www.unionvimianzo.com recibe o premio "Nordés Información"
O sábado pasado tivo lugar no salón de actos do Concello de Carnota a VII Gala do Deporte que organiza Radio Nordés. No acto repartíronse os premios aos méritos deportivos da Costa da Morte durante a tempada 2005/2006, entre os cales estivo esta páxina web.
A relación de premiados foi:
| Categoría |
Premiado |
| Atletismo |
Paula Nemiña |
| Balonmán |
Equipo cadete feminino EM Camariñas |
| Náutico |
Club Náutico Fisterra |
| Deporte Base |
Equipo Alevín EFBM Fisterra |
| Fútbol Sala |
FISOBER |
| Baloncesto |
C.B. Cee |
| Ciclismo |
Enrique Ortíz |
| Mellor Directiva da Costa |
C.F. Dumbría |
| Mellor Equipo da Costa |
C.F. Dumbría |
| Mellor Adestrador da Costa |
Berto (Sp. Zas) |
| Mellor Xogador da Costa |
Llanero |
| Nordés Información |
Páxina web Unión Vimianzo |
| Nordés |
Moro |
Dende a Sociedade Deportiva Unión Vimianzo queremos agradecer a Radio Nordés esta distinción e facer partícipe dela a todos os que colaboran con nós para achegar a máxima e fiable información posible.
|