S.D.U. Vimianzo-Santa Comba sábado 28 ás 19:00 h. no municipal de Vimianzo
Este venres 27 botará a andar na tempada 2007/2008 a S.D.U.Vimianzo. Ás 21:00 h. terá lugar a presentación, especialmente das caras novas, e seguidamente o primeiro adestramento da tempada.
O sábado terá lugar a presentación do equipo cara os siareiros e a inauguración do Municipal de Vimianzo para o club. Este partido será moi especial, pois por un lado estrearase o remodelado campo de herba artificial e por outro seremos o primeiro equipo da Costa que dispute un partido co Santa Comba dende que este milita en Terceira División.
Ao finalizar o encontro farase unha churrascada a que están invitada todos os socios do club. |