Despois de case 3 anos de existencia a web www.unionvimianzo.com deixará de existir como tal para pasar a formar parte da web www.quepasanacosta.com e aínda que os seus contidos seguirán a servirse momentaneamente na mesma, tentaranse trasladar pouco a pouco á súa nova ubicación.
Polo momento xa se poden consultar as Altas e Baixas que se produciron nesta pretempada e os resultados dos partidos amistosos.
En breve estarán dispoñibles os calendarios das distintas competicións existentes na costa e tan pronto como comecen a desputarse os partidos iranse subindo as crónicas e incidencias máis reseñables que se produzan tal e como se viña facendo até o momento.
Agradecemos a todos os colaboradores e internautas que fixeron posible que esta web se mantivera tan chea de vida até o día de hoxe e animámosvos a seguir participando nunha etapa que se espera sexa tan exitosa como a pasada. |