Historia
  Datos
  Campo
  Escudo
  Equipacións
  Directiva  
  Xogadores  
  Colaboradores  
  Crónicas  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Estatísticas  
  Outras Tempadas  
  Trofeo Neria  
  Copa  
  Maratón Fútbol 7  
  Xogadores  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Noticias  
  Liga  
  Copa  
  Fútbol Sala  
  Fotos  
   
 
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
     
 

Resultados e goleadores da xornada, domingo 9 de setembro

Terceira Autonómica: Xornada: 2

Muxía-Cerqueda: (2-1); 1-0, min.82: Cabejo, que debutaba esta tempada logo de recuperarse dunha lesión. 1-1, min.83: Víctor cun disparo dende o medio campo. 2-1, min.90: Dimas. Encontro atrasado ao 1 de novembro correspondente a segunda xornada de liga. A primeira parte foi bastante igualado e as mellores ocasións foron para os muxiáns, Gerardo, que tivo tres entre os minutos 30 3 35, e Maikel. A segunda parte foi máis vistosa e os visitantes puideronse adiantar no marcador en dúas boas oportunidades de Dieguito, (M.46 e 67). Por parte local, puido marcar Gerardo no minuto 85, pero non fui quen de batir ao porteiro no man a man.

Lira-Cabana: (2-0); 1-0, min.40: Popeye, ao aproveitar unha indecision do porteiro e defensa cabanesa. 2-0, min.85: Suso Periko. O Cabana comezou mais metido no encontro e tivo un par de boas oportunidades que non foi capaz de materializar. Co paso dos minutos o Lira foise asentando no campo e comezou a gozar de oportunidades, culminando co gol de Popeye. Na segunda parte o cabana quixo impoñer o seu mellor físico, pero aos dez minutos sufriu a expulsion de David Sande, froito dun segundo carton amarelo. Xa con superioridade o Lira tivo o balón, pero sen definir, até que Suso Periko puxo a sentencia. O Lira reclamou unha xogada na que o colexiado non aplicou a lei da vantaxe e lles anulou un gol.

Corcoesto-Coristanco: (2-1); 0-1, min.25: Suso en propia porta a tiro de Rubén. 1-1, min.55: Pablo Vázquez. 2-1, min.80: Héctor. Partido dominado polo Corcoesto aínda que o Coristanco tivo dúas moi boas ocasións para marcar, unha no minuto corenta no lanzamento dunha falta de Súker que parou Siro e outra no 54 na que outra vez Siro desvaratou o man a man con Rubén. Cabanas e Héctor no minuto 70 e no 75 puideron marcar para os locais. Ambos os dous conxuntos criticaron a arbitraxe de Mañanas Castro. O encontro desputouse no campo das Bouzas ao aceptar a proposta do Coristanco de cambiaren a orde do partido por lle estaren cambiando o césped ao campo.

Bergantiños "B"-Vimianzo: (2-4); 1-0, min.1: Jhon Saar de forte disparo dende fóra da área. 2-0, min.25: Jhon Saar, nun remate de cabeza precedido dunha xogada polémica pois o árbitro parou o partido para falar cun xogador e aínda que non dera orde de reiniciar o xogo deixou seguir a xogada. 2-1, min.45: Sergio de Vilaseco de penalti, feito polo meta Adrián a Lagoa. 2-2, min.51: Sergio de Vilaseco ao aproveitar un pase da morte de Lagoa. 2-3, min.55: Felipe, dun forte disparo dende fóra da área. 2-4, min.88: Felipe, que aproveita unha boa xogada individual de Pablo de Santa Cristiña. Partido dominado polo equipo visitante que se repuxo do marcador adverso e xenerou moitas ocasións de gol. Lagoa, Pablo, Sergio de Vilaseco, Iván e Felipe tiveron nas súas botas unhas ocasións destacadas mentras que por parte local tan só cabe destacar un man a man desvaratado por Damián ante Santi, estando o marcador 2-3.

Dumbría "B"-Santa Comba "B":(0-4); 0-1, min.20: Matías. 0-2, min.60: Diego Arnejo. 0-3, min.70: Diego Arnejo. 0-4, min.80: Diego Arnejo. O equipo visitante, que tan só contou con 12 xogadores, puido facer frente durante a primeira metade que foi máis igualada. Na segunda, a mellor condición física dos visitantes plasmouse no campo e foron máis superiores. O partido desputouse no campo da Peña de Ouro de Mazaricos por mor das obras no campo do Dumbría.

Alcaián-Xallas: (0-5): 0-1, min.5: José Ángel. 0-2, min.10: Jesús. 0-3, min.30: Álex. 0-4, min.50: Víctor Pazos, de cabeza ao rematar un córner. 0-5, min.80: Álex. O Xallas foi moi superior e na primeira media hora sentenciou o encontro. Foron expulsados: Víctor Pazos por dobre cartón amarelo (Xallas, min.75) e Iván Castro (Alcaián, min.85).

O Pindo-Mazaricos: (1-0); 1-0, min.45: Piquero, ao bater por alto unha saída do porteiro Manolo. Partido xogado nun polvorento campo do Monte Louro que impediu o bo xogo. Na primeira metade o Mazaricos levou máis o peso do encontro pero Marcos, en dúas boas ocasións, non foi quen de marcar. A segunda metade foi para esquecer, O Pindo xogou á contra e o Mazaricos colgou balóns na área rival sen crear perigo. O Pindo reclamou no minuto 80 unhas mans do meta Manolo fóra da área.

Atl. Pereiriña-Corcubión:(0-1); 0-1, min.35: Pablo. A pesares do resultado, boa imaxe mostrada, no seu debut, o Atl. Pereiriña, no Novo Raíces, poñendo en apretos a un aspirante ao ascenso. Gustavo e Jacobo, disfrutaron de dúas boas ocasións para acadar o empate.

 

Veteráns: Xornada: 2

Vimianzo-Malpica: (2-1); .