| |
Resultados e goleadores da xornada, domingo 16 de setembro
Terceira Autonómica: Xornada: 3
Muxía-Cabana: (3-3); 1-0, min.11: Jonathan, ao aproveitar un balón morto dentro da área. 1-1, min.14: Míchel, ao aproveitar un balón morto dentro da área. 1-2, min.17: David Blanco, remata a pracer un centro lateral de Josiño, os locais reclamaron unha posible man no control do balón. 2-2, min.26: Luís Romaní, remata un rexeite da defensa visitante. 2-3, min.32: Pablo Fieira, bate por riba a Juan Ángel cunha bonita volea. 3-3, min.78: Pesqui duns 30 metros bate por riba a Tito. Partido disputado na mañá do sábado debido ao casamento de Sergio, xogador do Cabana, na tarde do sábado. Mañá moi calurosa que non impediu ver un partido emocionante e con moitos goles. A primeira metade foi moi igualada e con moita actividade, ademais dos goles, Breo cun lanzamento de falta puido ampliar a conta dos locais, mentres que Josiño, no minuto 31, dispuxo dunha inmellorable ocasión cun remate que sacou cos pés Juan Ángel. Cos cambios do descanso e Muxía reaccionou e pechou no seu campo ao Cabana, dominando por completo a segunda metade, Aos 5 minutos Ziro puido empatar, pero o seu remate foise alto, logo Gerardo, no 22, desaproveitou un centro de Ziro. Apesares deste gran dominio o Muxía non foi quen de chegar con claridade a meta contraria e xa na reta final o Cabana puido levarse o partido en tres contras, pero primeiro Pesqui salvou un centro do visitante, David, mandando o balón ao longueiro, logo Josiño rematou de cabeza só con Juan Ángel, parou este, e xa no último suspiro Míchel fallou outra boa ocasion. O colexiado tivo unha actuación bastante desafortunada e fallou en moitas decisións, interrompeu constantemente o xogo e expulsou o delegado local, Manolo aos 19 minutos por protestar unha decisión súa de menor relevancia.
Lira-Coristanco: (0-1); 0-1, min.73: Toniño. Partido desputado, sobre todo na segunda parte, anque marcado polas decisións arbitrais, criticadas por ambas partes, e máis pola local. A primeira metade foi de respecto mutuo debido a estar ben posicionados sobre o terreo de xogo, aínda que Coristanco tocou máis o balón no medio campo. No segundo acto o Lira saíu con determinacion comezando a crear máis perigo, deixando algunhas facilidades en defensa que os rápidos dianteiros visitantes non souberon aproveitar. Todo foi asi até que no minuto 72 acaeceu a xogada clave do encontro, un balón en longo do Lira ao que sae a despexar o porteiro visitante e sen tocar balón derriba ao dianteiro Lirense, sen o colexiado sinlara nada, acto seguido, chega o gol visitante, precedido tamén de polémica, pois os locais reclamaron falta do dianteiro Toniño a un defensa. A partires de aí o Lira volcouse totalmente sobre a porta do Coristanco tendo dúas ocasións, unha de Suso Perico cun doble remate de cabeza na área pequena e outra de Javi ás mans do porteiro. Asi mesmo o Coristanco puido aumentar a súa renda en dous contragolpes que abortou o porteiro local. Foi expulsou o delegado visitante no minuto 80.
Corcoesto-Bergantiños "B": (1-0); 1-0, min.85: Héctor, de penalti feito a el por Jhon Saar. Nova vitoria na casa do Corcoesto que leva pleno, sumando tres. Desta vez foi dura de conseguir e mesmo a fortuna lle sonríu, pois no último suspiro do encontro Jhon Saar rematou fóra un centro de falta de Radchenko que suporía o empate. A primeira parte dominou o equipo visitante sen crear moito perigo na meta defendida por Siro, na segunda as forzas igualaronse e os locais puideronse adiantar no marcado con sendo remates ao pau de Carlos Longo, minuto 55 e Edelmiro no 70.
Vimianzo-Dumbría "B": (0-1); 0-1, min.69: Suso, bate por baixo a Damián ante a saída deste. Encontro adiantado ás 16:15, posto que despois se disputaba o partido entre o Dumbría e o Zas. Aínda non ía un minuto canso cando Sergio de Vilaseco puido cambiar o sino do encontro, nunha posición inmellorable e con toda a porta para el estrelou o balón no corpo do porteiro xuvenil, que tivo que suplir a baixa de Sergio o cal xogou co equipo A por lesión de Ismael. Aos 5 minutos os visitantes contestaron cun balón que Suso cruzou demasiado. O Vimianzo tiña o control do balón, pero non profundizaba con claridade abusando por momentos dos balóns longos que unhas veces se ían fora e outras os controles non eran precisos para seguir xogando. Ao cuarto de hora unha xogada individual de Arán rematou cun disparo dende a frontal da área que se foi a rentes do pau. Aínda sen chegar con claridade, os locais asediaban a meta contraria, sobre todo con lanzamentos de falta e saques de esquina. Unha das xogadas polémicas produzíuse mediada a primeira metade cando o colexiado interpretou que as mans dentro da área dun xogador dumbriés foran involuntarias, non sinalando infracción algunha, este mesma situación daríase na segunda metade e de novo o colexiado apreciou involuntariedade. Antes de chegar ao descanso ambos conxuntos puideron adiantarse no marcador, primeiro Arán, no 39, lanzou fóra por pouco e un minuto despois Yenki, que se foi en velocidade, encarou a Damián, pero este, limpamente, sacoulle o balón dos pés. A segunda metade foi un calco da primeira, os locais con máis posesión do balón mentres os visitantes, cun só cambio no banquillo limitaronse a defender o empate e a saír as contras aproveitandose da velocidade do seu dianteiro. Felipe no 46 e Sergio de Vilaseco no 54 volveron desaproveitar sendas ocasións de gol e Lagoa, dous minutos despois, lanzaba unha falta ao lateral da rede. A medida que pasaban os minutos aumentaban as ansias de marcar dos locais, feito do que se aproveitou o filial dumbriés para trezar unha boa xogada por banda que rematou co único gol do encontro e aínda tería outra boa ocasión para sentenciar, cando os locais xa estaban volcados na busca do empate, que non puideron acadar ao non aproveitar as numerosas faltas e saques de esquina sacados no treito final do encontro.
Santa Comba "B"-Alcaián: (5-0); 1-0, min.40: Damián, remate a porta baleira logo dunha xogada por banda de Diego Arnejo. 2-0, min.46: Héctor, de falta directa. 3-0, min.50: Damián, de forte disparo dende fóra da área. 4-0, min.76: Damián, a porta baleira a pase de Daviciño. 5-0, min.81: Diego Arnejo. Encontro xogado na mañá do domingo e de dominio absoluto local que gozou de numerosas ocasións. O Alcaián defendeuse moi ben durante a primeira metade, pero as grandes dimensións do campo non lle beneficiaron, provocandolles un gran desgaste físico que o pagaron na segunda metade. O máis activo do encontro foi o dianteiro local, Damián, que gozou de tres inmellorables ocasións na primeira metade, mentres que o seu compañeiro Diego Arnejo tamén tivo unha boa, pero o meta Cristian desbaratouna milagrosamente, mentres que para os visitantes o seu dianteiro Martín, que xogou moi aislado arriba, pedíu unha pena máxima antes do descanso. A segunda metade foi aboluta para os xalleiros, na que marcaron catro goles e puideron ser máis se Diego Arnejo e Damián andiveran máis finos no remate. Por parte visitante Martín nun mán a man co porteiro Ángel, que parou este, e un lanzamento ao longueiro de córner directo sacado por Iván, foron as ocasións máis reseñables.
Xallas-O Pindo: (5-1): 1-0, min.20: Álex. 2-0, min.48: Jesús. 2-1, min.60: Ferrer, de penalti. 3-1, min.63: Mara. 4-1, min.75: Jesús. 5-1, min.80: Ovidio. O Pindo tan só puido plantar cara ao líder na primeira metade, a segunda foi de dominio absoluto dos locais e puideron marcar algun gol máis no treito final.
Mazaricos-Atl. Pereiriña: (4-2); 1-0, min.17: Moncho. 1-1, min.30 Álex. 2-1, min.41: Moncho. 3-1, min.47: Marcos. 3-2, min.80: Néstor. 4-2, min.90: Ernesto. Primeira parte de dominio local que se víu reflexada no marcador e na que Marcos errou dúas boas ocasións para sentenciar, non o fixeron e o último cuarto de hora foi de moito sufrimento até que Ernesto púxo a sentencia nun contragolpe.
Cerqueda-Corcubión: (0-1); 0-1, min.80: Gustavo. Vitoria moi traballada para os corcubioneses que non puideron marcar ata o último minutos froito do bo facer defensivo do equipo local e iso que o equipo local tivo que xogar dende o minuto 20 con dez pola expulsión de David.
Veteráns: Xornada: 3
Nantón-Vimianzo: (5-1); .
|
|