| |
Resultados e goleadores da xornada, domingo 28 de outubro
Terceira Autonómica: Xornada: 9
Bergantiños "B"-Dumbría B : (1-3); 0-1, min.40: Ramiro. 0-2, min.48: Pablo. 0-3, min.50: Sergio. 1-3, min.75: Jhon Saar. Partido disputado na tarde do sábado no campo da Pedra Queimada de Malpica ao estaren cambiando a moqueta do campo das Eiroas. O local Pitu lanzou unha pena máxima que parou Sergio (min.30).
Coristanco-Alcaián: (4-0); 1-0, min.5: Toniño. 2-0, min.30: Mallón. 3-0, min.40: Germán. 4-0, min.60: Toniño.
Boa entrada no campo da Rocheira para ver o derbi do concello de Coristanco. O partido abriuse moi pronto debido o temperán gol de Toniño tras un erro da defensa do Alcaian, a raíz do gol o Coristanco colleu o dominio do encontro ante un equipo visitante bastante replegado e que buscaba o gol mediante contras ou a balón parado. O segundo gol local, seguido dun terceiro en pouco tempo, sentenciou o encontro antes de ir o descanso. Xa na segunda metade, con moita menos tensión polos dous bandos, os locais marcarían o último gol do encontro cun remate de cabeza de Toniño.
Cabana-O Pindo: (3-2); 0-1, min.16: Piquero.
1-1, min.29: David Rama, de falta directa. 2-1, min.42: Michel. 2-2, min.52: Hugo.
3-2, min.81: Sergio.
Partido moi bronco e con moitísimas faltas, que rematou catro minutos antes de tempo polo salto ao campo de dous siareiros visitantes. En canto ao deportivo, os locais estiveron mellor sobre o campo e levaronse os tres puntos que o aupan a loita por unha praza de ascenso.
Muxía-Atl. Pereiriña: (1-1); 0-1, min.56: Uxío. 1-1, min.89: Gerardo. O Muxía salvou un punto en extremis nun mal partido por ambos bandos. Os visitantes rentabilizaron as poucas ocasións que tiveron e o Muxía non acertou con remates de Gerado e Ziro. Co Muxía volcado na busca do empate o visitante Néstor puido sentenciar nun par de ocasións. A nota negativa do encontro foi a lesión de Vitorino que se presume de gravidade.
Lira-Corcubión: (0-1); 0-1, min.65: Penedo, de penalti moi protestado polos locais ao entenderen que de haber falta esta se cometera fóra da área. A primeira metade foi dominada polo equipo visitante aínda que non chegou a inquedar moito a meta do Lira, quen sí o fixo foi o Lira, pero por dúas veces Toni fallou cando estaba nunha inmellorable posición para marcar.
Na segunda metade o xogo foi máis directo con balóns en profundidade tendo outros dous man a man os locais Manolo e Toni, xusto antes do gol corcubionés. A raíz do penalti fopi expulsado o local Óscar, e con superioridade o corcubión foi mellor podendo sentenciar o encontro, pero o meta Miguel evitouno. Na reta final do encontro o lirenses reclamaron dúas penas máximas, unha a Fran e outra a Toni.
Corcoesto-Mazaricos: (0-0); Pouco público nas Bouzas. O encontro foi feo, xogado ao pelotazo e con poucas oportunidades, as máis claras foron de José Ramón, que parou o meta visitante (M.80) e dúas do Mazaricos, unha ao pau (M.60 e 75). O colexiado da contenda pitou o final ante o asombro de todos, no minuto 85.
Vimianzo-Xallas: (2-3): 1-0, min.4: Sergio de Vilaseco, ao remachar un balón morto no segundo pau tras peinar para atrás coa cabeza Iván. 1-1, min.36: Miguel, bate no man a man por baixo a Damián logo de aoproveitar un contrataque levado por Jesús. 2-1, min.60: Arán remata a porta baleira un pase da morta que lle dá Pablo Pereira. 2-2, min.62: Jesús, ao rematar un balón morto dentro da área. 2-3, min.90: Mara remata na liña de gol unha indecisión entre a defensa local e o porteiro. Partido moi interesante o disputado no municipal vimiancés que tivo goles e emoción até o último intre. Os locais, unha vez máis, xogaron un partido moi serio, pero a falta de acerto condenounos a unha nova derrota. A primeira metade foi de respecto mútuo e apenas houbo ocasións, a parte dos goles o Vimianzo puido maracr por medio de Arán que só con Herrera tirou alto (M.32) e outra de Lagoa, cun lanzamento cruzado que se foi alto por pouco (M.44). Se na primeira metade o partido foi igualado, na segunda os locais foron a pola vitoria e nos últimos vinte minutos puido conseguila, primeiro Sergio Vilaseco estrelou o balón no longueiro (M.70), o enésimo no que vai de liga, logo Pablo Pereira, só co meta herrera, cruzou demasiado e o balón foise lambendo o pau (M.85), e xa cando o partido estaba a piques de rematar, unha doble ocasión, primeiro de Arán que só co porteiro lanzou a fóra por pouco tras desviar un defensa e logo Sergio de Quintáns rematou o saque de esquina fóra cando estaba nunha inmellorable ocasión para marcar e lograr o empate (M.92), a única ocasión da segunda metade dos xalleiros foi para Álex que fixo lucirse ao meta Damián co seu lanzamanto. Foi expulsado Jesús por dobre amonestación (Xallas, min.75).
Cerqueda-Santa Comba "B": (0-4); 0-1, min.25: Damián. 0-2, min.35: Damián. 0-1, min.40: Damián. 0-1, min.55: Damián. Partido feo nos seus primeiros vinte minutos, logo o acerto rematador dos xalleiros, e en concreto do seu dianteiro Damián, rompeu o encontro. A segunda metade foi de puro trámite, aínda que o xogo endureceuse e logo dunha tangana foi expulsado o visitante Santiago.
Veteráns: Xornada: 9
Vimianzo-Juv Bergantiños: (2-2);
|
|