Novas incorporacións no plantel da S.D.U. Vimianzo para a vindeira tempada
A S.D.U. Vimianzo acaba de concretar as fichaxes de seis novos xogadores para a tempada 2007/2008 que veñen a cumprimentar o curto plantel da anterior tempada da cal a maioría dos xogadores continúan, para intentar estar o máis arriba posible na clasificación de terceira para o ano próximo.
Estes novos xogadores son:
-Juan Antonio Lagoa Do Val, “Lagoa” – (02/10/1983). Este xogador de 24 anos procede do Zas, recen ascendido a 1ª rexional, no que xogou as dúas últimas tempadas, destaca pola súa forza e polo forte disparo. Pode xogar tanto no lateral esquerdo como no interior esquerdo.
-David Rieiro Espasandín, “Daviciño” – (14/09/1985). Xogador de 22 anos que xogou os dous últimos anos no Santa Comba B, e anteriormente nos cadetes e Xuvenís do Atlético Mineiro, destaca pola súa rapidez de movementos e o gran control de balón. Acostuma a actuar como media punta.
-Juan José Arán Pérez, “Arán” – (25/05/1983). Dianteiro de 24 anos que xogou o último ano no Xallas e anteriormente no Santa Comba B así como nos Xuvenís do Xallas, Atlético Mineiro e Castriz, cando estes xogaban na liga galega, destaca pola súa forza e loita no campo.
-Ezequiel Pazos Fernández, “Ezequiel”. (02/03/1987). Defensa de 20 anos xogou procedente do Xallas, en categoría xuvenil xogou no Xallas e Santa Comba, destaca pola súa rapidez e colocación. Pode xogar tanto no lateral dereito coma no interior dereito.
-Felipe Rodríguez Ameixeiras, “Felipe”. (07/06/1988). Este xogador de 19 anos xogou a 3 últimas tempadas nos xuvenís do Zas, destaca polo seu bo manexo co balón nos pés e a súa velocidade. Acostuma a xogar como interior esquerdo.
-Manuel Soto, “Padronés”. Xogador de gran envergadura e polivalente no medio do campo. Leva un ano sen xogar, anteriormente xogou no Praia da Serra de fútbol sala, Soneira e no S.D.U.Vimianzo, na súa primeira tempada, 2001-2002.
Con estas 6 novas incorporacións aínda non se da por pechada a plantilla actual e intentarase reforzar algún posto máis nos próximos días.
Causaran baixa, Djukic, Armando e Javi Cotelo.
|