| |
Resultados e goleadores da xornada, domingo 14 de outubro
Terceira Autonómica: Xornada: 7
Coristanco-Bergantiños "B": (3-1); 1-0, min.20 Arantón, de centro-chut dende 25 metros. 2-0, min.60: Toniño, de penalti. 3-0, min.65: Moncho. 3-1, min.75: Dani Añón.
A primeira metade empezou moi aberta e cos dous equipos en busca do gol; o primeiro gol chegaría con algo de fortuna a raíz dun centro-chut que se colaría por toda a escadra, un pouco despois sería expulsado Luis (Bergantiños B) por protestar, e o Coristanco foise arriba e puido incrementar a vantaxe antes do descanso con ocasións moi claras de Toniño e Mallón, aínda que o Bergantiños tamén tería un par de ocasións de tiros lonxanos de Pitu e Jhon Saar que detivo ben Pombo. Xa na segunda parte o partido seguiu moi disputado e houbo numerosas ocasións e tres expulsións. O Coristanco tivo no inicio dúas oportunidades moi boas de gol antes de que Toniño fixera o segundo, tras un claro penalti e pouco despois Moncho marcaría o terceiro tras un contrataque local e o partido quedaría xa case sentenciado; aínda así o Coristanco buscou máis goles e o Bergantiños marcaría o seu gol xa no treito final do partido. Foron expulsados os locais Jack (M.55) por cartón vermello, estando no banquillo, por protestar unha decisión do arbitro e Toniño (M.70) por cartón vermello por soltar a perna a un contrario tras sufrir unha entrada por detrás, mentres que por parte visitante tamén se foi Roger por dobre cartón (M.85). Foi moi protestada a actuación arbitral polos dous equipos.
Cabana-Dumbría "B": (5-2); 0-1, min.19: Sergio Cives. 1-1, min.37: Rubén García, cun disparo duns 30 metros. 2-1, min.44: David Blanco. 3-1, min.56 Sergio. 4-1, min.62: David Blanco. 5-1, min.68: Josiño, cun disparo duns 30 metros. 5-2, min.86: Suso. Boa entrada no renovado campo das Redondas que era estreado por ambos equipos. A pesares do albultado resultado o encontro foi moi igualado e disputado, pero o desacerto visitante na primiera metade impedíu que o resultado fora máis axustado. Na segunda metade o Cabana tomou as rendas do partido, cun David
Blanco e Josiño fantásticos.
Alcaián-Muxía: (2-2);0-1, min.15: Álvaro. 0-2, min.40: Ziro. 1-2, min.60: Chori, en propia porta a tiro de Víctor. 2-2, min.80: Martín. Foron expulsados os visitantes Jonathan (M..46) e Pesqui (M.85), e o local Carlos (min.84), tamén foi expulsado o adestrador muxián, Papi, unha vez rematado o encontro.
Lira-O Pindo: (1-0); 1-0, min.40: Popeye ao aproveitarse dun erro do porteiro visitantes que deixou o balón morto nos seus pés. partido no que os dous conxuntos tiveron moito respecto o un ao outro, pero onde o Pindo tivo máis o balón ainda que sen crear moito perigo na área local. Na primeira parte apenas houbo ocasións por parte dos dous equipos.
Na segunda parte máis do mesmo até o minuto 70 que foi expulsado o local Juan, por insultar ao árbitro, e o Pindo se volcou máis na busca do empate , sobre todo con centros de falta, unha foise ao pau e outro foi rematado por Ferrer e o meta Miguel sacou baixo paus. O Lira puido sentenciar en dúas contras, pero nas dúas, Toni, non foi quen de marcar cando xa tiña o porteiro batido.
Corcoesto-Atl. Pereiriña: (1-1); 1-0, min.20: Néstor. 1-1, min.80: Pichuco. Gran partido defensivo do equipo adestrado por Nito que a piques estivo de sumar os tres puntos, ainda que non sería xusto pois os locais tiveron boas ocasións de gol, na primiera metade Pichón (M.30 e M.40) e Cabana, cun lanzamento de falta que sacou moi ben o meta Simón (M.45), puideron empatar o encontro, na segunda Pichuco foi o máis activo no ataque local e tivo dúas ocasións para empatar e unha no último minuto para dar a vitoria aos locais.
Vimianzo-Corcubión: (0-0); Reparto de puntos entre dous equipos que se encontran na parte alta da clasificación e que apuntan a loita dunha praza de ascenso. A primiera metade xogouse con moito respeto por ambas partes cun control de balón compartido e sen ocasións claras de gol, salvo un remate do dianteiro local Arán (M.41) que só co porteiro lanzou por enriba da porta. Na segunda metade os locais saíron máis mentalizados en romper racha negativa en casa e tiveron o control do balón e as ocasións, pero entre os paus e o meta Antonio impediron que o Vimianzo sumara tres puntos. Primeiro Lagoa nun lanzamento de falta fixo lucirse ao porteiro que tocou lixeiramente o balón para desvialo ao longueiro (M.65), logo foi Sergio de Vilaseco o que estrelou o balón no pau e por último Pablo Pereira volveu a rematar ao longueiro un centro lateral de Lagoa, a parte dos paus o meta Antonio desbaratou dúas xogadas de Pablo Pereira, un dos xogadores máis activo do encontro. O corcubión tivo a súa mellor ocasión nun saque de falta de Gustavo que David non acertou a tocar por centimetros. O adestrador Raúl tivo que defender a meta local tras a expulsión de Damián a pasada semana e apenas tivo que intervir.
Santa Comba "B"-Mazaricos: (0-0): Partido sen apenas ocasións de gol, e sobre todo moi físico, e con moitas faltas. Unha das xogadas máis protestadas producíuse no último suspiro cando o colexiado pitou unha falta ao borde da área, os locais reclamaron a inexistencia da falta, os visitantes que a falta fora dentro da área. O Santa Comba B contaba con numerosas baixas, o porteiro Angel e Pince por sanción, Alberto e Diego Arnejo por lesión e Héctor e Damian por iren convocados co primeiro equipo.
U.D. Cerqueda-Xallas: (0-2); 0-1, min.10: Iván de tiro cruzado dende fóra da área. 0-2, min.57: Mara, de lanzamento maxistral de falta. Partido controlado por completo polo Xallas, no que o Cerqueda xogou moi replegado intentando que a superioridade xalleira non se reflexara no marcador.
Para os locais a mellor tivoa Iván (M.85) cun remate de cabeza que se foi moi preto da escadra dereita da porta defendida por Herrera.
O Xallas tivo as súas mellores oportunidades na segunda metade. A nova negativa do encontro foi a lesión do xalleiro José Ángel no mesmo xeonllo do que xa fora operado e que apunta a ser de gravidade.
Veteráns: Xornada: 7
Vimianzo-Bertoa: (1-1); 1-0: Manolo "Roque".
|
|