que ocasionaban clara ocasións de gol, tamén reclamaron unha pena máxima a José Manuel. No último suspiro de encontro Simón puido darlle os tres puntos aos da casa, pero elevou demais ante a saída do porteiro.

Lira-Xallas: (0-0); Encontro moi igualado na primeira metade, na que o equipo local apostou por unha estratéxia ofensiva, por parte local puido marcar Javi, pero o meta Herrera parou ben, para os viitantes puideron marcar Álex e Jaime. Na segunda parte o Lira puido adiantarse por medio de Toni, pero no man a man, Herrera sacoulle o balón dos pés. A partires do minuto 65, os visitantes colleron as rendas do encontro e para eles foi o dominio e as ocasións, no minuto 75 puido marcar Jaime, pero o meta Miguel parou o seu disparo. No minuto 80 producíuse a xogada polémica do encontro ao derribaren na frontal da área ao xalleiro Jesús que o colexiado non viu nen dentro nen fóra da área, para os visitantes foi un claro penalti. Xa na reta final do encontro, o meta local volveu a salvar un punto ao sacar na liña de gol un remate de Jesús. O Lira vén de fichar a Manoliño, Freire e o meta Lupi, que ata semana pasada eran xogadores do Monte Louro.

Corcoesto-Santa comba B: (0-0): Os Visitantes mostraron unha mellor condición física que non foi suficiente para bater a un equipo local que tivo como mellor aliado o seu campo, pois non favoreceu a estilo de xogo dos xalleiros. Por parte local a mellor ocasión do encontro foi para Pichuco, no minuto 30, por parte visitante a mellor ocasión para gañar o encontro tivérona no minuto 70.

Cerqueda-Vimianzo: (0-2): 0-1, min.57: Lagoa, cunha forte volea dende o vértice esquerdo da área, colandose o balón pegado ao pau contrario. 0-2, min.81: Iván de Treos cun remate de cabeza nun córner. Encontro de pouca calidade na que as individualidades e as xogadas a balón parado decidiron en prol dos visitantes. A primeira metade foi de dominio visitante que crearon tímidas ocasións de gol en sendos remates de cabeza de Sergio de Vilaseco e de Iván de Treos. Na segunda parte os vimianceses, máis presinados en conseguir os tres puntos, foron a pola vitoria con máis vontade que xogo e puideron marcar algún gol máis cun lanzamento de Lagoa ao longueiro e un disparo axustado ao pau de Pablo de Quintáns. Por parte local Nión tivo a mellor ocasión cun forte disparo dentro da área que se encontrou cunha excelente parada do meta Damián (M.65).

 

Veteráns: Xornada: 11

Malpica-Vimianzo: (2-4);