Historia
  Datos
  Campo
  Escudo
  Equipacións
  Directiva  
  Xogadores  
  Colaboradores  
  Crónicas  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Estatísticas  
  Outras Tempadas  
  Trofeo Neria  
  Copa  
  Maratón Fútbol 7  
  Xogadores  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Noticias  
  Liga  
  Copa  
  Fútbol Sala  
  Fotos  
   
 
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
     
 

Resultados e goleadores da xornada, domingo 21 de outubro

Terceira Autonómica: Xornada: 8

Cerqueda-Bergantiños "B": (0-1); 0-1, min.91: Pitu, dende trinta metros ao coller un balón de saque de porta. Partido moi desputado posto que os dous equipos saíron a polo encontro. Na primera parte, o máis destacable foron tres ocasións por parte do Cerqueda, dúas nas botas de Lista e a outra de Dieguito, pero entre o porteiro e a defensa bergantiñán evitaron que os goles subisen ao marcador. Xa na segunda metade e malia o intento dos locais por levarse o encontro, o máis que conseguiu o Cerqueda foi arrinconar ao Bergantiños "B" no seu campo e recibir algunha contra sen moito atino. Por parte visitante, Jhon Saar tivo unha boa ocasión.

Coristanco-Dumbría "B": (1-0); 1-0, min.50: Mallón. A primeira parte foi de claro dominio do Dumbría "B" que aínda que chegou con bastante facilidade á área do Coristanco non tivo ocasións moi claras de gol. Xa, na segunda metade, o Coristanco cambiou de actitude e marcou o único tanto do encontro cun remate de cabeza de Mallón tras unha falta lateral. Os visitantes intentaron buscar o empate pero as chegadas non foron moi claras, só cabe destacar un remate de Genucho que se foi ao longueiro.

Alcaián-Cabana: (1-4); 0-1, min.5: David Blanco. 1-1, min.20: Iván Castro. 1-2, min.44: David Blanco. 1-3, min.88: Josito. 1-4, min.90: Josito. O Cabana foi superior en todo momento e incluso con dez foi quen de marcar dous goles. Foi expulsado no minuto 65 o porteiro visitante, Tito, por cartón vermello directo.

O Pindo-Muxía: (2-1); 0-1, min.4: Gerardo. 1-1, min.70: Javier Sestallo "Nano". 2-1, min.85: Carlos. Boa primeira parte do Muxía que puido sentenciar, na segunda os locais xogaron mellor e remontaron o encontro. O partido xogouse en Lira.

Atl. Pereiriña-Lira: (2-3); 0-1, min.15: Marco Antonio. 1-1, min.25: Villar. 1-2, min.35: Marco Antonio. 1-3, min.75: Dani, os locais protestaron unha posible falta previa ao gol. 2-3, min.87: Villar, de falta. Foi unha primeira parte dominada polo Lira que estivo acosando a área do Pereiriña en todo o momento e dominando o centro do campo; froito disto Javi tivo dous mans a mans co porteiro nos minutos 5 e 10 e dous remates en carreira de Suso Perico no 30 e 40. Asimesmo os locais poideron empatar antes do descanso con dúas boas ocasións de Chafa, unha delas sacouna o visitante, Herminio, baixo paus. Na segunda parte empezou a estar máis repartida a posesión do balón, ata que no minuto 60 expulsaron a Suso Perico e a un xogador do Pereiriña, pasando entón o dominio aos visitantes.

Corcoesto-Corcubión: (0-3); 0-1, min.15: Víctor. 0-2, min.20: Víctor. 0-3, min.25: Penedo. O acerto goleador dos visitantes sentencoiu o encontro en dez minutos, logo o partido perdeu mérito e apenas houbo ocasións de gol. As mellores ocasións dos locais foron para Pichón e Héctor que estrelou unha falta no longueiro. Foi expulsado Luís (Corcoesto, min.91).

Mazaricos-Vimianzo: (1-0): 1-0, min.20: Rubén. Nova derrota dos vimianceses causada polo pouco acerto rematador, repetindose o guión de encontros pasados. Na primeira metade un erro defensivo visitante habilitou a Rubén que dun bonito disparo dende o vértice da área espetou o balón por toda escadra, primeira chegada e primeiro gol, previamente Padronés dentro da área pequena cruzou moito o balón, Arán cun disparo ao pau só co porteiro puideron adiantar ao Vimianzo e logo Iván de Baiñas, Lagoa dun disparo de falta ao longueiro e Iván de Treos cun remate de cabeza puideron empatar o encontro. A segunda metade foi de máis nerviosismo, os locais tentaron parar o xogo e buscar o contacto, feito que foi desquiciando pouco a pouco a moral dos visitantes e empobrecendo o xogo. Aínda asi, Sergio de Vilaseco, ao pouco de comezar a segunda metade, tivo unha boa ocasión de gol. Foron expulsados por dobre cartón amarelo, Chico (Mazaricos, min.65) e Adrián (Vimianzo, min.88).

Xallas-Santa Comba "B": (1-1); 0-1, min.15: Paco de Vilar, usualmente central pero que xogou de dianteiro. 1-1, min.35: Alex. Partido pouco vistoso no Fontela, onde o equipo do Santa Comba tivo un claro dominio na primeira media hora e despois fóronse igualando as forzas. O Xallas puido levarse os tres puntos, pero o lanzamento de Jesús foise ao longueiro (M.80). Foi expulsado o central local, Sergio Pose (M.88)

 

Veteráns: Xornada: 8

San Lorenxo-Vimianzo: (-);