| |
Resultados e goleadores da xornada, domingo 23 de setembro
Terceira Autonómica: Xornada: 4
Cabana-Cerqueda: (3-0); 1-0, min.55: David Blanco. 2-0, min.80: Mochi, de penalti. 3-0, min.87: Mochi, de forte disparo dende fóra da área que se colou por toda a escadra. Partido moi disputado na primeira parte con ocasións de Michel (M.20)
e de David Blanco (M.35) nun man a man co porteiro.
A raíz do primeiro gol foi expulsado o lateral Uruguaio, feito clave no encontro, pois os visitantes foronse, mentalmente, do encontro o que facilitou as cousas aos cabaneses, tamén foi expulsado Javi por parte visitantes (M.70). O encontro disputouse no campo do Buño ás 14:30 h.
Coristanco-Muxía: (1-2); 0-1, min.60: Gerardo. 1-1, min.75: Toniño, 1-2, min.85: Jonathan.
Bastante xente na grada da Rocheira nunha tarde de moito calor. A primeira parte foi bastante igualada e de poucas ocasións. Xa na segunda os dous equipos decidironse ir polo partido e puideronse ver máis ocasións de gol. Empezou marcando o Muxía nunha contra, despois o Coristanco iríase a polo empate e conseguíuno nun saque de falta cun remate de cabeza de Toniño. O gol da vitoria visitante chegou xa no final do partido tras un fallo do porteiro local.
Bergantiños "B"-Lira: (6-2); 1-0, min.1: Santi. 1-1, min.15: Fran, de falta. 2-1, min.40: Jhon Saar. 3-1, min.50: Jhon Saar. 4-1, min.60: Jhon Saar. 5-1, min.80: Jhon Saar. 5-2, min.82: Popeye. 6-2, min.87: Chapu. Partido moi igualado na primeira metade, na que os visitantes puideron adiantarse por varias veces, na segunda parte o cansanzo acumulado e tan só un cambio no banquillo fixo que a balanza se decantanse en prol do equipo local consenguindo un marcador demasiado abultado para os méritos feitos. A figura do encontro foi o dianteiro local Jhon Saar que acadou catro tantos.
Dumbría "B"-Corcoesto: (0-2); 0-1, min.60: Edelmiro. 0-2, min.80: Héctor, de penalti feito a Luís. Encontro disputado en Muxía e que foi moi igualado. O dominio do balón foi máis dos locais, pero quen puxeron as ocasións foron os visitantes, Pichuco (M.15) e Cabana (M.35). Foi expulsado o local Picallo no minuto 70.
Alcaián-Vimianzo: (0-4); 0-1, min.24: Sergio de Vilaseco, remata un centro raso de Ezequiel. 0-2, min.62: Sergio de Quintáns, remata de cabeza un córner botado por Lagoa. 0-3, min.74: Arán, de forte disparo dende o borde da área. 0-4, min.83: Óscar, disparo dende fóra da área a cepa do pau. Partido disputado no duro campo de Portorrubio. O partido tan só mantivo a igualdade ata o primeiro gol visitante. Até o de aquela os locais botaron dúas faltas por medio de Rubén con bastante perigo, a primeira (M.8) foise alta e a segunda fixo lucirse ao meta Damián tras tocar o balón na barreira (M.21). Xusto antes do primeiro gol Sergio de Vilaseco xa tivera unha boa ocasión, pero o defensa Pensado sacou o balón na mesma liña de gol. Logo de adiantarse os visitantes xogaron máis relaxados e cheagaron con claridade a meta defendida por Cristian, Iván no rematou con acerto unha falta botada por Raúl (M.30), por parte local o seu dianteiro Martín tivo unha boa ocasión, pero entre Damián e Iván conseguiron evitar o gol (M.42). Na segunda metade o dominio foi por completo dos vimianceses que puideron marcar algún gol máis por medio de Ezequiel (M.46), Iván de Treos, rematou un balón de cabeza que se foi lixeiramente alto (M.53), Arán rematou ao lateral da área (M.56), Sergio de Vilaseco só co porteiro, por dúas veces, unha parou Cristian (M.60) e outra estrelou o balón no longueiro (M.68) e Iván de Baiñas (M.85).
O Pindo-Santa Comba "B": (0-1); 0-1, min.75: Damián, de falta directa. Encontro disputado na tarde do sábado no campo do Montelouro. O empate sería o resultado máis xusto dadas as ocasións dos dous equipos, A primeira metade foi moi reñida e con moitas ocasións, pero nin uns nin outros foron quen de marcar, na segunda o baixou o rendemento de ambos e tan só cabe destacar un lanzamento ao pau por ambas partes.
Atl. Pereiriña-Xallas: (1-4): 0-1, min.20: Álex. 0-2, min.35: Ricardo. 0-3, min.48: Ricardo. 0-4, min.65: Mara. 1-4, min.80: Juan. Os locais non foron quen de plantarlle cara ao líder, aínda que non se desmoralizaron e defenderon duramente para evitar un goleada maior.
Mazaricos-Corcubión: (1-2); 1-0, min.25: Marcos. 1-1, min.60: Cali. 1-2, min.80: Pablo. O encontro cambio de orde por mutua acordo de ambas directivas, ao estar o campo corcubionés aínda en obras. O encontro foi moi igualado e calqueira dos dous puido vencer. Os locais marcharon bastante enfadados co colexiado ao non pitar dous penaltis, un moi claro ao sacar un defensa o balón coas mans cando entraba na porta.
Veteráns: Xornada: 4
Vimianzo-Dep. Carballo: (1-4); 0-1, min.15. 1-1, min.25: Litos, de falta. 1-2, min.60. 1-3, min.69. 1-4, min.87. A falta de puntería de Litos foi determinate na derrota do equipo local, pois gozou de tres inmellorables ocasións de gol (M.37, M.42 e M.68)
|
|