Historia
  Datos
  Campo
  Escudo
  Equipacións
  Directiva  
  Xogadores  
  Colaboradores  
  Crónicas  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Estatísticas  
  Outras Tempadas  
  Trofeo Neria  
  Copa  
  Maratón Fútbol 7  
  Xogadores  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Noticias  
  Liga  
  Copa  
  Fútbol Sala  
  Fotos  
   
 
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
     
 

A S.D.U.Vimianzo vese obrigada a trasladar o maratón a Zas

A directiva da S.D.U.Vimianzo desexa poñer en coñecemento de todos os equipos anotados até o de agora na III Edición do Maratón de fútbol 7 que a competición se disputará no campo municipal de San Andrés de Zas.

Sentimos o contratempo que pode supor para algún equipo, pero a directiva do Vimianzo víuse obrigada a tomar esta decisión ante a negativa repentina do Concello a non autorizar o acceso ao Campo Municipal.

Segundo o Alcalde, Alejandro Rodríguez, non se pode utilizar a instalación ao estar sen inaugurar, acto que se celebrará o domingo 1 de xullo ás 17:30 h. antes de disputarse a final da copa da Costa.

O Unión Vimianzo xa no mes de marzo e previamente a fixar as datas do maratón, púxose en contacto co concellal de Cultura e Deporte, Manuel Rodríguez, para coñecer a dispoñibilidade do campo, a resposta foi que non había ningún problema, pois as obras terían que estar rematadas en mes, mes e medio. Visto que estas non ían polo cauce previsto a directiva volveu a porse en contacto con Manuel Rodríguez, que confirmou que o campo estaría rematado e non habería problemas para a organización do maratón, si comentou que habería que buscar unha solución no caso de que o Soneira disputara o partido de volta da final de copa na casa. Dado que esa situación se dou, o Vimianzo responsabilizouse de rematar o maratón o domingo as dúas da tarde, planificación que aceptou o concellal este martes pasado e confirmou que o venres previo ao maratón se faría entrega dunha chave das novas instalacións.

Ao día seguinte o clube recibíu unha chamada do concellal para notificar a imposibilidade absoluta de dispor das instalacións, pois o protocolo da Deputación impedía que se utilizaran as instalacións sen estar inauguradas. Con pouca marxe de maniobra pedíuse unha reunión con Manuel Rodríguez, da que non se puido sacar nada en limpo, pois abandonou a xuntanza antes de escoitar as solucións que se presentaban por parte do Unión Vimianzo.

Visto que o acordo verbal ao que se chegara anteriormente non se ía respectar por parte do concellal decidimos presentar a petición do campo por escrito, solicitude que aínda non tivo resposta.

Dada a imposibilidade de explicar os nosos argumentos e solucións ao concellal concertamos unha reunión co Alcalde o sábado ás 12 h., á que tamén quedou citado o concellal de Cultura e Deportes, finalmente este non se presentou, polo que o presidente do Clube, Julio Pardiñas e o vocal, Óscar Santos, reuníronse co alcalde, Alejandro Rodríguez.

Reunión que tamén resultou pouco fructífera, pois Alejandro Rodríguez deixou moi claro dende o primeiro momento a imposibilidade de contar co campo, expoñendo que o campo non ía estar inaugurado até o domingo e que a Deputación non lles permitía dispor das instalacións e que os acordos que tivéramos co Manuel Rodríguez non eran vinculantes, pois este non estaba autorizado para tomar ese tipo de decisións, senón que debía de ser el a persoa responsable, cousa que nas edicións anteriores non se cumpríu, dado que en ningún momento presentamos solicitude por escrito, nin contactamos co Alcalde.

Os representantes da SDU baséandose no feito de que a grande maioría das obras se poñen a funcionar antes da súa inauguración solicitaron poder celebrar o maratón igualmente comprométendose a deixar as instalacións como se atoparon. A única resposta que obtiveron por parte do alcalde foi:” Non se xogará porque eu non quero Unha vez rematado o partido de copa poderedes xogar día e noite”.

Xa esgotada a escasa vía do diálogo da que se dispuxo, a directiva do clube dirixiuse ao concello de Zas para solicitar a dispoñibilidade do campo municipal coa fin de celebrar o maratón, obtendo unha resposta positiva e nun prazo moi breve de tempo, feito que o clube agradece, dada a pouco marxe de manobra para realizar cambios na organización.

Xunta Directiva S.D.U.Vimianzo