Historia
  Datos
  Campo
  Escudo
  Equipacións
  Directiva  
  Xogadores  
  Colaboradores  
  Crónicas  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Estatísticas  
  Outras Tempadas  
  Trofeo Neria  
  Copa  
  Maratón Fútbol 7  
  Xogadores  
  Calendario  
  Resultados  
  Clasificación  
  Goleadores  
  Noticias  
  Liga  
  Copa  
  Fútbol Sala  
  Fotos  
   
 
 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
Regras
 
     
 
Regras de fútbol 7
 
 

1º- Non se poderá xogar con botas de aluminio. Si se incumpre esta regra podería ocasionar a perda do partido.


2º- Os equipos que non se presenten á hora do partido terán unha marxe de 5 minutos para facelo, de non ser así daráselle o partido por perdido (3-0). No caso en que faltasen os dous equipos ningún deles puntuará. Se un equipo non se presenta a dous partidos será descalificado e sumaránselle os tres puntos a tódolos ós equipos contra os que lle toca xogar.


3º- Cada partido constará de dous tempos de 12 minutos cada un. As eliminatorias xogaranse todas a 15 minutos cada tempo. Non haberá descanso entre os dous tempos.


4º- O porteiro poderá coller o balón coa man, dentro da área, cando un compañeiro llo saque de banda. Non poderá coller o balón coa man cando un compañeiro llo pase co pé intencionadamente, de ser así sancionarase coma cesión e libre directo sobre a liña da área paralela a liña de fondo no punto perpendicular a onde se produzo a infracción.


5º- Dúas tarxetas amarelas nun mesmo encontro ou unha vermella directa implicará a expulsión do xogador nese partido, non podendo ser substituído por outro, pero non acarreará suspensión para os partidos seguintes. En caso de que a organización estime que as causas da expulsión son graves poderá expulsar o xogador do campionato.


6º- Clasifícanse, directamente, os dous primeiros de cada grupo para os oitavos.

7º- Na liguilla previa en caso de empate a puntos a orde de clasificación decidirase seguindo a seguinte lista:

1º. Resultado do enfrontamento directo.
2º. Golaverage total.
3º. Goles a favor.
4º. Goles en contra.
5º. Lanzamento de penaltis.

8ª- Nas eliminatorias directas en caso de empate iríase directamente ós penaltis, lanzando 3 penaltis iniciais cada equipo, e se aínda persiste o empate lanzaríase un máis cada equipo ata que un marque e o outro falle. Ningún xogador poderá repetir lanzamento ata que tódolos seus compañeiros, incluído o porteiro, tirara unha vez, ou que no equipo contrario xa tiraran todos.


9ª- A organización do maratón non se fará cargo das posibles lesións que se poidan producir durante a celebración do mesmo.