Historia
  Datos
  Campo
  Escudo
  Equipacións
  Directiva  
  Xogadores  
  Colaboradores  
  Crónicas  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Estatísticas  
  Outras Tempadas  
  Trofeo Neria  
  Copa  
  Maratón Fútbol 7  
  Xogadores  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Noticias  
  Liga  
  Copa  
  Fútbol Sala  
  Fotos  
   
 
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
     
 

Resultados e goleadores da xornada, domingo 6 de outubro

Terceira Autonómica: Xornada: 6

Coristanco-Cerqueda: (1-1); 0-1, min.40: Víctor, de tiro dende fóra da área. 1-1 min.68: Lorenzo. A primeira parte foi moi igualada, na que os dous equipos intentaron chegar á porta contraria tocando o balón, pero sen demasiada profundidade. Polos visitantes, Santi lanzou dende uns 25 metros, pero atopouse coa luva de Pombo que sacou o balón da escadra, para os locais Toniño tivo, ao borde do descanso, a mellor ocasión cun disparo raso a rentes do pau que parou o meta Diego. Xa na segunda metade o Coristanco adiantou liñas e apretou máis arriba, conseguindo o empate nunha xogada de infortunio visitante, pois unha cesión comprometida dun defensa foi mal despegada polo meta Diego deixando o balón nunha posición franca para que Lorenzo marque. No minuto 74 foi expulsado, por dobre amonestación, o visitante Dieguito, isto abríu máis o encontro, o Cerqueda creou certo perigo ás contras, mentres que o Coristanco puido marcar nun par de ocasións de Toniño e outra, xa o final do encontro, de Mallón.

Bergantiños "B"-Cabana: (4-3); 0-1, min.40: Mutiu, de falta directa. 1-1, min.45: O xuvenil Muiño. 1-2, min.55: David Blanco. 2-2, min.68: O xuvenil Rubén. 3-2, min.75: Pitu, que debutaba. 3-3, min.81: Míchel, de falta directa. 4-3, min.87: Iván Suizo, de penalti. A primeira parte foi do Cabana. Os carballeses impuxéronse na segunda. Foron expulsados, no minuto 85, Suso (Bergantiños B) e Rubén Rama (Cabana).

Muxía-Dumbría "B": (2-1); 1-0, min.36: Ziro. 2-0, min.65: Gerardo. 2-1, min.85: Pablo. Partido disputado no campo do Muxía ao acordaren as dúas directivas o cambio de orde do encontro. O partido foi dominado en todo momento polo equipo local, aínda así non despuxo de moitas ocasións de gol, a mellor tivoa Ziro (M.50), cando estaba só ante a porta disparou alto. O equipo visitante tan só inquedou algo nos últimos intres do partido.

Alcaián-Lira: (2-4); 0-1, min.5: Fran, de falta. 0-2, min.10: Germán, de cabeza. 1-2, min.40: Athu, de penalti feito a Martín. 1-3, min.55: Óscar. 2-3, min.70: Luisito. 2-4, min.90: Javi. O Lirenses foron moi prácticos e aproveitaron ao máximo as ocasións que tiveron. A segunda metade tiveron que xogala cun home menos por expulsión de Javi (M.41) o que fixo que os locais levaran o peso do encontro, estes reclamaron un gol que o colexiado non dou por interpretar que o balón non traspasara toda a liña de gol a disparo de Athu e logo de bater nos dous paus.

O Pindo-Corcoesto: (4-3); 1-0, min.44: Nano. 1-1, min.60: Héctor. 1-2, min.70: José Ramón. 2-2, min.75: Piquero. 3-2, min.77: Nano. 4-2, min.80: Hugo. 4-3, min.89: Héctor, de falta. Partido igualado e que tivo o seu desenlace nos cinco minutos nos que os locais marcaron tres goles e lle deron a volta ao marcador. Na primeira metade os locais estiveron mellor. Na segunda, sacando os cinco minutos xa mencionados, o Corcoesto foi superior. Os dous porteiros acabaron o encontro lesionados, o local Diego tivo que abandonar o campo, mentres que Siro rematou, malamente, o partido. Foi expulsado o local Piquero (M.85)

Atl. Pereiriña-Vimianzo: (1-2); 0-1, min.5: Lagoa, cun disparo cruzado ante o meta, logo dunha xogada individual por banda. 0-2, min.60: Sergio de Vilaseco, ao rematar co pé un centro raso dende o lateral de Lagoa. 1-2, min.78: Rubén Villar, de falta directa. O desacerto goleador dos visitantes na primeria metade puido costarlle a vitoria na segunda metade. A primeira metade foi de dominio total dos visitantes e para eles foron as mellores ocasións. Padronés cun tiro a rentes do pau (M.1), Sergio de Vilaseco cun disparo que fai lucirse ao meta Simón (M.11), Arán cun remate de cabeza que sa foi a rentes do pau (M.12) e un remate de cabeza de Iván de Treos (M.39) foron a mellores ocasións na primeira metade, a única dos locais tivoa Néstor, pero a súa vaselina foise fóra cando estaba só co poteiro. A segunda metade tivo un guión similar até a expulsión do porteiro visitante, un remate de Arán (M.55) e un dobre disparo de Iván de Baiñas (M.65), puideron sentenciar o encontro. No minuto 78 o colexiado expulsou ao meta Damián, con cartón vermello directo, por interpretar que xogou o balón coas máns fóra da área nun despexe, esta decisión foi moi discutida polos vimianceses ao entenderen que estaba dentro da mesma. A expulsión fixo que o adestrador Raúl se tivera que por baixo paus. O gol puxo incertidume no marcador e os locais tentaron aproveitala para cercar a porta contraria, ainda que as ocasións foron de novo para os vimianceses por medio de Sergio de Vilaseco (M.76), Sergio de Quintáns cun disparo cruzado ao que respondeu ben o meta (M.84) e Lagoa no último suspiro, pero a súa bolea foise alto (M.93).

Corcubión-Santa Comba "B": (1-2): 1-0, min.20: Andrés. 1-1, min.30: Óscar, aproveitase dun balón morto na liña de gol. 1-2, min.64: Damián, de falta directa. Partido xogado en Fisterra e dirixido por Angel Parga que se convertou no protagonista pola multitude de cartóns mostrados, nun partido sen demasiada dureza. Froito de tanto cartón resultaron expulsados meta visitante, Ángel (M.65), ocupando o seu lugar o xogador de campo Pinze que tamén foi expulsado, por dobre amonestación, ao retrasar un saque de porta (M.87), tendo que defender a porta Solís que, aínda que agora xoga en posicións máis avanzadas, xa xogou baixo paus nas categorias inferiores. Tamén foi expulsado o local Roberto (M.70). No apartado futbolístico, o encontro discorreu con moita igualdade, no que un empate puido ser máis xusto. O visitante Óscar tivo a mellor ocasión do encontro na segunda metade cun disparo ao pau.

Mazaricos-Xallas: (1-1); 0-1, min.10: Mara, de penalti por máns. 1-1, min.40: Tuco. Partido de rivalidade que se solventou cun reparto xusto de puntos. O tempraneiro gol visitante acomodou ao equipo, pola contra os visitantes foronse crecendo até lograr o empate e puideron ser máis goles, pero nen Esteban Pereiro, Moncho e Ernesto lograron marcar. A segunda metade non foi moi bonita, pero de moita tensión. O visitante José Angel tivo a vitoria nas súas botas, pero balón foise ao pau.

 

Veteráns: Xornada: 6

Vimianzo-Cabana: (3-1); .