| |
Resultados e goleadores da xornada, domingo 2 de setembro
Terceira Autonómica: Xornada: 1
Lira-Muxía: (1-1); 0-1, min.35: Maikel, de falta. 1-1, min.90: Marco Antonio, de vaselina. Partido dominado polo Lira aínda que lle faltou acerto cara a portería. Así na primeira metade, Carlos, Marco Antonio e Javi, por dúas veces, gozaron de boas ocasións. No minuto 43, foi expulsado José Manuel por cartón vermello directo por agresión a Herminio, os muxiáns protestaron moito esta decisión xa que entendían que debería ser expulsado tamén Herminio tras unha dura entrada a José Manuel, motivo polo que se encrespou. Na segunda metade, o Muxía atrasou as liñas o que dificultou o ataque local que se centrou en colgar balóns na área rival, aínda así o Muxía gozou dun man a man, que o porteiro local detivo.
Corcoesto-Cabana:(1-0); 1-0, min.29: Pichón. Partido moi igualado na primeira metade cunha boa ocasión para cada equipo, no 15 os visitantes lanzaron unha falta ao pau e no 44 Pichón desperdiciou un man a man co porteiro. A segunda metade foi para o equipo visitante, que grazas a unha mellor preparación física tivo por completo o control do partido. Cos locais debutou Héctor, procedente do Corme.
Vimianzo-Coristanco:(2-1); 1-0, min.6: Arán. 2-0, min.13: Ezequiel. 2-1, min.23: Lorenzo. O equipo local saiu moi forte e dominou por completo ata que o gol dos visitantes, precedido dunha falta de entendemento por parte da defensa vimiancesa, os descolocou. O Viminazo gozou de boas oportunidades para ampliar o marcador, Arán tivo dúas boas ocasións, un balón ao pau no minuto 4 e outra no minuto 20, Lagoa estrelou outro balón ao pau tras unha boa xogada individual de Padronés e outra de Pablo Quintáns no 32. Na segunda metade, non houbo un claro dominador, os locais centráronse en defender o resultado mentres que os visitantes tentaron o empate sobre todo en accións a balón parado. As dúas mellores ocasións foron para o visitante Toniño no minuto 74 que desbaratou nunha expléndida estirada o porteiro Damián. Dous minutos despois, Lagoa, logo dunha bonita xogada individual, puido sentenciar pero o seu disparo foise a rentes do pau.
Santa Comba "B"-Bergantiños "B":(2-0); 1-0, min.22: Óscar, tras xogada individual de Diego. 2-0, min.66 : Diego, que aproveitou unha indecisión do meta visitante Adrián. Partido desputado na tarde do sábado, no campo da Fontenla que por mor da súa grande dimensión o partido baixou de ritmo na segunda metade. Na primeira parte o Santa Comba "B" foi superior xa que gozou de varias ocasións. Os visitantes reclamaron un penalti a Miguel no minuto 43. Na segunda metade o Bergantiños "B" foise un pouco máis polo partido e Jhon Saar no 59, 69 e no 80 puido marcar para os visitantes.
Xallas-Dumbría "B": (3-0): 1-0, min.50: Jaime. 2-0, min.60: Mara, de penalti. 3-0, min.80: Jaime. O recén descendido Xallas e máximo aspirante ao ascenso non dou opcións ao filial dumbriés e xa se coloca como líder.
Mazaricos-Alcaián: (3-1); 1-0, min.20: Esteban Pereiro (xuvenil). 2-0, min.40: Sancho, de penalti. 3-0, min.65: Esteban Pereiro. 3-1, min.88: Rubén. Unha boa primeira parte dos locais sentenciou o encontro ao seu favor. Os visitantes cun dos planteis máis xoves da categoría dou moi boa impresión.
Corcubión-O Pindo:(3-3); 1-0, min.8: Diego. 1-1, min.20: Nano. 1-2, min.30: Piquero. 1-3, min.40: Nano. 2-3, min.65: Gustavo de penalti feito a Penedo. 3-3, min.80: Gustavo de penalti feito a Penedo. Partido moi desputado e igualado no que o empate foi un xusto resultado entre dous equipos que aspiran a estar no alto da clasificación. A primeira metade foi un tanto desafortunada para os locais pois o primeiro gol visitante foi protestado por claro fora de xogo e o terceiro foi a raíz dun despexe da defensa que toca nun dianteiro e vaise ao fondo da rede. Na segunda parte o Corcubión con todo perdido foi a polo encontro e acadou o empate.
Cerqueda-Atl. Pereiriña:(2-1); 1-0, min.35: Adrián. 1-1, min.42: Néstor. 2-1, min.80: Rivera. Partido pouco vistoso e con escasas ocasións, ás dos goles hai que sumarlle unha por cada bando. Na segunda metade a mellor condición física dos visitantes fixo que levaran o control do partido pero sen chegar claramente á porta do Pereiriña. Foi expulsado un xogador visitante no minuto 85.
Veteráns: Xornada: 1
Vimianzo-Corcubión: (1-1); 1-0, min.61: Litos. 1-1, min:87. Reparto de puntos xusto dada a igualdade entre os dous equipos.
|
|