| |
Resultados e goleadores da xornada, domingo 2 de setembro
Segunda Autonómica: Xornada: 1
Cee-Fisterra: (2-0); 1-0, min.39: Dani Freire. 2-0, min.68: Yanki. Derbi un tanto descafeinado e de pouca tensión do que o mellor parado foi o equipo local que fixo máis méritos para levarse os tres puntos. Un lanzamento de Toni no minuto 25 que parou ben José e un cabezazo en plancha de Bibi que se foi ao longueiro foron as mellores ocasións locais na primeira metade, para o Fisterra unha dobre ocasión de Bebeto e Mané no minuto 42 foi todo o perigo creado. Na segunda metade o Cee seguíu explotando as ocasións a balón parado e así chegou o segundo gol do debutante na categoria, Yanki, que deixou moi boa impresión. Mané mediada a segunda metade puido reducir distancias se acertara nun man a man con Mingos. Foron expulsados Rubén Fiúza no minuto 35 por dobre amonestación e Manín por cartón vermello no minuto 40 por un codazo a Dani Freire.
Baio-Camariñas:(2-0); 1-0, min.47: Carlos. 2-0, min.49: Carlos. Partido máis igualado do que indica o marcador, pero dous minutos fatídicos dos camariñas ao comezo da segunda metade botou a borda todo o traballo defensivo da primeira metade. Os camariñáns tiveron tres man a man co porteiro Trucho que non soubero aproveitar, Brais Casal unha vez na primeira metade e outro na segunda e Pedro, por parte baiesa Martín, Fermín e Diego Costa tamén puideron ampliar o marcador.
Muros-Esteirana:(1-3); 0-1, min.28: Adelino. 0-2, min.55: Adelino. 1-2, min.70: Varito. 1-3, min.85: Simón. Unha mala primeira metade dos locais foi un lastre que non lle permitíu remontar o gol visitante. Os de Esteiro basaron o seu xogo na solidez defensiva e saída as contra, asi foron os tres goles. Os muradáns reclamaron un gol anulado a Xeluco que supoñía o empate a douses.
Castriz-Montelouro:(2-0); 1-0, min.30: Suso. 2-0, min.70: Carlos. Partido máis complicado do esperado para os locais que deberon loitar ata o último minuto para non complicar a vitoria. Sebas e Mauri na primeira metade e Bruno na segunda puideron marcar para o Castriz, por parte visitante a mellor ocasión foi para Cexo na primeira metade. A xogada desafortunada do encontro foi a lesión do visitante Rico, que no minuto 43 foi blocado dentro da área por dous defensas e na caída rompeu a clavícula, por fortuna a rotura non foi total e polo de pronto salvase de pasar polo quirófano, os de Louro reclamaron pena máxima polo derribo.
Porteño-Corme:(1-1): 0-1, min.70: Iago. 2-0, min.93: Manuel de penalti feito a Jemisa. Partido con pouco xogo combinativo, dada as condicións do terreo de xogo, pero con moitas oportunidades de gol para o equipo local, Asturiano, Jorge e Juan estrelaron o balón no pau. Os visitantes que tiveron que disputar os vinte últimos minutos cun xogador de campo como porteiro pola lesión deste, viron como o gran traballo feito durante os noventa minutos non se recompensaba cos tres puntos tras un dudoso penalti por empurrón ao local Jemisa.
Sofán-Nantón: (2-1); 1-0, min.60: Suso. 1-1, min.73: Carlos Vidal, ao aproveitar un rexeite nun corner na area pequena. 2-1, min.80: Baneira remata de cabeza nun corner anticipandose a Rizos. Partido moi aburrido na primeira parte que non dispuxo de grandes ocasións de gol, salvo un disparo de falta de Eloi ao longueiro. A segunda metade foi máis animada, o visitante Pichel non resolveu un man a man con Costa, mentres que Varela e Adrián puideron marcar para o Sofán. O Nantón gozou dunha última ocasión para empatar, pero o meta Costa defendeu a primeira vitoria da tempada.
Ponteceso-Malpica:(2-2); 0-1, min.25: Alfredo, de penalti. 1-1, min.55: Carlos Mata. 2-1, min.75 : Rubén. 2-2, min.90: Charro, de penalti. Partido tremendamente complicado para o Ponteceso, un dos aspirantes a estar no máis alto da clasificación ao remate da tempada, pois tivo que remontar un gol visitante e víu como nos últimos intres se lle escapan os tres puntos ao apreciar o colexiado que o agarrón de Salva a Charro dentro da área era antirreglamentario. A primeira metade foi moi igualada, na segunda o Ponteceso demostrou ter unha mellor condición física e foi superior.
Buño-Carnota:(2-1); 1-0, min.10: Neucha. 2-0, min.15: Richard. 2-1, min.93: Pablo Beiro. O Buño disputou unha moi boa primeira metade, favorecido en boa parte polos dous tempraneiros goles, na segunda limitouse a defender a renta e o Carnota, a pesares das lesións de Tropi, no 40, Demetrio que tivo que ser hospitalizado por unha escordedura no talóne Jorge, no 72, non se deu por vencido e foi a polo partido, anteriormente, no minuto 30, gozou dunha moi boa ocasión de gol. Os locais reclamaron unha pena máxima no minuto 20.
Primeira Autonómica: Xornada: 1
Calo-San Lourenzo: (0-0); Gran resultado o acadado polos de Verdillo nun campo moi difícil.
Paiosaco-Dumbría:(1-4); 0-1, min.22: Tasky. 0-2, min.25: Iago. 0-3, min.74: Iván Pequeño. 0-4, min.80: Tasky. 1-4, min.82: José Luís. Moi bo comezo dos dumbrieses que xogaron como visitantes en Paiosaco logo de que estes aceptara o cambio de orde de xogo mentres se está a arranxar o campo do Conco.
San Tirso -Soneira:(2-1); 1-0, min.28: Marcos. 1-1, min.73: Míchel, de penalti. 2-1, min.83: Ferreño. Boa primeira metade dos soneiráns que combinou moi ben o balón, pero faltoulle un pouco de profundidade. Na segunda metade entre a lentitude do terreo de xogo e o cansanzo, os locais apoderaronse do encontro e sentenciarono no tramo final.
Mugardos-Zas:(2-1); 1-0, min.37: Miguel. 1-1, min.45: Braulio. 2-1: min.54: Mario. Moi bo partido dos de Zas no seu debut, que se víu moi perxudicado pola rigurosa expulsión de Víctor Vecino, por dobre amonestación, no minuto 43. Aínda así plantaron cara a un dos máximos favoritos ao ascenso e na segunda metade foron a polo empate. |
|