| |
A curta historia do Vimianzo empezou a fraguarse na primavera do 2001. Por esta época é cando xorde a idea de crear un novo clube no concello de Vimianzo que sexa complementario ó xa existente Soneira.
Esta idea é inicialmente desenrolada por Ramiro Pereira, José Seoane e Juan Carlos Seoane, os cales, observando a cantidade de materia prima que había no concello deciden crear un clube e federalo con fin de darlle un carácter máis formal á idea inicial.
Estas tres persoas, que se poden considerar os auténticos socios fundadores, rodeáronse doutras coas que formar unha directiva e afrontar a tempada. Así o 21 de Xuño de 2001 ás 23 horas, en Asemblea Xeral, fírmase a acta fundacional, apróbanse os Estatutos e constitución do clube, aínda que quedará formalmente constituído o 27 de Xuño do 2001 coa inscripción no Rexistro da Asociacións Deportivas e Deportistas de Galicia co nome de "Sociedad Deportiva Unión de Vimianzo".
A Xunta Directiva queda formada por: José Esteban Pérez como presidente, Juan Carlos Seoane como secretario, Ramiro Pereira como tesoureiro e como vocais Manuel Insua e José Francisco Martínez.
O primeiro plantel constituírono: David Tajes, Marcos Pardo, Maximino Aguiar, Javier Pazos, Juan Carlos Seoane, José Antonio Vilar, Bruno Carballo, Óscar Santos, Diego Bermúdez, Javier Pérez, José Seoane, Iván Pardiñas, Pablo Pazos, Félix Roget, Esteban Valiña, Manuel Insua, Víctor Pereira, Manuel Soto, José Antonio Lema, Ramiro Méndez e Manuel Antonio Rojo.
O equipo comezaría a súa andadura cun amistoso o 29 de Xuño contra o Camariñas que remataría con resultado adverso de 4-2, pero o descatable daquel encontro foron as ganas e ilusión coa que se presentaba un novo clube na Costa da Morte. Logo virían partidos amistosos co Buño, Zas, Carnota, Sofán, Camariñas, Laxe e Raio San Xirol ata a súa presentación oficial na liga de terceira rexional o 23 de setembro fronte o Seavia, partido disputado no campo do Coristanco e que finalizaría co resultado de 1-2 é a primeira victoria na historia deste clube e José Puenteceso como primeiro goleador. |
|