Historia
  Datos
  Campo
  Escudo
  Equipacións
  Directiva  
  Xogadores  
  Colaboradores  
  Crónicas  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Estatísticas  
  Outras Tempadas  
  Trofeo Neria  
  Copa  
  Maratón Fútbol 7  
  Xogadores  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Noticias  
  Liga  
  Copa  
  Fútbol Sala  
  Fotos  
   
 
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
     
 

Derrota demasiado abultada do Fisober ante as líderes

Fisober-Drako: (3-8); 0-1, CAROLINA CASTRO. 1-1, BARCA TOBA. 2-1, PATRICIA ROMANI. 2-2, SUSANA INSUA, 2-3, CAROLINA CASTRO. 2-4, MARIA CACABELLOS. 3-4, ANA MOUZO. 3-5, SUSANA INSUA. 3-6, REBECA VEIGA. 3-7, SUSANA INSUA. 3-8, MARIA CACABELLOS.

Deslucido partido disputado en Vimianzo entre o Fisober e o Drako F.S., líder en solitario da categoría con 4 triunfos en 4 partidos.

Presentábase un interesante partido en Vimianzo, entre dous equipos que loitan polas primeiras prazas da categoría, e isto foi así ata que o permitiu o afán de protagonismo do colexiado, que estropeu un gran partido de fútbol sala.

A primeira parte foi moi igualada, adiantouse o Drako cunha bonita xogada combinativa. O Fisober reaccionou e con dous golazos, a cada cal máis fermoso, deulle a volta ó marcador, o primeiro con un bonito tiro dende a frontal da área de Barca Toba e o segundo, o mellor gol da tarde, unha gran volea de Patricia Romani a pase de Barca Toba. A partir dese momento a actuación do arbitro foi determinante para o devir do partido. Tres erros consecutivos do "sr." colexiado déronlle o Drako o empate. Así rematou a primeira parte, con empate a dous e cos ánimos bastante caldeados.

A segunda parte comezou con dous goles consecutivos do Drako F.S. en dous despites da defensa local, 2-4 . Cando se levaban 6 minutos da segunda parte unha falta a favor do Fisober propiciou o terceiro gol do Fisober con un bonito lannzamento de Ana Mouzo. Erro tras erro, o colexiado seguía na súa línea, cunha actitude altiva e desafiante. O partido rematou para o Fisober cando o árbitro expulsou a meta local, cando unha xogadora visitante doulle unha patada fora de contexto a Paula Lema que se revolveu empuxando a xogadora visitante, azul para ámbolas duas.Tra-las protestas da afición local, o árbitro decidiu parar o partido ata que se personaxe a Guardia Civil, feito fóra de lugar, xa que en ningún momento se pasou do insulto. Sen porteiro suplente e con Elsa Souto de porteira o Drako aproveitou dita ventaxa e acabou ganando por 3-8. Penoso espectáculo vivido en Vimianzo onde un árbitro quiso ser o protagonista do partido e acabou con él.

O próximo sábado o Fisober enfrontase ante o Sobrado no Pavillón Municipal de Sobrado.