IV Edición do Maratón de Fútbol 7 de Vimianzo
A S.D.U. Vimianzo organiza, por cuarto ano consecutivo, o maratón de fútbol 7 os vindeiros 28 e 29 de xuño no campo municipal de Vimianzo. Xa está aberto o prazo de inscripción, que se poderá facer a través do teléfono: 686605380 ou ben por correo electrónico na dirección: maraton@unionvimianzo.com
Poderanse anotar equipos ata o 27 de xuño ás 21:30 que será cando se realice o sorteo no Bar London de Vimianzo. A cota de inscripción será de 100 puntos e terá que ser pagada con anterioridade a realización do sorteo. O pago poderano facer o mesmo día do sorteo, no Bar London ou a través de transferencia bancaria ao número de conta: 0182-6787-51-0201512247, na cal deberán especificar o nome do equipo e un número de teléfono de contacto.
Repartiranse 1.800 puntos en premios, dos cales 1.000 serán para o primeiro, 500 para o segundo, 200 para o terceiro, e 100 para o cuarto, ademáis de trofeos para os catro primeiros, sempre e cando se conte cun mínimo de 24 equipos. Este ano como novidade haberá premios para os dezaseis primeiros clasificados, pois os perdedores en cuartos recibirán un xamón e os perdedores en oitavos levaranse un agasallo sorpresa. |