Historia
  Datos
  Campo
  Escudo
  Equipacións
  Directiva  
  Xogadores  
  Colaboradores  
  Crónicas  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Estatísticas  
  Outras Tempadas  
  Trofeo Neria  
  Copa  
  Maratón Fútbol 7  
  Xogadores  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Noticias  
  Liga  
  Copa  
  Fútbol Sala  
  Fotos  
   
 
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
     
 

Nova vitoria do fisober que o aupa ao alto da clasificación

Fisober-Boqueixón: (4-1); 1-0, min.8: BARCA TOBA. 2-0, min.26: BARCA TOBA. 2-1, min.28: BOQUEIXON. 3-1, min.32: PATRICIA ROMANI. 4-1, min.38: ANA MOUZO.

Intenso partido entre o Fisober e o Boqueixón, colíder até esta xornada de provincial feminina.

Con cerca de 100 siareiros que enchían as gradas do pabillón muxían, o Fisober impuxose ao Boqueixón nun encontro bonito no que as locais supieron aproveitaron as súas oportunidades para levarse a vitoria, o que as sitúa con 6 puntos na parte alta da clasificación.

O Fisober realizou un gran partido, tanto en ataque como en defensa, e así, aos 8 minutos adiantábase no marcador cun bonito gol de Barca Toba. O marcador non se movería até o descanso, a pesar das moitas ocasións do Boqueixón, que Paula Lema desbaratou espectacularmente, gran partido da meta local que acusaba unha lesión no brazo dereito.

Tras o descanso, as locais sairon máis confiadas en si mesmas e conseguiron o 2-0, outra vez, obra de Barca Toba tras culminar un rápido contragolpe a pase de Ana Mouzo. Aos poucos minutos o Boqueixón conseguía o 2-1 o que lle daba emoción ao partido.

A falta de 8 minutos para a conclusión Patri conseguía o 3-1 que daba tranquilidade ao equipo local e cando tan só faltaban dous minutos para o final, Ana Mouzo metía o 4-1 tras un fantástico saque de falta. Mención especial a Elsa, Sonia e Olaia que realizarón un gran partido ao igual que as goleadoras, sen olvidarnos da meta Paula que se lucíu en todo momento. Gran partido e gran resultado para o equipo de Fran Toba e David Lema.

O vindeiro sábado o Fisober enfróntase ao Drako F.S. no pabillón municipal de Vimianzo ás 19:00 h.