Muxía-Vimianzo: (0-2); 0-1, min.35: Adrián, de falta directa. 0-2, min.87: Maikol. Encontro pouco vistoso e marcado pola presión dos xogadores locais por manterse nos postos de ascenso, mentres que os visitantes acudián con numerosas baixas e pouco que xogarse. O partido tivo poucas ocasións de gol e na primeira metade tan só cabe destacar o gol visitante e un man a man do visitante Arán que lanzou a rentes do pau. Os primeiros minutos da segunda metade foron de domino local e luís Romaní tivo a mellor ocasión para o seu equipo, pero a vaselina ante a saída do meta Damián foise fóra e logo foi Juni o que puido marcar. A medida que pasaban os minutos os xogadores muxiáns foronse impacientando e centraronse máis en protestar ao colexiado que de aproveitar o cansanzo dos visitantes, da desorden aproveitaronse os vimianceses que lograron sentenciar nos últimos minutos ainda que xa o puideron facer antes debido as facilidades da defensa local. |