| |
Resultados e goleadores da xornada, domingo 30 de setembro
Terceira Autonómica: Xornada: 5
Cabana-Coristanco: (2-4); 0-1, min.16: Pilo. 0-2, min.71: Mallón. 0-3, min.75: Toniño.1-3, min.85: Míchel, de penalti. 1-4, min.90: Marcos, de falta. 2-4, min.92: Rubén Rama. Partido xogado en Buño debido as obras que se están a realizar no campo do Cabana. Na primeira metade comezou moi forte o Coristanco con dúas ocasións moi claras para abrir o marcador, despois o partido igualouse e houbo ocasións para os dous equipos, así nunha destas os visitantes marcarían o primeiro gol. Na segunda parte seguiu véndose un partido moi aberto no que o Cabana tivo a opurtunidade de empatar nunha contra na que Mochi se quedou só con Pombo, pero o meta desbaratou a xogada, os locais foron arriscando máis e deixando ocos atrás que o Coristanco aproveitou para sentenciar en dous contrataques. Na recta final do encontro o Cabana seguiu apretando e conseguíu reducir distancia no marcador que foi excesiva polo mérito feito polos dous equipos.
Muxía-Bergantiños "B": (1-2); 0-1, min.15: Miguel. 1-1, min.30: Gerardo, de penalti feito a Jonathan. 1-2, min.65: Vitorino en propia porta ao tocar unha falta botada por Borja. Os visitantes, apesares dos contratempos, pois tan só contaban con once xogadores e tan só tiñan unha equipación, a cal coincidía coa local, souberon sobreporse e sacaron tres puntos que os enganchan a liga. Os locais mostraron boas maneiras no tratamento do balón pero acusaron a falta de efectividade de cara ao gol. Foi expulsado Rancaño (Bergantiños B, min.80)
Lira-Dumbría "B": (2-2); 1-0, min.25: Javi. 1-1, min.44: Pablo. 1-2, min.55: Pablo, de falta. 2-2, min.60: Marco Antonio, de penalti. A primeira metade foi dominada polo equipo local, axudado en parte polo vento, na segunda, os visitantes melloraron e a piques estiveron de levarse os tres puntos.
Corcoesto-Alcaián: (1-0); 1-0, min.80: Roi. Partido bastante igualado e moi aburrido na primeira metade onde apenas houbo ocasións claras de gol. A segunda metade mellorou e os locais puideron adiantarse por medio de Héctor (Min.65) e senteciar, outra vez por medio de Héctor, pero o seu lanzamento de falta tocouna Cristian e logo foise ao longueiro (Min.90), os visitantes tiveron a súa mellor ocasión nun disparo ao pau (Min.70). Os locais seguen intratables e suman outra nova vitoria, tantas como partidos xogados.
Vimianzo-O Pindo: (2-3); 1-0, min.1: Sergio de Vilaseco, de penalti feito a Lagoa. 1-1, min.8: Hugo, bate por baixo de tiro cruzado. 1-2, min.30: Hugo, bate por baixo de tiro cruzado. 1-3, min.37: José, remata a placer na área pequena. 2-3, min.62: Sergio de Vilaseco, tira cruzado no man a man co porteiro. O Vimianzo deixa outros tres puntos na casa nun partido que tivo numerosas ocasións de gol, pero o desacerto cara a porta propicio unha nova derrota. A primeira parte foi moi igualada con ocasións por ambos bandos, pero o rápido dianteiro visitante, Hugo, foi letal, por parte local nen Lagoa cun remate de cabeza que se foi alto (M.18), Sergio de Vilaseco cun forte disparo que detivo o meta Diego (M.22), Felipe de cabeza (M.38), nen Arán, só co proteiro cruza demasiado (M.40), foron quen de marcar, por parte do Pindo a parte dos goles, Miguel tivo unha ocasión, pero tocou o balón coa man cando tiña a porta libre de marca (M.8). A segunda metade foi de asedio total a porta defendida por Diego e máis cando os carnotáns quedaron cun home menos por expulsión do debutante, Miguel, (M.61) ao ver cartón vermello directo nunha forte entrada a Raúl. Nada máis comezar (M.46), sergio Vilaseco erra unha man a man co meta, Lagoa estrela un balón na mesma escadra (M.52), Arán lanza un balón que se foi fóra por pouco (M.56), Sergio de Quintáns remata debaixo dos paus, incomprensiblemente o balón vai ao longueiro e sae, (M.67) e numerosos saques de faltas e corners que non tiveron acerto rematador. Na segunda metade o Pindo tan só se acercou unha vez a meta defendida por Damián, foi un man a man de Piquero que milagrosamente o porteiro sacou co pé.
Santa Comba "B"-Atl. Pereiriña: (7-0); 1-0, min.18: Alberto, de cabeza a saída dun córner. 2-0, min.20: Matías. 3-0, min.35: Pío, a pase de Marcos. 4-0, min.50: Marcos, de penalti. 5-0, min.55: Damián. 6-0, min.75: Pablo Framil, de cabeza. 7-0, min.91: Nakata, de cabeza na saída dun córner. Dominio absoluto do equipo local que en ningún momento víu perigrar a súa porta e puido acadar un resultado máis abultado se Damián estivera máis acertado. Os visitantes tiveron moitos problemas para defender as xogadas de balón parado e catro dos sete tantos tiveron a súa orixe en córner. Cos locais debutou Pío, logo de recuperarse dunha lesión.
Xallas-Corcubión: (5-0): 1-0, min.25: Iván. 2-0, min.50: Jaime. 3-0, min.60: Mara. 4-0, min.75: José Ángel. 5-0, min.77: Jaime. O Corcubión plantou cara ao lider na primeira metade, pois tivo dúas boas ocasións para empatar por medio de Gustavo e Pablo cun tiro ao longueiro e tamén raclamaron un penalti. Na segunda metade e a raíz do terceiro gol local, segundo os corcubioneses, en fóra de xogo, o partido foi por completo para os xalleiros que puideron marcar algún gol máis.
Cerqueda-Mazaricos: (0-0); O Mazaricos saíu máis decidido a polos tres puntos e ao pouco do comezo tivo unha boa ocasión, pero o meta Diego desviou a corner despois de que o balón tocara o longueiro. O Cerqueda foi entrando no encontro e un pouco despois o dianteiro local, Iván, plantouse só ante Manolo, pero tirou alto. No minuto 30 o Mazaricos tivo a mellor oportunidade do partido, tras unha boa xogada por banda un xogador visitante desaproveitou o pase da morte do seu compañeiro, e no rexeite do porteiro volven a fallar a porta valeira. A segunda parte foi máis igualada, aínda que a peor condición física do locais fixo que o Mazaricos tivera máis o control do balón, aínda asi os malpicáns gozaron dunha boa ocasión (M.90) cun remate de cabeza nun saque de falta, que saíu cerca do pau.
Veteráns: Xornada: 5
Bergantiños-Vimianzo: (2-1); 1-0,. 1-1, Litos. 2-1.
|
|