Historia
  Datos
  Campo
  Escudo
  Equipacións
  Directiva  
  Xogadores  
  Colaboradores  
  Crónicas  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Estatísticas  
  Outras Tempadas  
  Trofeo Neria  
  Copa  
  Maratón Fútbol 7  
  Xogadores  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Noticias  
  Liga  
  Copa  
  Fútbol Sala  
  Fotos  
   
 
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
     
 

Resultados e goleadores da xornada, domingo 4 de novembro

Terceira Autonómica: Xornada: 10

Dumbría B-Cerqueda: (0-1); 0-1, min.40: Nion. Encontro disputado no renovado campo do Conco. Na primeira parte o partido foi moi disputado, con ocasións de gol claras para ámbolos equipos. Por parte do Dumbria, tiveron un disparo dende fóra da área que se estrelou na cepa dun poste, paseose por diante da meta, tocou no outro e saíu para o campo (M.12) e outra cun centro chut que toca no longueiro e rebotou na liña de gol e finalmente despegou un defensa do Cerqueda (M.28). Por parte do Cerqueda, a parte do gol, tivo unha boa ocasión Nion que estrelou un balón no longueiro (M.24). Na segunda parte o Cerqueda notou en exceso o partido xogado o xoves en Muxia e o Dumbría fíxose co dominio do encontro pechando ao Cerqueda no seu campo. Entre os desacertos dos dianteiros dumbrieses, o bo facer defensivo do Cerqueda e a inconmesurable actuación do porteiro Diego, salvando dous man a man, fixeron que os visitantes conseguiran a súa primeira vitoria a domicilio e a segunda da tempada. O visitante Iván puido poñer a sentencia ao encontro no minuto 80, pero o meta Sergio desbaratou o man a man.

Alcaián-Bergantiños B: (1-2); 1-0, min.1: Rubén. 1-1, min.20: Jhon Saar. 1-2, min.85: Jhon Saar. Os locais plantaron cara en todo momento aos carballeses, e tiveron varias ocasións para levarse o partido, pero nen Martín (2), García, Iván Castro, ao longueiro, e Rubén foron capaz de marcar. Debutou cos locai Luís, para semana debutará o porteiro Miguel. Os locais acabaron moi molestos coa actuación do árbitro, pois entenderon que no segundo gol o dianteiro Jhon Saar estaba en claro fóra de xogo. Foi expulsado o visitante Pitu, aínda que o colexiado non o reflexou en acta.

O Pindo-Coristanco: (2-1); 0-1, min.25: Lorenzo. 1-1, min.45: Nano. 2-1, min.60: Piquero. Partido xogado en Lira no que os visitantes empezaron moi forte con dúas ocasións moi claras de Toniño que se marcharon rozando o pau, aínda que o gol do Coristanco chegaría máis tarde por medio de Lorenzo tras un rexeite nun corner. A partir de ahí O Pindo foise arriba e conseguiu o empate no último instante da primeira parte, nunha xogada na que os visitantes protestarían por entender que o balón saíra pola liña de fondo. Xa no comezo da segunda metade, os locais seguiron apretando e conseguirían remontalo partido cun tiro dende fóra da área tras unha xogada individual; xa no treito final o Coristanco puido empatar por medio de Genucho pero fallou no man a man, e O Pindo puido sentenciar o partido con contras moi claras xa cando os visitantes estaban volcados. Foi moi discutida a actuación arbitral, sobretodo por parte visitante.

Atl. Pereiriña-Cabana: (0-2); 0-1, min.23: Fernando. 0-2,min.89:  David Rama, de penalti. Partido moi disputado, no que o Pereiriña cedeu o balón aos visitantes e xogou ao contragolpe. O Cabana  desperdiciou unha pena por medio de David Blanco, como consecuencia do penalti foi expulsado o meta local Simón (M.70).

Corcubión-Muxía: (4-3); 0-1, min.10: Gerardo. 1-1, min.55: Pablo Lestón. 2-1, min.65: Penedo. 2-2, min.68: Gerardo. 2-3, min.75: Cabejo. 3-3, min.82: Penedo, de penalti. 4-3, min.86: Penedo. Encontro moi vistoso e con moitos goles na que calquera dos dous equipos puido gañar, ao final a vitoria foi para os locais. Os visitantes marcharon moi enfadados por entender que no penalti que deu lugar ao terceiro gol non existira falta e o cuarto gol foi precedido dun clamoros fóra de xogo que incluso recoñeceu o autor do gol. Foron expulsados os visitantes Pesqui (M.87) e Luís Romaní (M.90).

Mazaricos-Lira: (2-1); 0-1, min.75: Manolo, remata a porta baleira un pase da morta de Fran que fixo unha boa xogada individual. 1-1, min.83: Sergio ao rematar no segundo pau co pé un saque dun córner. 2-1, min.91: Sarri, remata dende fóra da área axustado a cepa do pau nunha bonita xogada convinativa. Encontro igualado na primeira metade e con reparto de dominio e ocasións. Por parte local, Esteban Pereiro, cun remate de cabeza a porta baleira que se foi fóra (M.15), Sarri cun disparo dende o punto de penalti, cando estaba só, que lanzou alto (M.20) e Rubén cun lanzamento de falta que fixo lucirse ao meta Miguel (M.41) tiveron as mellores ocasións para adiantarse, por parte visitante o medio centro Marco tivo dúas boas oportunidades (M.20 e 38), pero os seus tiros foron frouxos e parou Manoliño. A segunda metade xogouse con menos intensidade, aínda que os locais mostraron unha mellor forma física e conseguiron remontar o encontro nos últimos minutos.

Xallas-Corcoesto: (4-1): 1-0, min.15: Miguel. 2-0, min.35: Víctor. 3-0, min.55: Álex.4-0, min.75: Ovidio. 4-1, min.85: Pichuco. Os tempraneiros goles dos locais mataron o encontro e non deron opcións aos vistantes que non conseguiron adaptarse as dimensións do campo en ningún momento. O visitante Pichuco malogrou unha pena máxima no minuto 90.

Santa Comba-Vimianzo: (1-1): 1-0, min.51: Solís. 1-1, min.92: Arán. Encontro disputado na tarde do sábado e no que o Vimianzo sacou un punto moi importante, sobre todo anímicamente, no último suspiro do encontro. A primeira metade foi de dominio local, aproveitandose da falta da adaptación dos visitantes as enormes dimensións do Fontenla, abusando dos desplazamentos en longo e tendo pouca posesión do balón o que fixo que se fixera un forte desgaste físico. As mellores ocasións dos locais foron para Paco de Vilar (M.9), Alberto (M.19), cun remate ao longueiro, Matías (M.22), cun remate de cabeza que se foi alto por moi pouco e de novo Alberto (M.41) cun saque de falta lateral que se paseou por diante da porta sen encontrar rematador e foise pegado ao pau. Na segunda metade cambiou o guión, os visitantes foron pouco a pouco aumentando a posesión do balón e foron pechando no seu campo aos locais. No minuto 49 Sergio Vilaseco lanzou un balón dende fóra da área que se foi lanvendo o pau, Arán, extramotivado por volver ao campo no que sempre xogou, disparou dende a frontal e fixo lucirse a Angel que desviou a córner (M.51), de novo sergio de Vilaseco lanzou, pero pouco axustado e parou ben Ángel (M.69), Sergio de Quintáns tamén tivo unha boa oportunidade no minuto 77, pero de novo tira ás mans do porteiro, un minuto máis tarde o local Pio puido sentenciar o encontro, pero ante no soubo defenir no man a man con Damián e lanzou unha vaselina que se foi ao longueiro. Os visitantes non perderon a fé en marcar e xa no último suspiro un pase en longo de Camilo aproveitouno o batallador Arán para darlle un punto ao Vimianzo e máis importante, unha boa dose de moral.

 

Veteráns: Xornada: 10

Vimianzo-Corcubión: (3-3);