Historia
  Datos
  Campo
  Escudo
  Equipacións
  Directiva  
  Xogadores  
  Colaboradores  
  Crónicas  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Estatísticas  
  Outras Tempadas  
  Trofeo Neria  
  Copa  
  Maratón Fútbol 7  
  Xogadores  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Noticias  
  Liga  
  Copa  
  Fútbol Sala  
  Fotos  
   
 
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
     
 

O Fisober acada a primeira vitoria na liga de fútbol sala feminino

Emocionante partido disputado en Vimianzo entre o Fisober e o Santiaguiño, novo equipo na categoría.

As locais, superiores tecnicamente, víronse sorprendidas desde o primeiro minuto de xogo debido á defensa presionante exposta polas santiaguesas, que desde o inicio defenderon en toda a pista. De aí chegou o primeiro gol visitante aproveitando un erro de pase do Fisober. O equipo local estivo boa parte do encontro bastante revolucionado, entrando no tipo de partido que expuxeran as visitantes. Unha bonita combinación entre as xogadoras do Fisober acabou co gol de Sonia, que establecía o empate a un. De seguido, noutra bonita acción de ataque Olalla Veres quedaba soa contra a porteira visitante e conseguía o 2-1. O partido, a pesar da vantaxe local, seguía moi aberto, propiciado en gran parte polo nerviosismo local. A falta de poucos minutos para o descanso e en sendos erros locais o Santiaguiño dáballe a volta ao marcador, índose ao descanso con vantaxe, 3-2.

Tras o descanso as locais saíron máis enchufadas defensivamente e a base de intentalo unha e outra vez conseguiron o ansiado empate a 3, obra de Barca Toba. As visitantes cambiaron a unha defensa zonal, conformándose co empate. A segunda parte tiña unha clara cor local, con oportunidades claras, que entre a falta de puntería e o acerto da porteira visitante, non se reflectían no marcador. A falta de 8 minutos para o final do partido Patricia Romani regateaba, con moitísima calidade, á porteira visitante e establecía o ansiado 4-3 para o Fisober. Xa co marcador a favor o Fisober controlou mellor o partido e Ana Mouzo a falta de 2 minutos para o final selou a vitoria local cun bonito gol. 5-3 resultado final, sufrido pero emocionante.

O vindeiro sábado o Fisober enfróntase ante o Boqueixón no Pavillón Municipal de Muxía ás 16:30 horas.