|
Logo da xuntanza que mantiveron o comité e os equipos de fútbol de veteranos da costa, estiveron todos representados polos seus delegados, quedou todo disposto para o inicio da próxima campaña ligueira 2007- 2008 o vindeiro día 2 de setembro. Posto que tódolos puntos expostos na xuntanza foron apoiados pola maioría dos presentes, a reunión chegou ao seu fin con normalidade e celeridade.
Entre outros, os acordos para a posta en marcha da seguinte tempada foron:
- Que se amplía a liga de 16 a 20 equipos, pasando a formar parte da mesma: Baio, Coristanco, San Lorenzo e Bertoa.
- Acordouse tamén, que sexa ésta, de algunha maneira, unha tempada de transición, para que a vindeira, 2008 – 2009, conte xa con dúas divisións, e farase da seguinte maneira:
- Arrincarase con dous grupos de dez equipos que se enfrontaran nunha "liguilla" a dobre volta.
- Logo, os cinco primeiros de cada grupo voltarán competir noutra “liguilla”, tamén a dobre volta, na que, o primeiro será o campión de liga e, os dous últimos baixaran a que será a “nova” segunda división.
- Os cinco últimos clasificados da primeira “liguilla” xogarán á mesma vez outra “liguilla”, tamén a dobre volta, na que os dous primeiros clasificados subiran a primeira división quedando así formadas dúas ligas, primeira e segunda, de dez equipos cada unha, agás que se reciban solicitudes de mais clubes, caso no que, de ser admitidos, pasarían a formar parte da segunda división, provocando unha cascada de ascensos á primeira división dos equipos mellor clasificados durante o torneo.
- Tendo en conta que, sendo as liguillas a dobre volta, alongase en exceso a competición, acordouse tamén, que o torneo da copa, que se celebrara o remate de todo o entramado da competición ligueira, xogarase cada eliminatoria a un só partido, recortando así o torneo á metade do tempo.
|